August Immanuel Bekker

August Immanuel Bekker, nado en Berlín o 21 de maio de 1785 e finado na mesma cidade o 7 de xuño de 1871, foi un filólogo e crítico alemán.[1][2]

Infotaula de personaAugust Immanuel Bekker

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(de) Immanuel Bekker Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento21 de maio de 1785 Editar o valor em Wikidata
Berlín Editar o valor em Wikidata
Morte7 de xuño de 1871 Editar o valor em Wikidata (86 anos)
Berlín Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de Prusia Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Halle-Wittenberg (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónlingüista , crítico literario , profesor universitario , filólogo clásico , erudito clásico Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade Humboldt de Berlín Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua alemá Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosErnst Immanuel Bekker (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Traxectoria editar

Bekker completou a súa preparación clásica na Universidade de Halle baixo a titoría de Friedrich August Wolf, quen o consideraba como o seu alumno máis prometedor. En 1810 foi nomeado profesor de Filosofía na Universidade de Berlín. Durante varios anos, entre 1810 e 1821, viaxou por Francia, Italia, Inglaterra e diversas zonas de Alemaña, para examinar manuscritos clásicos e reunir material para os seus grandes labores editoriais.

Algúns dos froitos das súas investigacións foron publicados na Anecdota Graeca (en tres volumes, 1814-1821), pero os principais escritos atópanse na variedade de autores clásicos que el editou.[3] As súas edicións máis coñecidas son as de Platón (1816-1823), Oratores Attici (1823-1824); Aristóteles (1831-1836); Aristófanes (1829); e vinte e cinco volumes dos cincuenta pertencentes ao Corpus Scriptorum Historiae Byzantinae.[4][5][6][7][8] Os únicos autores latinos editados por el foron Tito Livio (1829-1830) e Tácito (1831).

 
Páxina de Aristotelis Opera, editada por August Immanuel Bekker en 1831

Dedicouse por completo á investigación de manuscritos e á crítica textual, á revisión dunha ampla variedade de gramáticas e historiografías bizantinas, pero contribuíu pouco á ampliación doutras erudicións. Os "múmeros de Bekker" convertéronse no xeito estándar de se referir ás obras de Aristóteles e o Corpus Aristotelicum. Foi elixido membro honorario estranxeiro da Academia Estadounidense das Artes e as Ciencias en 1861.[9]

Morreu en Berlín aos 86 anos.

Notas editar

  1. Westrin, Th. "Bekker, August Immanuel". En Leche, V. el at. Armatoler-Bergsund. Nordisk familijebok: konversationslexikon och realencyclopedi. Estocolmo. 1904. Páxinas 1235-1236. (En sueco)
  2. "Bekker, August Immanuel". En Encyclopaedia Britannica. (En inglés)
  3. Immanuelis Bekkeri professoris Berolinensis, Anecdota Graeca OCLC 825922400: Lexica Segueriana. Berolini. OCLC 557777081.  (En inglés)
  4. Plat̄onos Phaid̄on. Platonis Phædo (en latín e grego). A.J. Valpy, A.M. Sumtu Ricardi Priestley. OCLC 799987750. 
  5. Platōnos Politeia. Platonis Respublica (en latín e grego). J. Valpy, A.M. Sumtu Richardi Priestley. OCLC 22755942. 
  6. Oratores attici ex recensione Immanuelis Bekkeri (en latín). Clarendoniano. OCLC 460643682. 
  7. Georgium Reimerum (ed.). Aristoteles graece (en grego). Berolini. OCLC 462165173. 
  8. Aristophanis Comoediae cum scholiis et varietate lectionis (en latín). OCLC 63546390. 
  9. "Book of Members, 1780-2010: Chapter B" (PDF). American Academy of Arts and Sciences. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Loeben, Klaus Günther. "Bekker, Immanuel". En Neue Deutsche Biographie. II. Berlín: Duncker und Humblot. 1955. Páxina 24. [ISBN 978-3-428-00181-1]. OCLC 310770433. (En alemán)
  • Schröder, Wilt Aden. "Immanuel Bekker: der unermüdliche Herausgeber vornehmlich griechischer Texte". En Bartschi, Annette M; King, Colin G. Die modernen Väter der Antike: die Entwicklung der Altertumswissenschaften an Akademie und Universität im Berlin des 19. Jahrhunderts. Transformationen der Antike III. Berlín. Walter de Gruyter. 2009. Páxinas 329 a 368. [ISBN 978-3-110-19077-9]. OCLC 642690023. (En alemán)
  • Von Halm, Karl Felix. "Bekker, Immanuel". "n Allgemeine Deutsche Biographie II. Leipzig: Duncker und Humblot. 1875. Páxinas 300 a 303. OCLC 309922818. (En alemán)

Ligazóns externas editar