August Ferdinand Möbius
August Ferdinand Möbius, nado en Schulpforta (Saxonia) o 17 de novembro de 1790 e finado en Leipzig o 26 de setembro de 1868, foi un matemático e astrónomo teórico alemán, coñecido polo descubrimento xunto ao matemático alemán Johann Benedict Listing da banda de Möbius, superficie de dúas dimensións non orientábeis cun só lado cando está somerxido no espazo euclidiano tridimensional.
August Ferdinand Möbius | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 17 de novembro de 1790 |
Lugar de nacemento | Schulpforte |
Falecemento | 26 de setembro de 1868 |
Lugar de falecemento | Leipzig |
Nacionalidade | Reino de Saxonia |
Alma máter | Universidade de Gotinga, Universidade de Leipzig, Universidade de Halle-Wittenberg e Landesschule Pforta |
Ocupación | matemático, astrónomo e profesor universitario |
Pai | Johann Heinrich Möbius |
Nai | Johanne Katherine Christiane Keil |
Fillos | Theodor Möbius e Paul Möbius |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Möbius foi o primeiro en introducir as coordenadas homoxéneas en xeometría proxectiva. A transformación de Möbius, importante en xeometría proxectiva, non se ha confundir coa transformada de Möbius, usada na teoría de números, que tamén leva o seu nome. Interesouse tamén pola teoría de números, a importante función aritmética de Möbius μ(n) e a fórmula de inversión de Möbius, nomeadas así por el. Era descendente de Martiño Lutero.
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
Biografía, por J. J. O'Connor e E. F. Robertson
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: August Ferdinand Möbius |