Atlas lingüístico galego

atlas lingüístico da lingua galega

O Atlas Lingüístico Galego (ALGa) é un atlas lingüístico da lingua galega, proxecto fundacional do Instituto da Lingua Galega (ILG)[1].

Atlas lingüístico galego
Lombos dos primeiros tres volumes.
Autor/aInstituto da Lingua Galega
Lingualingua galega
EditorialFundación Barrié
editar datos en Wikidata ]

Características editar

Foi desenvolvido por Constantino García e mais Antón Santamarina, e os investigadores principais foron Francisco Fernández Rei, Manuel González González e Rosario Álvarez Blanco[2]. O traballo de campo desenvolveuse por medio de enquisas en 167 puntos do dominio lingüístico da lingua galega. Estes puntos estaban na Comunidade Autónoma Galega (152) e en puntos das comarcas galegófonas de Asturias, provincia de León e provincia de Zamora (15).

As enquisas constaban de 2711 preguntas cunha media de 4000 formas recollidas por localidades. Esta recollida deu nunha base de datos de case medio millón de rexistros.

Volumes editar

Están publicados os volumes:

  • I: Morfoloxía verbal (I e II) (1990)
  • II: Morfoloxía non verbal (1995)
  • III: Fonética (1999)
  • IV: Léxico. Tempo atmosférico e cronolóxico (2003)
  • V: Léxico. O ser humano (I) (2005)
  • VI: Léxico. Terra, plantas e árbores (2015)
  • VII: Léxico. O ser humano (II) (2020)

Áchanse en fase de preparación os seguintes volumes[3]:

  • VIII: Léxico. Agricultura (I)
  • IX: Léxico. Fauna
  • X: Léxico. O ser humano (III)
  • XI: Léxico (título por determinar)
  • XII: Léxico (título por determinar)

Notas editar

  1. "Atlas Lingüístico Galego (ALGa)". Consultado o 3 de outubro de 2017. 
  2. González González, M. (1983). "O 'Atlas lingüístico galego', un paso adiante nos estudios da lingüística galega". Grial XXI (81): 267–286. 
  3. "Román Rodríguez salienta que coa presentación do VI volume do Atlas Lingüístico de Galicia avánzase na normalización do idioma no eido científico - Xunta de Galicia". www.xunta.gal. Consultado o 2022-05-22. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar