Kure
Imaxe aérea do atol Kure
Datos
País Estados Unidos
Illa principal Green Island
Linguas
Poboación (2009) Deshabitado
Superficie 0´86 km²
Superficie lagoa km²
Nº de illas 2
Coordenadas 28°25′N 178°20′O / 28.417, -178.333
Maior Altura
Localización
Localización do atol

O atol Kure (en hawaiano Mokupāpapa, historicamente Ocean Island) forma parte das illas de Sotavento de Hawai. Está situado no extremo oeste do arquipélago, a 91 km ao oeste de Midway.

Xeografía editar

Kure é o atol máis setentrional do mundo. Está cerca do que se chama "punto Darwin", a latitude onde o crecemento dos arrecifes de coral é igual ás forzas que provocan a súa erosión. O atol ten unha forma case circular de 10 km de diámetro. A altitude máxima é de 6,1 metros. Só hai dous illotes significativos ao sur do arrecife, Green Island e Sand Island, formando unha superficie total de 0´86 km².

Historia editar

O atol Kure leva o nome do capitán ruso Kure, que o descubriu en 1827, co barco Moller. A historia de Kure está chea de naufraxios e rescates. En 1837 naufragou o capitán Brown co barco inglés Gledstanes. Durante cinco meses sobreviviron no illote Green. Cos restos do naufraxio construíron unha barca que chegou a Honolulú onde o cónsul británico organizou o rescate. En 1843 repetiuse a mesma historia co baleeiro norteamericano Parker. En 1870 a expedición norteamericana do USS Saginaw, que fora ao atol Midway, decidiu explorar Kure por se atopaba algún náufrago. Estragouse o motor e estampáronse contra os arrecifes. Cinco voluntarios fixeron a viaxe en barca ata Kauai, pero chegaron tan extenuados que envorcaron na praia e só sobreviviu un.

En 1886 o rei Kalākaua tomouna en posesión polo reino de Hawai co nome de Moku Papapa. Construíron un refuxio con provisións para os posibles náufragos. Durante a segunda guerra mundial construír unha base militar e unha estación de transmisión de radio para a navegación.