Ateneo Libertario Xosé Tarrío

asociación galega

Ateneo Libertario Xosé Tarrío é unha asociación galega libertaria da Coruña que nace co obxectivo de potenciar a autoxestión, o apoio mutuo e a horizontalidade.

Ateneo Libertario Xosé Tarrío
Tipoateneo libertario
Data de fundación9 de maio de 2015
Nomeado en referencia aXosé Tarrío
SedeA Coruña
PaísGalicia
editar datos en Wikidata ]

Historia editar

Xorde co obxectivo de erixirse en ferramenta do movemento contestatario e rebelde da cidade, organiza actividades culturais e de autoxestión durante todo o ano.[1] Abre o seu local na rúa da Paz nº 16, onde é obxecto de pintadas fascistas, e logo trasládanse á rúa Gil Vicente nº 17.[2] Colaboran anualmente coas Marchas á Prisión de Teixeiro, dentro da acción mundial de marchas abolicionistas. Tamén organizan actividades libertarias de solidariedade, presentación de libros, proxeccións e xornadas anarquistas na Coruña e Santiago de Compostela. En 2016 colaboraron nas Xornadas Antirrepresivas Galegas cos Comités de Solidariedade coas Represaliadas Políticas (CSRP) Compostela, Comités por un SRI Galiza, Plataforma Contra a Represión da Corunha e Vigo Contra a Represión.[3]

Pastora Dominga González Viéitez, nai de Xosé Tarrío, participou activamente nas actividades do ateneo.[4]

Notas editar

  1. "Atacan con pintadas fascistas la sede del Ateneo Libertario Xosé Tarrío en Os Mallos". El Ideal gallego (en castelán). Consultado o 2019-05-13. 
  2. "Os fascistas atacan o Ateneo Libertario Xosé Tarrío da Coruña". Galicia Confidencial. Consultado o 2019-05-13. 
  3. "Ateneo Libertario Xosé Tarrío". ateneolibxosetarrio.blogspot.com. Consultado o 2019-05-13. 
  4. "Último adiós a Pastora Dominga González en la Playa de Os Riás (Coruña)". La Haine Galiza (en castelán). Consultado o 2019-05-13. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar