A atención é o proceso condutual e cognitivo de concentración selectiva nun aspecto discreto da información, xa sexa considerada subxectiva ou obxectiva, mentres que se ignoran outros aspectos perceptibles. A atención tamén foi denominada como a asignación de recursos de procesamento limitados.[1]

Rapaza concentrada nunha tarefa.

Desde o punto de vista da psicoloxía, a atención non é un concepto único, senón o nome atribuído a unha variedade de fenómenos. Tradicionalmente, considerouse de dúas maneiras distintas, aínda que relacionadas. Por unha banda, a atención como unha calidade da percepción fai referencia á función da atención como filtro dos estímulos ambientais, decidindo cales son os estímulos máis relevantes e dándolles prioridade por medio da concentración da actividade psíquica sobre o obxectivo, para un procesamento máis profundo na conciencia. Doutra banda, a atención é entendida como o mecanismo que controla e regula os procesos cognitivos; desde a aprendizaxe por condicionamento até o razoamento complexo.

En moitos casos actúa de maneira inconsciente iniciado no hemisferio cerebral esquerdo e é mantida no hemisferio dereito. O estar atento ("pór atención" ou "prestar atención") tampouco é un comportamento único do ser humano.

Hai estudos no Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts (MIT) onde varios científicos e estudantes comproban que tanto se pode afectar a atención dun individuo. Un dos principais obxectivos era ver se unha persoa era capaz de manter a atención, tendo no oído un auricular ao estar a estabelecer unha conversación ou escoitando a outra persoa. Como xa se dixo anteriormente "prestar atención" non é un comportamento único do ser humano. algúns experimentos fracasaron, pero a maioría lograron entender o que se lles estaba dicindo ou xa sexa manter a conversación. Isto depende a que altura de son estea a escoitarse ou tamén de que tipo de melodía estea a escoitarse, xa que as de carácter un pouco ruidosas como o rock son máis difíciles de que unha persoa logre entender a información que se lle dea.

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar