Astérix na terra dos belgas
Astérix na terra dos belgas[1] (en francés: Astérix chez les Belges) é o vixésimo cuarto volume da serie de banda deseñada Astérix, creada por René Goscinny (historia) e Albert Uderzo (ilustración),[2] publicado orixinalmente en 1979. Foi a derradeira historia de Astérix escrita por Goscinny, quen morreu durante a súa produción.[3]
Astérix na terra dos belgas | |
---|---|
Título orixinal | Astérix chez les Belges |
Autor/a | René Goscinny |
Ilustrador/a | Albert Uderzo |
Cuberta | Albert Uderzo |
Orixe | Francia |
Lingua | francés |
Colección | Astérix |
Xénero(s) | Banda deseñada |
Editorial | Dargaud Editorial Galaxia |
Data de pub. | 1979 1998 |
Formato | Tapas duras |
Páxinas | 50 |
ISBN | ISBN 84-8288-185-X |
Precedido por | Obélix et Compagnie |
Seguido por | O gran foxo |
Tradución | Antonio Pichel (1998) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Foi traducido ó galego por Antonio Pichel e publicado pola Editorial Galaxia en 1998.[1][4]
Sinopse
editarOs romanos do campo fortificado de Laudanum quedan traumatizados despois dunha campaña en Bélxica, motivo polo que até o propio Xulio César describe ós belgas como os máis valentes de tódolos pobos da Galia. Abaracúrcix, ultraxado, decide ir el mesmo para defender a reputación dos galos celtas, e Astérix e Obélix acompáñano con pouco entusiasmo.
Unha vez en Bélxica, os galos coñecen unha tribo belga e deciden organizar un concurso arbitrado polo mesmo Xulio César para que sexa el quen diga quen son os máis valentes, mais César ten outros plans.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Astérix na terra dos belgas. Traducido por Antonio Pichel (1ª ed.). Vigo: Editorial Galaxia. 1998. ISBN 84-8288-185-X – vía Biblioteca da Tradución Galega.
- ↑ "Astérix chez les Belges - Astérix - Le site officiel". www.asterix.com (en francés). Consultado o 4 de outubro de 2018.
- ↑ René Goscinny - Asterix in Belgium - Hachette Children's Group (en inglés).
- ↑ "Astérix fala galego desde 1976". Sermos Galiza. 31 de maio de 2019. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 11 de setembro de 2019.