Astrobee é o nome dunha familia de foguetes sonda dos Estados Unidos desenvolvidos nos anos 1950 e cuxo último membro voou en 1983.

Un Astrobee 1500 antes do lanzamento.

Os Astrobee concebíronse como un substituto de baixo custo, con propelente sólido, dos foguetes sonda Aerobee, de propelente líquido. Coa experiencia adquirida noutros foguetes sondas desenvolveuse un novo motor que serviu para crear o Astrobee D, o primeiro membro da familia. Seguiuno o Astrobee F, deseñado para alcanzar parámetros parecidos aos foguetes da familia Aerobee, e os Astrobee 200, 500 e 1500. O propelente estaba formado principalmente por HTPB.

Variantes editar

A familia Astrobee estaba formada por cinco variantes:

  • Astrobee D: cun diámetro de 15 cm e unha lonxitude de 3,5 m, foi o primeiro membro da familia. Podía levar cargas de 4,5 kg a alturas de 150 km e 13,6 kg ata 100 km. Lanzáronse 42, con dous fallos.
  • Astrobee F: medía 38 cm de diámetro e podía levar cargas de entre 90 e 230 kg a entre 250 e 400 km de altura. Lanzáronse 49, cun só fallo.
  • Astrobee 200: usaba como primeira etapa un foguete Nike e como segunda un Alcor.
  • Astrobee 500: combinaba o motor do MB-1 na primeira fase cun Alcor na segunda. Só voou unha vez, sen éxito.
  • Astrobee 1500: formado por dos foguetes Recruit.

Notas editar

  • Mark Wade (2018). "Astrobee" (en inglés). Consultado o 17 de xuño de 2018. 
  • Gunter Dirk Krebs (2018). Gunter's Space Page, ed. "Astrobee-200" (en inglés). Consultado o 16 de xuño de 2018. 
  • Gunter Dirk Krebs (2018). Gunter's Space Page, ed. "Astrobee-500" (en inglés). Consultado o 16 de xuño de 2018. 
  • Gunter Dirk Krebs (2018). Gunter's Space Page, ed. "Astrobee-1500" (en inglés). Consultado o 16 de xuño de 2018. 
  • Gunter Dirk Krebs (2018). Gunter's Space Page, ed. "Astrobee-F" (en inglés). Consultado o 16 de xuño de 2018. 
  • Gunter Dirk Krebs (2018). Gunter's Space Page, ed. "Astrobee-D" (en inglés). Consultado o 16 de xuño de 2018. 

Véxase tamén editar