Astafersa

empresa naval galega

Coordenadas: 43°28′43″N 8°15′38″O / 43.4784779, -8.260532

Astafersa (Astilleros Ferrolanos SA) foi unha empresa naval dedicada á construción de buques en aceiro e fibra de vidro. Estaba situada na Graña, Ferrol. As instalacións son empregadas por Blascar.

Astafersa

Editar o valor em Wikidata
TipoSociedade anónima
Fundación1982 (pechada en 2007)
LocalizaciónA Graña (Ferrol)
Persoas claveJuan Fernández García
IndustriaNaval
ProdutosBuques, reparacións navais
Número de empregados40
editar datos en Wikidata ]

Historia editar

O estaleiro, situado en Punta Pescadoira, ten a súa orixe antes de 1855. Tras a Lei de Desamortización de Mendizábal mercouno Ramón Rodríguez Tubín, quen o vendeu xunto cos seus herdeiros en 1883 a Toribio Gil y Gabilondo, pasando a chamarse Talleres Gil. En 1884 Toribio Gil e José Joaquín Otero asociáronse creando a compañía Otero - Gil. Máis tarde pasou a chamarse Talleres Gil e Compañía. En 1885 Talleres Gil e Compañía reúne tódalas instalacións na zona e forman un estaleiro que pasa a chamarse Industria Española.

O 5 de setembro de 1931 o Xulgado de Primeira instancia adxudicoullo a Gumersindo Paz Abilleira. O 20 de xuño de 1962 pasou a mans dos seus fillos e herdeiros co nome de Astilleros y Varaderos Gumersindo Paz (GUPAZ). En 1982 e 1983 a Sociedade Anómina Astilleros Ferrolanos SA compra o estaleiro e pasa a chamarse Astafersa.[1]

Astafersa dedicouse á fabricación de buques en aceiro, aluminio e fibra de vidro. Desde 1986 a 1990 estivo dirixido por Juan Fernández. En 2007 tras varios ERE e despedimentos as instalacións se venderon a Áridos Pantín por 500 euros e o compromiso de facerse cargo dos tres millóns de débeda.[2][3]

En 2009 a empresa Freinaval comezou a traballar nas instalacións.[4] Os estaleiros da Graña e A Cabana foron mercados por Manuel Caamaño pasando a chamarse Blascar e dedicándose dende entón principalmente ás reparacións navais.[5]

Instalacións editar

O estaleiro ten dúas bancadas de 70 metros.

Buques construídos editar

 
Acceso a Blascar na Graña.

Dende a súa fundación Astafersa construíu buques de diverso tipo: pesqueiros en aceiro e aluminio, embarcacións auxiliares en fibra de vidro e catamaráns.[6]

  • 1981-1983, 2 pesqueiros de aceiro para Senegal.
  • 1982-1984, 10 embarcacións pesqueiras auxiliares en aluminio para Portugal.
  • 1982-1986, 20 embarcacións de vela de 6,89 m de eslora e 2,5 m de manga fabricadas en fibra de vidro para a Armada Española.
  • 1983-1986, 8 pesqueiros de cerco para Angola.
  • 1984-1986, 5 embarcacións de 9,3 m de eslora e 3.15 m de manga fabricadas en poliéster.
  • 1985, 1 catamarán de regatas clase IC con resinas epoxi, primeiro construído en España.
  • 1985-1987, 17 embarcacións auxiliares de pesca de 6,20 m de eslora e 2,6 m de manga en poliéster para Portugal.
  • 1986, 1 embarcación de regatas de media tonelada de 9,05 m de eslora e 3,1 m de manga en poliéster. 4 embarcacións de transporte de persoal. 2 lanchas de transporte de mergulladores.
  • 1986-1987, 3 arrastreiros de 26,5 m de eslora en aceiro.
  • 1988-1989, 2 palangreiros refrixerados de 26,5 m de eslora e 27 m de eslora. 1 palangreiro conxelador de 27m
  • 1989, unha embarcación clase One Tom de 12,16 m de eslora e 4,05 m de manga para a Armada Española. Un limpaportos Y-451 de 12 m de eslora 3 m de manga e 1, 2m de calado.
  • 1989-1990, 3 palangreiros de 27 m, dous deles de 33,5 m. En aceiro.
  • 1990, unha embarcación 3/4 de 10,16 m en poliéster. 1 palangreiro conxelador de de eslora. 1 buque de salvamento e limpaportos de 25 m de eslora.
  • 1991-1992, 1 catamarán de 22 m en aluminio. 1 palangreiro de 33,5 m de aceiro.
  • 1994-1995, 1 palangreiro de 25 m en aceiro.
  • 1995, 1 embarcación de 11 m.
  • 1997-1998, 5 arrastreiros por popa de 27,5 m en aceiro.
  • 1999-2000, 2 atuneiros de 38,30 m de eslora en aceiro.
  • 2000, 1 catamarán e un buque de pasaxeiros en poliéster.
  • 2000-2001

Notas editar

  1. "Astillero de la Graña. Astafersa - O recuncho do Couselo". www.blogoteca.com. Consultado o 2023-03-07. 
  2. "El astillero ASTAFERSA,el otro astillero difunto de Ferrol.". El Pórtico de ASTANO. 2009-01-11. Consultado o 2023-03-07. 
  3. "Estaleiro da Graña". Consultado o 2023-03-07. [Ligazón morta]
  4. "Freinaval construye tres buques en su taller de Vilar do Colo". La Voz de Galicia (en castelán). 2006-02-15. Consultado o 2023-03-07. 
  5. "Blascar, el otro astillero de la ría de Ferrol". Diario de Ferrol (en castelán). Consultado o 2023-03-07. 
  6. Antón Viscasillas, Jaime e Alejandro Anca Alamillo. La Graña-La Cabana : base e industria naval (1726-2015) Madrid, 2015 ISBN 978-84-608-2681-1 La Graña-La Cabana : base e industria naval (1726-2015)

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Antón Viscasillas, Jaime e Alejandro Anca Alamillo (2015). La Graña-La Cabana: base e industria naval (1726-2015) Madrid. ISBN 978-84-608-2681-1