Astou Ndour Barro, nada en Dakar (Senegal) o 22 de agosto de 1994, é unha xogadora de baloncesto española que xoga na posición de pivote. Naceu no Senegal e obtivo a nacionalidade española por carta de natureza no 2011.[1] É internacional grazas a España, con quen foi campioa de Europa en 2019 e conseguiu a medalla de prata nos Xogos Olímpicos de Río de Janeiro en 2016. Obtivo o título da WNBA en 2021, co seu equipo, os Chicago Sky.

Infotaula de personaAstou Ndour

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento22 de agosto de 1994 Editar o valor em Wikidata (29 anos)
Dakar, Senegal Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña
Senegal Editar o valor em Wikidata
Altura196 cm Editar o valor em Wikidata
Peso75 kg Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónbaloncestista Editar o valor em Wikidata
Período de actividade2011 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor em Wikidata
Posición de xogoAla-pivote e Pivote Editar o valor em Wikidata
Convocado porSan Antonio Stars (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
- Club Baloncesto Islas Canarias
- Fenerbahçe Women's Basketball (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Participou en
2020Basquetebol nos Jogos Olímpicos de Verão de 2020 - Feminino (pt) Traducir (6ª)
2019EuroBasket Women 2019 (en) Traducir
2018Campeonato Mundial de Basquetebol Feminino de 2018 (pt) Traducir
2016Xogos Olímpicos de 2016
2016Basquetebol nos Jogos Olímpicos de Verão de 2016 – Torneio feminino (pt) Traducir (2ª)
2015Eurobasket Women 2015 (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Twitter: NdouraStou Olympic.org: astou-ndour Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Astou Ndour naceu en Dakar o 8 de agosto de 1994. Os seus pais foran xogadores de baloncesto. Foi unha destacada xogadora de baloncesto no seu colexio en Dakar. No 2008, cando tiña 14 anos, Ndour-Fall trasladouse a As Palmas, Illas Canarias, onde foi adoptada polo ex seleccionador español feminino de baloncesto, Domingo Díaz e a súa esposa, Begoña Santana, tamén adestradora. Nas Palmas, continuou xogando ao baloncesto no equipo da súa escola.[2][3][4]

Carreira deportiva editar

Ao chegar a España, incorporouse á canteira do Gran Canaria. En 2009, disputou o Campionato de España Xuvenil. Nacionalizouse española no 2011 e participou no Campionato Mundial Feminino Sub-19 da FIBA dese ano, no que España obtivo a medalla de prata e onde Ndour tivo unha media aproximada a un dobre-dobre.[3][5]

Club Liga País Ano
Gran Canaria Liga Feminina España 2011-14
San Antonio Stars WNBA Estados Unidos 2014
Fenerbahçe Istanbul TBL Turquía 2014-15
Perfumarías Avenida Liga Feminina España 2015-16
San Antonio Stars WNBA Estados Unidos 2016
Virtus Eirene Ragusa Serie A1 Italia 2016-2018
Chicago Sky WNBA Estados Unidos 2018-

Estatísticas Europa editar

Tempada Equipo Liga PX MPP PPP RPP APP
2010-11 Gran Canaria Eurocup 5 5,0 1,8 2,2 0,0
2011-12 Gran Canaria Eurocup 10 34,4 16,1 10,9 0,2
2014-15 Fenerbahçe Istanbul Euroliga 14 18,4 9,6 5,7 0,2
2015-16 Perfumarías Avenida Euroliga 14 29,1 11,3 8,1 0,5
2016-17 Virtus Eirene Ragusa Eurocup 10 30,1 14,7 8,0 0,6

(Lenda: PX: Partidos xogados; MPP: Minutos por partido; PPP: Puntos por partido; RPP: Rebotes por partido; APP: Asistencias por partido)

Palmarés editar

  • WNBA (1): 2021
  • Liga Feminina (1): 2015/16
  • Copa Turca (1): 2015
  • Copa do Presidente de Turquía (1): 2014

Notas editar

  1. Astou Barro Ndour ya tiene la nacionalidad española
  2. Sáez, Faustino (18 de outubro de 2021). "Astou Ndour, de las sandalias al anillo". El País. Consultado o 21 de outubro de 2021. 
  3. 3,0 3,1 Cristóvão, Luís (13 de abril de 2014). "WNBA draft prospect profile: What would Spain's Astou Ndour offer a WNBA team?". Swish Appeal. Consultado o 21 de abril de 2021. 
  4. Sáez-Bravo, Lucas (7 de agosto de 2016). "La hora de Astou: "Yo soy yo"". El Mundo. Consultado o 21 de outubro de 2021. 
  5. "Ndour: From Senegal To Spanish Stardom". FIBA. 10 de julio de 2013. Consultado o 21 de outubro de 2017.