Atanasio II, arcebispo de Ohrid

Atanasio II foi o arcebispo de Ohrid entre 1653 e 1660.

Infotaula de personaAtanasio II, arcebispo de Ohrid
Biografía
Arcebispo
1653 – 1658 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
RelixiónCristianismo ortodoxo Editar o valor em Wikidata
Actividade
OcupaciónPope Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

A súa mención como arcebispo de Ohrid máis antiga é de febreiro de 1653,[1] e non podía levar moito no cargo porque en 1652 menciónase como arcebispo a Dionisio I.

A Congregación para a Propagación da Fe enviara dende 1628 graduados do Pontificio Colexio Grego e monxes basilianos de Grottaferrata á rexión de Himara.[2] Atanasio II, refuxiado na rexión,[2][3] comezou a partir de 1655 a manter correspondencia co papa Alexandre VII sobre as posibilidades de unión da súa sé coa Igrexa católica; na súa aproximación ao catolicismo tivo un papel importante o tamén converso Simón Láscaris.[4]

O 20 de xaneiro de 1658 Atanasio II asinou finalmente a profesión de fe católica, recoñecendo o primado papal.[1][2][5] Consagrou a Láscaris arcebispo de Durrës,[2] enviándoo de volta a Italia co título de metropolita de Durrës e Dalmacia e exarca de Iliria e levando dúas cartas, unha delas para o papa Alexandre VII.[4] O 4 de setembro de 1660 Alexandre VII escribiu un breve a Atanasio II onde acollía a súa unión e aceptaba a consagración de Láscaris, quen era enviado de volta.[3][4] Porén, no mesmo 1660 o arcebispo, vello e canso, abdicara da súa sé.[5] Foi elixido polo sínodo como sucesor Ignacio, quen en 1662 foi elixido metropolitano de Quíos.[6]

Por unha carta datada no 6 de outubro de 1671, sábese que Atanasio II estaba no mosteiro de Mezzojuso; na carta agradecía ao cardeal prefecto da Congregación para a Propagación da Fe a axuda económica recibida para o seu sosteñemento, así como informaba de fortes dores que lle impedían continuar coa viaxe.[7]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Accademia di scienze, lettere e arti di Palermo, ed. (1989). Atti della Accademia di scienze, lettere e arti di Palermo. p. 15. Dopo i quattro patriarchi enumerati dallo Allacci nel 1648 ci fu ancora un patriarca acrideno profugo in Italia per sottrarsi alle angherie e ai soprusi. Fu questi un Atanasio II che era stato nominato patriarca nel 1653 e che in data 20 gennaio 1658 firmò la sua professione di fede nella quale riconosceva il primato del Papa. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 New Catholic Encyclopedia 1. Thomson/Gale. 2003. p. 214. ISBN 9780787640040. In 1628 the Italian Congregation for the Propagation of the Faith dispatched both graduates of the Greek College in Rome and a group of Basilian monks to Chimarra. Athanasius II, Archbishop of Ohrid and a refugee in Chimarra, united with Rome in 1660 and consecrated one of the missionaries as bishop of the Byzantine rite. 
  3. 3,0 3,1 Murzaku, Ines Angeli (2017). "The Basilian Monks and their Missions in 17th–18th centuries to Chimara (Himara) Southern Albania". The Downside Review 135 (1): 21–34. In 1660, Archbishop of Ohrid, Athanasius II, became the principal protagonist of the unity of his see with Rome. Moreover, the archbishop was an ardent supporter of the anti-Ottoman resistance [...] To escape persecution, the archbishop lived in Himara, and it was in Himara where he first became acquainted with the Basilian missionaries. 
  4. 4,0 4,1 4,2 Floristán Imízcoz, José Manuel (2013). "Simón Láscaris, Arzobispo de Durazzo: sus servicios a la corona de España". Erytheia: Revista de estudios bizantinos y neogriegos (34): 161–206. ISSN 0213-1986. 
  5. 5,0 5,1 Lavagnini, Bruno (1963). "Monaci cretesi a Mezzojuso. Il Patriarca Atanasio II e la sede di Ochrida". Κρητικά χρονικά (en italiano) (Iraklion) XV: 49–50. [...] in data 20 gennaio 1658 firmò la sua professione di fede nella quale riconosceva il primato del Papa. Di lì a due anni, [...], il Patriarca abdicava [...] 
  6. "ΕΠΙΣΚΟΠΙΚΟΣ ΚΑΤΑΛΟΓΟΣ ΕΚΚΛΗΣΙΑΣ ΤΗΣ ΧΙΟΥ". Ἱερὰ Μητρόπολις Χίου (en grego). Arquivado dende o orixinal o 23 de novembro de 2018. Consultado o 23 de novembro de 2018. 1662 – 1672 Ἰγνάτιος Νεοχώρης, Χῖος 
  7. Lavagnini, Bruno (1963). "Monaci cretesi a Mezzojuso. Il Patriarca Atanasio II e la sede di Ochrida". Κρητικά χρονικά (en italiano) (Iraklion) XV. [...] una lettera scritta in italiano e datata da «Mezzojuso», il 6 ottobre 1671, ma firmata in greco, da Atanasio Patriarca di Ochrida. Nella missiva, indirizzata al cardinale Prefetto della Sacra Congregazione di Propaganda, πατριάρχης ’Αχριδών ’Αθανάσιος ringrazia, in tono cerimonioso e dimesso per invio di 28 scudi «per sostentamento della mia povera vecchiaia» - come si esprime lo scrivente-il quale anche accenna a dolori articolari che gli impediscono il proseguimento del viaggio. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Lavagnini, Bruno (1963). "Monaci cretesi a Mezzojuso. Il Patriarca Atanasio II e la sede di Ochrida". Κρητικά χρονικά (en italiano) (Iraklion) XV.