Auguste Frédéric Louis Viesse de Marmont, nado o 20 de xullo de 1774 en Châtillon-sur-Seine (Reino de Francia), e finado o 2 de marzo de 1852 en Venecia (Italia), foi un militar francés que chegou ao grao de mariscal.

Infotaula de personaAuguste Marmont

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(fr) Auguste-Frédéric-Louis Viesse de Marmont Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento20 de xullo de 1774 Editar o valor em Wikidata
Châtillon-sur-Seine, Francia Editar o valor em Wikidata
Morte22 de marzo de 1852 Editar o valor em Wikidata (77 anos)
Venecia Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaChâtillon-sur-Seine Editar o valor em Wikidata
Councillor of State (en) Traducir
Par de Francia
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , militar Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
LealdadeFrancia Editar o valor em Wikidata
Rama militarArtilharia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Rango militarMarshal of the Empire (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Comandante de (OBSOLETO)2nd Army Corps (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
ConflitoGuerras da Revolución Francesa e Guerras napoleónicas Editar o valor em Wikidata
Obra
Arquivos en
Outro
TítuloDuque Editar o valor em Wikidata
Premios

Find a Grave: 158851090 Editar o valor em Wikidata

Entrou no corpo de artillaría e coñeceu a Napoleón Bonaparte no asedio a Toulon. A partir dese momento adheriuse a el con entusiasmo e acompañouno en 1796 como axudante na campaña de Italia e dous anos despois na de Exipto. Volveu con el a Francia, sendo xa xeneral (1799), e apoiou o golpe de estado de brumario e despois foi membro do Consello de Estado.

Na campaña de 1800, en Italia, tivo o mando da artillaría, e despois da batalla de Marengo foi ascendido a xeneral de división. Encargado da defensa da República de Ragusa contra os rusos e os montenegrinos, derrotounos o 31 de outubro de 1807 en Castelnuovo e gobernou o país con grande intelixencia ata 1809, conseguindo como premio o título de duque de Ragusa.

O 10 de outubro de 1809 derrotou os austríacos en Znaim. Estando aínda no campo de batalla, foi nomeado mariscal de Francia. Logo de ocupar durante ano e medio o posto de gobernador de Iliria, o emperador conferiulle en 1811 o goberno de Portugal en substitución de Masséna. O 22 de xullo de 1812 Marmont enfrontouse a Wellington na batalla de Arapiles, na que unha bala o feriu no brazo dereito, e non puido impedir que o xeneral inglés se apoderase de Ciudad Rodrigo.

Aínda non curado por completo, en 1813 encargouse do mando do sexto corpo do exército, á fronte do cal intervén nas batallas de Lützen, Bautzen, Dresden e Mockern. En 1814 defendeu con persistencia a parte oeste de París, mais á fin tivo que capitular e retirouse coas súas tropas a Essonnes, preto de Fontainebleau, desde onde iniciou negociacións co Goberno provisional e cos aliados, encamiñadas a salvar a coroa para o rei de Roma, mediante a abdicación de Napoleón. Iso foi interpretado por Napoleón e os bonapartistas como unha traizón.

Escudo da familia Marmont

Lois XVIII confirmouno nos seus cargos e nas súas honras. O 16 de xullo de 1830, Carlos X dálle o mando da primeira división militar, pero Marmont conseguiu reprimir a insurrección da capital e retirouse a noite do 29 con 6.000 suízos e os poucos batallóns que permaneceran fieis. Xunto a Carlos X marchou ao estranxeiro e viaxou por Inglaterra, España, Rusia e Turquía. Os seus derradeiros anos pasounos o mariscal en Viena e en Venecia, e ao falecer foi enterrado na súa vila natal.

As súas Relacións de viaxe por Hungría, Transilvania, Rusia meridional, etc., publicáronse en seis volumes (París, 1837). Ademais, cómpre citar entre os seus escritos Esprit des institutions militaires (París, 1845). Logo da súa morte publicáronse as súas memorias, que conteñen datos moi importantes e que ao mesmo tempo foron atacadas polas súas inexactitudes e pola desviada interpretación dos feitos (París, 1856-1857, en 9 volumes). Contra estas memorias escribiu P. M. Laurent a súa Réfutation (París, 1853)

Véxase tamén editar

Bibliografía editar