Abrir o menú principal

Asunta Rodríguez

galerista galega de arte contemporánea
(Redirixido desde "Asunta Rodríguez Rodríguez")

Asunta Rodríguez Rodríguez, nada en Sober en 1965, é unha galerista galega especialista en arte moderna. Dende 2016, é membro da Real Academia Galega de Belas Artes como membro numerario na sección de expertos en artes e da Sección de Creación e Artes Visuais do Consello da Cultura Galega.

Asunta Rodríguez
Nacemento1965
 Sober
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupacióngalerista
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Licenciada en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, doutorouse en arte moderna. Foi colaboradora da Enciclopedia Galega Universal e traballou como crítica de arte para un xornal local. No ano 1988, empezou a traballar como asistente do director da galería Trinta de Santiago de Compostela, que en 1993 acabou adquirindo cun socio.[1][2]

Asunta Rodríguez con Trinta acudiu de maneira interrompida á feira de arte contemporánea Arco de Madrid até 2008 facilitando o achegamento da arte contemporáneo e o recoñecemento de artistas galegos en espazos internacionais. En Arco 1995, cunha caseta dedicada a Antonio Murado e Manolo Paz recibiu o premio á mellor galería española por parte da Asociación de Críticos de Arte.[3][4] No ano 2000 formou parte do comité organizador.

NotasEditar

  1. "Asunta Rodríguez: «Mejor ser moderna que ser joven»". 
  2. "Asunta Rodríguez, de Trinta: «Es un honor que vean la galería como un centro generador de conocimiento»". La Voz de Galicia (en castelán). 19 de decembro de 2015. Consultado o 1 de xuño de 2017. 
  3. "Asunta Rodríguez: "Los especuladores volverán a aparecer en el arte"". 
  4. Gallego, Grupo El Correo. "Asunta Rodríguez" (en castelán). Consultado o 1 de xuño de 2017.