Augure
Augure é un filme belga de 2023 dirixido polo belga-congolés Baloji. Está protagonizado por Marc Zinga, Lucie Debay e Eliane Umuhire,[2] e estreouse no Festival Internacional de Cinema de Cannes de 2023 na sección Un Certain Regard o 23 de maio de 2023, onde gañou o premio New Voice.[3]
Augure | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Augure |
Director | Baloji |
Produtor |
|
Guión |
|
Intérpretes | |
Música | Liesa Van der Aa |
Fotografía | Joachim Philippe |
Montaxe |
|
Estudio |
|
Distribuidora |
|
Estrea | Cannes: 23 de maio de 2023 |
Duración | 90 minutos |
Orixe | ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Xénero | Drama |
Recadación | 4.936 dólares[1] |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() |
É unha coprodución entre Bélxica, a República Democrática do Congo, Francia, os Países Baixos, Alemaña e Suráfrica, e foi escollido como candidato de Bélxica para o Óscar ó mellor filme internacional na 96ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.[4]
Sinopse
editarO congolés Koffi foi repudiado pola súa nai na súa mocidade por ser considerado "zabolo", un termo suahili para feiticeiro malvado. Tempo despois, volve ao Congo dende Europa para visitar á súa familia, xunto coa súa moza branca embarazada. A visita non sae ben xa que os antigos rituais e as supersticións persistentes das tribos locais seguen perseguindo a Koffi.[5]
Personaxes
editar- Marc Zinga como Koffi
- Lucie Debay como Alice, esposa de Koffi
- Eliane Umuhire como Tshala
- Yves-Marina Gnahoua como Mama Mujila
Notas
editar- ↑ "Omen (2023)". Box Office Mojo. Consultado o 22 de abril de 2024.
- ↑ Baloji (19 de outubro de 2023). "Omen". Cineuropa (en inglés). Consultado o 19 de outubro de 2023.
- ↑ Debruge, Peter (27 de maio de 2023). "Cannes Awards: 'Anatomy of a Fall' Takes Palme d'Or, 'The Zone of Interest' and 'The Pot au Feu' Among Winners". Variety. Consultado o 19 de outubro de 2023.
- ↑ Roxborough, Scott (14 de setembro de 2023). "Oscars: Belgium Picks 'Omen' as International Feature Submission". Hollywood Reporter.
- ↑ ""Augure" by Baloji Tshiani Wins the New Voices Award at Cannes". ACP-EU Culture. 2023-05-30.