Aulorrínquidos

(Redirixido desde «Aulorhynchidae»)

Os Aulorrínquidos ou trompudos (Aulorhynchidae) son unha familia de peixes mariños costeiros, incluída na orde Gasterosteiformes. Distribúense polo norte do Pacífico, desde Xapón ata México.

Aulorhynchus flavidus

CaracterísticasEditar

Teñen un corpo alargado e estreito, con escudos óseos laterais, con series de 24 a 26 pequenas espiñas dorsais curtas e illadas. Tras estas, unha aleta dorsal con 10 raios brandos, atrasada; oposta á anal; as aletas pelvianas cunha espiña dura e catro raios brandos; a caudal con 13 raios brandos.

Lonxitude máxima 17 cm en Aulorhynchus flavidus.

ClasificaciónEditar

Comprenden dous xéneros cunha única especie cada un:

  • Xénero Aulichthys:
    • Aulichthys japonicus (Brevoort en Gill, 1862)
  • Xénero Aulorhynchus:
    • Aulorhynchus flavidus (Gill, 1861)

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar