Asturiano occidental

O asturiano occidental é unha das tres zonas lingüísticas[1] nas que adoita dividirse o asturiano, e estende o seu dominio lingüístico entre os ríos Navia e Nalón.[Cómpre referencia]

Mapa lingüístico de Asturias. Asturiano occidental identificado como C1 no mapa.

Variedades lingüísticas editar

 
Mapa lingüístico das linguas asturleonesas. En cores vermellas e azuis as catro falas dialectais occidentais

Atendendo ao consonantismo Diego Catalán distingue no Asturianu occidental catro variedades dialectais:

  • Variedade A. Terras baixas do Este: Algama Muros, Candamo, Grado e Pravia. Vocalismo común do Occidente e consonantismo propio das variedades centrais:

a) /éi, óu/: veiga, cantéi, touro, cantóu.

b) /ié-ya/ yara/yera, ya/y, /ué-uá-uó/ puablu-pueblu-puoblu.

c) -u-us, -i -is, -a/-as // u-os, -u-es. -a/-es: gatu gatus, fonti/fontis, vaca/ vacas. Nalgúns lugares (Pravia o Cudillero) apréciase unha forte tendencia ás vogais finais pechadas /-i, -u/.

d) -oriu ou, -oria concordan coas falas centrais: cobertoria, taladraoria, casoriu.

e) /ll/ para os derivados de /l-, -ll-, pl-, kl-, fl-/: lluna, valle, llave, llover, llama. Non sendo no seo da palabra onde /y/: ayalga

f) /ñ/ vindo do grupo latino /-nn-/: cabaña; é normal tamén o /ñ/ inicial: ñarbasu, ñarigón.

g) /ch/ vindo do do grupo latino /kt, ult/: trucha, cuchu, munchu.

h) /y/ vindo do grupo latino /ly, k'l/: muyer, vieya. Particularidade desta variedade é que /-y-/ despois de vogal palatal pode esquecerse: ouvea - ouveya, ourea - oureya.

Na orde morfolóxica amósanse nalgúns lugares (Santianes de Pravia) casos de concordancia de substantivos femininos con adxectivos en /-u/, que visa a extensión cara a Occidente a oposición continuo / descontinuo: ‘La tierra tá ricudíu’[2].

  • Variedade B. Terras altas do Leste: Algama Quirós, Teverga e Proaza.

a) O vocalismo concorda no fundamental coa variedade A. Ten que sinalarse unha menor tendencia ás vogais pechadas finais /i, u/, aínda que non hai uniformidade entre as freguesías. Quirós amósase menos tendente ás finais /e, o/.

b) O grupo -oriu ou -oria que concorda coas falas centrais: cobertoria, taladraoria, casoriu.

c) Emprégase o /ḷḷ/ polo /ll/ da anterior: ḷḷuna, vaḷḷe, ḷḷave, ḷḷover, ḷḷama. Non sendo no seo da palabra, onde se emprega /ch/: 'achalga'.

d) /-n-/ polo /-ñ-/: pena, cabana, farina.

e) Mesmo que na variedade D, resultado /ch/ para /ly, k'l/: mucher, viecha.

f) É orixinal desta fala o son; /ts/ para /kt, ult/: cutso, mutso, otso, cotse.

Nesta variedade atópase o linde do ditongo ya/yas; asina en Teverga, non sendo xa coñecido en Quirós (secantes as freguesías de Bermiego, Ricao e Faeo)[3].

  • Variedade C. Terras baixas do Oeste: Vales baixos de Cangas de Narcea, Tineu e Luarca. Nesta variedade obsérvanse illas da variedade D.

a) O vocalismo concorda coas variedades anteriores. Ten maior número de ditongos decrecentes pola afectación da vocalización de certas consoantes finais en grupo interior: 'nueite', 'truita', 'muitu'.

b) -oiru ou -oira con anticipación epéntica da iode: versatoriu> versadoiro, Cubertoira.

c) O consonantismo concorda coa variedade A para /y/ procedente de /ly, k'l/: muyer, vieya.

d) Polo contrario, o consonantismo concorda coa variedade B na solución /ḷḷ/: ḷḷuna, vaḷḷe, ḷḷave, ḷḷover, ḷḷama. Non sendo no interior da palabra, onde prevalece /y/: ayalga

e) Coexistencia dos resultados /ch/ e /ḷḷ/ de inicio para os grupos /pl, kl, fl/: chuver / ḷḷover.

f) Epéntese do /u/ polo influxo do wau na sílaba seguinte: augua, lleugua, yeugua, fraugua etc.[4].

  • Variedade D. Terras altas do Oeste: Inclúese Somiedo, Brañas de Cangas, Degaña, mais os enclaves da variedade C..

O vocalismo e o consonantismo concordan coa variedade C, non sendo o resultado /ch/ procedente de /ly, k'l/ en ‘mucher’, ‘navacha’, e de /-cl-, -pl-, e -fl-/: achalga, mesmo que na variedade B.


Cadro comparativo das variedades dialectais do asturiano occidental:
Latín Asturiano normativo Variedade A Variedade B Variedade C Variedade D Galego
lauretum lloréu llouréu ḷḷouréu ḷḷouréu ḷḷouréu Loureiro
afflaticam ayalga ayalga achalga ayalga achalga achadego
plovere llover llover ḷḷover ḷḷover/chover ḷḷover/chover chover
lactem lleche lleiche ḷḷeitse ḷḷeite ḷḷeite leite
multu munchu muchu mutsu muitu muitu moito
capanna cabaña cabaña cabana cabana cabana cabana
oculo güeyu güeyu güechu güeyu güechu ollo
mulier muyer muyer mucher muyer mucher muller

Exemplos de textos editar

Véxase a seguinte amosa da lingua:

Documento Castañedo, concello de Belmonte, cartulario do Mosteiro de Belmonte, ano de 1253.[5]

In nomine Dominj, Jo Alfonso Pedriz ajuntadament con mías ermanas Aldonza Pedriz e Gontro Pedriz et mías quarmanas Maria Andrés et Go(u)tro Andres, fazemos carta de vendición et de donación avos, abat don Ffroyla de Belmonte, ye al conuiento dessi logar, de toda la nossa racion que nos pertinez ena iglesa de Sancta María de Rastello quanto e el aro dessa iglesa, en remission de nossos peccados et por quelo auedes vos ia ganado de nossos auolos por cartas que uos ellos fezieron et outorgaron', y por VIIIº morabedis que de vos recibimos; quanto jur et quanta possessión et quanto derecho (ena iglesa) en essa iglesa ya decha, avemos o deuemos a aver entre nossos heredes, que nos pertenez de nostro abolengo, assi como dixemos, quanto ye el aro de la iglesa, todo lo outorgamos et damos por liure et por quito por siempre de nos et de todo omne, que de nostro lignage descenda, auos abbat don Ffroyla ye al conviento dessi monestero de Sancta Maria de Belmonte que uos e vostros successores lo aiades ye lo possijades sen outra contradicción, por iur de heredamiento por todo tiempo. Et si nos o outro de nostro lignage (vos) en algun tiempo vos esta carta cor romper o contrariar quinquer quelo ousar fazer, sea poren maldito et excomungado, et peite al monestero de Belmonte, adoble quanto la carta presente nonma in conto al Rey CCCª, morabedis dela moneda real, et esta presente carta siempre firme permanesca in so rouramento. Ffacta Karta in mense marcio in era mª.CCª, nonagesima iª. Regnante el Rey don Alfonso in Leon in Castella et in todos los sos regnos. Episcopo don Pedro in Oviedo. Ricomne in Asturias doyane. Merino mayor in tierra de Leon, don Gonzaluo Moran. Jo Alfonso Pedriz et jo Aldonza Pedriz et jo Gontro Pedriz et jo Maria Andres et jo Gontro Andres esta carta, que de nostra bona uoluntat mandamos fazer a uos don Ffroyla abbat de Belmonte et al Conuiento desa … con nostras manos la rouramos et signa fazemos. Coram testibus qui presentes fuerunt: Gonzaluo Pedriz de Obignana, et Gonzaluo Thomas et so fillo Johan Gonzaluiz… Castannedo et Martin Martin et sos fillos Pele Martin et Pedro Martin; Johan Diaz capellan Pedro Fesolo et outros muitos bonos omnes que viron oiron esta carta rourar ena iglesa de Castannedo. Johannes notuit.

Mario Gómez Gómez, Los nuevos babilistas, ALLA, 1987, P. 342, Un rapaz empacatau

—¿Quiés saber lu qui pasóu

Disqui salierun di casa?

Pus you te lu cuntaréi,

Qu’al amanecerín taba

Aspirandu pa ir cun echus,

Y cun echus fui a Cangas.

—Algu..., ya me lu cuntarun

Seiqui lus padris churaban

Y tamién dixenun qui echa,

Tou fui chegar incierránunla.

—¡Claru que sí; cun gran pompa;

Cun ripiqui di campanas,

Y gran misa y muita fiesta

Y gran luxo y muita gala.

Casi todas las vicinas

Fumus d’aiquí acumpanándula

Y al chigar nos al cunventu

Ya pur nos achí aspiraban

Flairis, curas, siñuríu

Y toda la xenti baxa.

Tamién taba achí a la puerta,

La madrina, doña Plácida,

Cun vistíu di tirciupelu

Marietsu y azul á rayas,

Y cun duas cadenas d’oru

Y el gran asombru di alaxas.

Intramus tous pa la Iglesia.

Achí rezan y achí cantan,

Y al salir, tous abrazamus

Aquescha, ondi las galas

Dil cielu fixenun níu

Y el níu pal cielu chivaban!

You... prubetina... de mí...

Nun... sei... cumu tengu... lágrimas

Dispués qui tantu churei,

Al ver cúmu echa pasaba

Pur la puerta del ulvidu,

Dixando al mundu di ispaldas,

Y cúmu ya de pur vida,

Quedábasi achí incierrada.

Literatura en Asturiano Occidental editar

A literatura en asturiano occidental é residual e é confundida as máis das veces coa literatura en leonés, coa que ten moita semellanza. Presenta aínda unha produción e orixinalidade nada desprezábel.

Débese notar, pola importancia do seu autor, o libro 'El cuartu amariellu' de Xuan Bello, (1965 Tinéu, Asturias), traballo de mocidade, publicado con só dezaseis anos por quen hogano pasa por ser un dos máis notábeis autores na lingua asturiana. Con todo, o dito autor non tivo continuidade nesta variante lingüística, ao seguir a súa carreira literaria en asturiano académico.

Outro autor destacado é Roberto González-Quevedo, (Palacios de Sil, León), 1953, autor, en colaboración coa súa mai (Eva González) de seis libros de poesía e prosa: 'Poesías ya hestorias na nuesa tsingu'; 'Poesías ya cuentus na nuesa tsingua' (1980), 'Bitsarón: Cousas pa nenus ya pa grandes na nuesa tsingua' (1981), 'Xentiquina' (1983), 'Xeitus: poesías ya cuentus' (1985) e 'Branas d’antanu ya xente d’anguanu: poesías ya cuentus '(1990). Este autor intentou logo facer unha literatura épica sobre un pasado máis mítico que histórico; foi gañador do premio de narracións curtas da Deputación de Asturias, en 1981, polo seu conto "Pul sendeiru la nueite". En (1986), editou ata hoxe o seu primeiro e único poemario 'Inis Aión. É membro de número da Academia da Lingua Asturiana, ALLA.

Outros autores que publicaran traballos en asturiano occidental:

  • Gómez Gómez, Marío, (Cangas de Narcea, 1872-1932)
  • Antón García, (Tuña, Tinéu, 1960)
  • Sabela Fernández, (Tinéu, 1962)

Bibliografía editar

  • El habla de Candamo. Aspectos morfosintácticos y vocabulario”. Olga J. Díaz González. Universidade de Oviedo. 1986.
  • “El habla de Teberga. Diacronía y sincronía”. X. LL. García Arias. Rev. Archivum T. XXIV. Universidade de Oviedo. 1974.
  • “El habla de la Cabrera Alta". María Concepción Casado Lobato. Librería lingüística ALLA. Oviedo 2002.
  • O dialecto asturiano occidental nos documentos notariais da Alta Edade Meia. Rafael Lapesa, Revista de Dialectología y Tradiciones Populares, Caderno 32, 1976, p. 225, 246.

Notas editar

  1. Asturiano en EGU
  2. “El habla de Candamo. Aspectos morfosintácticos y vocabulario”. Olga J. Díaz González. Universidade de Oviedo. 1986.
  3. “El habla de Teberga. Diacronía y sincronía”. X. LL. García Arias. Rev. Archivum T. XXIV. Universidá d’Oviedo. 1974.
  4. “El habla de la Cabrera Alta". María Concepción Casado Lobato. Librería lingüística ALLA. Oviedo 2002.
  5. Melgar, Rafael El Dialecto asturiano en la Edad Media. Universidade de Sevilla, Servizo de Publicaciois, 1998, p. 107

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar