Atentado na sede de Charlie Hebdo

O atentado na sede de Charlie Hebdo ocorreu o 7 de xaneiro de 2015, arredor das 10:30 (UTC). Dous homes encarapuchados e armados con rifles Kalashnikov, unha escopeta e un lanzagranadas entraron na sede do xornal satírico francés Charlie Hebdo en París, que recibira a atención internacional polas súas regulares representacións satíricas de Mahoma.[10][11][12][13][14] O ataque rematou coa morte de 12 persoas, incluíndo o editor Stéphane "Charb" Charbonnier, oito empregados de Charlie Hebdo e dous oficiais da Policía Nacional,[15] mentres 11 persoas resultaron feridas.[16][17][18]

Atentado na sede de Charlie Hebdo
Periodistas e policías no lugar dos feitos, momentos despois do atentado.
LugarFrancia Rue Nicolas-Appert, 10
XI distrito de París
Coordenadas48°51′33″N 2°22′13″L / 48.859166666667, 2.3702777777778Coordenadas: 48°51′33″N 2°22′13″L / 48.859166666667, 2.3702777777778
Branco(s)Semanario satírico Charlie Hebdo
Data7 de xaneiro de 2015
~ 11:00 a. m. (UTC +1)
Tipo de ataqueTiroteo
Arma(s)
Mortos12
Feridos11
Perpetrador(es)Al Qaeda[7]
Saïd Kouachi, Chérif Kouachi e quizais unha terceira persoa[8][9]
editar datos en Wikidata ]

Os homes armados entraron no edificio e comezaron a disparar coas armas automáticas, ó tempo que berraban "Allahu Akbar", en árabe "Deus é grande".[19] Producíronse máis 50 disparos durante o ataque.[20]

Varias persoas foron detidas pola súa conexión co ataque, namentres a captura dos dous principais sospeitosos segue o seu curso.[15] Un terceiro sospeitoso foi identificado pola policía e entregouse el mesmo, non hai cargos contra el.[15] Os asaltantes foron descritos pola policía como "armados e perigosos", e o nivel de ameaza en Illa de Francia e Picardía foi elevado ó máximo posible.[15] O 9 de xaneiro, os asaltantes foron identificados pola policía nunha área industrial de Sena e Marne, onde tomaron un refén.[21] A conexión entre o atentado de Charlie Hebdo e outro ataque en Montrouge por un cuarto sospeitoso foi confirmada. Estoutro asaltante tomou reféns preto de Porte de Vincennes.[22] Forzas da policía foron conducidas até Dammartin e Porte de Vincennes de xeito simultáneo, e conseguiron acabar con tódolos asaltantes. No proceso, algúns reféns foron feridos ou mortos.[23]François Hollande confirmou que catro persoas foron asasinadas no secuestro do supermercado de Vincennes.[24]

Este incidente é o acto de terrorismo máis mortal en Francia dende o tren bomba de Vitry-Le-François en 1961, levado a cabo pola organización paramilitar OAS que se opoñía á independencia de Alxeria, e que se saldou con 28 persoas mortas.[25]

Os traballadores restantes de Charlie Hebdo anunciaron que continuarán coa publicación, imprimíndose a edición da vindeira semana como de costume,[26] pero cunha tirada meirande, con máis dun millón de exemplares.[27] A tirada finalmente chegou ós cinco millóns, despois de ser ampliada.[Cómpre referencia]

Notas editar

  1. "Paris Charlie Hebdo attack: live". The Telegraph (en inglés). 7 de xaneiro de 2015. 
  2. "12 dead in 'terrorist' attack at Paris paper". Yahoo News (en inglés). 7 de xaneiro de 2015. 
  3. Doherty, Ben. "Tony Abbott condemns 'barbaric' Charlie Hebdo attack in Paris". The Guardian (en inglés). 
  4. Mejia, Paula (7 de xaneiro de 2015). "Four Victims of Charlie Hebdo Attack Identified". Newsweek (en inglés). Consultado o 8 de xaneiro de 2015. 
  5. Woolf, Christopher (15 de xaneiro de 2015). "Where did the Paris attackers get their guns?". PRI The World® (en inglés) (Minneapolis: Public Radio International). Consultado o 16 de xaneiro de 2015. The weapons seen in various images of the attackers include a variant of the famous AK47; a Czech-made sub-machine gun called a Scorpion; several Russian-designed Tokarev TT pistols and a grenade or rocket launcher — probably the Yugoslav M80 Zolja. 
  6. "Charlie Hebdo shooting: At least 12 killed as shots fired at satirical magazine's Paris office". The Independent (en inglés). 7 de xaneiro de 2015. Consultado o 9 de xaneiro de 2015. 
  7. Al Qaeda reivindica el atentado de hace una semana en París Telam - 14 de enero de 2015
  8. "French police ID 3 suspects in attack on newspaper" (en inglés). Newsday. 7 de xaneiro de 2015. Consultado o 8 de xaneiro de 2015. [Ligazón morta]
  9. "Charlie Hebdo shooting: twelve dead at Paris offices of satirical magazine – live updates". The Guardian (en inglés). 7 de xaneiro de 2015. Consultado o 7 de xaneiro de 2015. 
  10. "12 dead in 'terrorist' attack at Paris paper". Yahoo News. 7 de xaneiro de 2015. 
  11. Ben Doherty. "Tony Abbott condemns 'barbaric' Charlie Hebdo attack in Paris". the Guardian. 
  12. Mejia, Paula (7 de xaneiro de 2015). "Four Victims of Charlie Hebdo Attack Identified". newsweek.com. Consultado o 8 de xaneiro de 2015. 
  13. "BBC News – Charlie Hebdo: Major manhunt for Paris gunmen". BBC News. Consultado o 8 de xaneiro 2015. 
  14. "Charlie Hebdo attack: Paris police name three suspects in manhunt as Kouachi brothers and surrendered 18-year-old 'accomplice'". The Independent. 
  15. 15,0 15,1 15,2 15,3 Police converge on area north-east of Paris in hunt for Charlie Hebdo killers, The Guardian. Consultado o 8 de xaneiro de 2015.
  16. Kim Willsher (7 de xaneiro de 2015). "Satirical French magazine Charlie Hebdo attacked by gunmen". The Guardian. Consultado o 7 de xaneiro de 2015. 
  17. "Gun attack on French magazine Charlie Hebdo kills 11". BBC News. 7 de xaneiro de 2015. Consultado o 7 de xaneiro de 2015. 
  18. "Charlie Hebdo attack: 12 dead in Paris, manhunt on". CNN. Consultado o 7 de xaneiro de 2015. 
  19. "Les deux hommes criaient "Allah akbar" en tirant". L'essentiel Online. 
  20. "Charlie Hebdo attack – latest". BBC News. 7 de xaneiro de 2015. Consultado o 7 de xaneiro de 2015. 
  21. "Charlie Hebdo: major operation north-east of Paris in hunt for suspects – live updates". The Guardian. 9 de xaneiro de 2015. 
  22. "EN DIRECT. Porte de Vincennes : 5 personnes retenues en otage dans une épicerie casher". leparisien.fr. 9 de xaneiro de 2015. 
  23. "EN DIRECT – Les frères Kouachi et le tireur de Montrouge abattus simultanément". Le Figaro. 
  24. theguardian.com
  25. Pech, Marie-Estelle (7 de xaneiro de 2015). "L'attentat le plus meurtrier depuis Vitry-Le-François en 1961". Le Figaro. Consultado o 7 de xaneiro 2015. 
  26. "Charlie Hebdo will come out next week, despite bloodbath". The Times of India. 8 de xaneiro de 2015. 
  27. Martinson, Jane; Sweney, Mark (8 de xaneiro de 2015). "Charlie Hebdo staff vow to print 1 m copies as French media support grows". The Guardian. Londres. Consultado o 8 de xaneiro de 2015. 

Véxase tamén editar