Augamariña
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2017.) |
A augamariña (do latín aqua marinā que significa auga do mar, en referencia á súa cor) é un mineral da clase dos silicatos cuxa fórmula química é Be3Al2Si6O18 e que é unha variedade do berilo.
Augamariña | |
---|---|
Augamariña coa súa típica cor celeste | |
Fórmula química | Be3Al2Si6O18::Fe |
Clase | Silicatos |
Subclase | Ciclosilicatos |
Sistema cristalino | Hexagonal |
Cor | Azul verdosa |
Brillo | Vítreo |
Dureza | 7,5-8 |
Fractura | Concoidea |
Exfoliación | Moi imperfecta |
Raia | Branca |
Densidade | 2,68-2,72 g/cm3 |
Aspecto
editarA augamariña preséntase en forma de cristais prismáticos hexagonais de cor azul verdosa. Esta cor é debida á inclusión na súa composición de partículas de ferro. Se o ferro que aparece é Fe2+ a súa cor será azulada e pola contra se é Fe3+ a súa coloración volverase un pouco máis verdosa.
Galería de imaxes
editar-
Augamariña tallada.
Lugares onde se atopa
editarA augamariña é un mineral de orixe magmática que acostuma formarse a temperaturas duns 800 °C. Fai presenza en pegmatitas, en xistos micáceos e en filóns hidrotermais de calcio.
Moitos son os xacementos de augamariña que hai espallados polo mundo. Pódense atopar augamariñas na India, nos Estados Unidos e en moitos países de África, aínda que as explotacións máis importantes encóntranse no Brasil.
Usos da augamariña
editarÉ moi apreciada no mundo da xoiería e polos coleccionistas.
Outros silicatos
editarO cuarzo, o feldespato e a mica son outros silicatos importantes.