Swains
Atol
Datos
País Estados Unidos
Illa principal Swains Island
Linguas Inglés e tokelauano
Poboación (2005) 37 hab.
Superficie 1´508 km²
Superficie lagoa km²
Nº de illas 2
Coordenadas 11°03′20″S 171°04′40″O / -11.05556, -171.07778
Maior Altura
Localización
Localización do atol

A Illa de Swains (Olosega en samoanoOlohega, en tokelauano), é un atol do arquipélago de Tokelau administrado pola Samoa Americana. Aínda que pertence xeográfica e culturalmente a Tokelau, política e historicamente é un territorio dos Estados Unidos de América.

Mapa da Illa de Swain

Xeografía editar

O atol está completamente pechado e a lagoa interior queda illada do océano. A súa salinidade depende da choiva. A superficie total é de 1´508 km², e contando coa lagoa é de 1.865 km². Na zona de levante da lagoa hai un illote de 764 m².

En 2005 a poboación censada era de 37 habitantes na vila de Taulaga situada ao oeste. Ao suroeste atópase a vila de Etena ( «O Edén») hoxe en día abandonada.

Historia editar

Segundo as tradicións da veciña Fakaofo, Swains quedou deserta no século XVII logo dun ataque desde aquela illa que mataron ou secuestraron aos habitantes.

A miúdo identificouse Swains como a illa de Xente Fermosa descrita por Pedro Fernández de Quirós o 2 de marzo de 1606, pero actualmente sinálase que máis probablemente se trate de Rakahanga, nas illas Cook.

En 1840 dous capitáns reclamaron o seu descubrimento: o inglés Turnbull e o estadounidense W.C. Swains do baleeiro George Champlan. O capitán Henry Hudson, do USS Peacock que se atopaba en augas de Samoa, foi enviado para explorar a nova illa. Considerou que a súa posición non coincidía coa illa de Quirós, e confirmou a posición dada por Swains, acreditándoo como o descubridor.

O capitán Turnbull, que reclamaba a propiedade, cedeu a illa ao estadounidense Eli Hutchinson Jennings. Xunto con Malia, a súa muller samoana, estableceuse en 1856 en Swains fundando unha comunidade e unha dinastía de propietarios. O seu fillo, Eli Hutchinson Jennings Junior, chamado King Jennings por R.L. Stevenson, tivo éxito coa plantación de cocos e atraeu a atención das autoridades coloniais británicas das illas Gilbert e Ellice que reclamaron a illa de Swains. En 1909 os británicos recoñeceron a illa baixo a área de influencia estadounidense, pero legalmente continuou sendo terra de ninguén (terra nullius).

O fillo de Eli Junior, Alexander Hutchinson Jennings, herdou a propiedade en 1920. O 4 de marzo do 1925, a illa foi anexionada á Samoa Americana a instancias de Alexander. Recoñecéuselle, a el e aos seus descendentes, como o propietario da illa baixo a autoridade do representante do goberno. Actualmente a plantación non se continua explotando e só vive a familia.

O goberno de Nova Zelandia, do que depende Tokelau, recoñeceu en 1981 a soberanía estadounidense da illa de Swains, pero na Constitución de Tokelau, non aprobada, se continua reclamando a illa como parte do futuro estado en libre asociación.

A dinastía Jennings editar

  • Eli Hutchinson Jennings, Sénior (1814 - 1878), do 13 de outubro de 1856 ao 4 de decembro de 1878.
  • Malia Jennings, a súa viúva (? - 1891), ata o 25 de outubro de 1891.
  • Eli Hutchinson Jennings, Júnior, o seu fillo (1863 - 1920), ata o 24 de outubro de 1920.
  • Ann Eliza Jennings Carruthers, filla de Eli Jr. (1897 - 1921), conxuntamente co seu irmán.
  • Alexander Hutchinson Jennings, fillo de Eli Jr. e irmán d'Ann Eliza, ata hoxe.

Notas editar