O Asplöven Hockey Club é un equipo de hóckey sobre xeo da localidade de Haparanda, no Condado de Norrbotten (Suecia). Actualmente compite na segunda categoría do hóckey sobre xeo sueco, a Hockeyallsvenskan. Xoga os seus partidos como local no Arena Polarica, un pavillón con capacidade para aproximadamente 1.750 espectadores.

Asplöven HC
Fundación1972
CidadeHaparanda,
Norrbotten
Suecia
EstadioArena Polarica
(ca. 1.750 espectadores)
LigaHockeyallsvenskan
Adestrador Per Kenttä
CoresVermello, negro e branco
                 

O Asplöven HC foi fundado o 14 de abril de 1972.[1] O Asplöven ascendeu á segunda categoría do hóckey sobre xeo sueco na tempada 2012–13, despois do descenso do Borås HC por motivos económicos.

Notas editar

  1. Asplöven HC (ed.). "Om föreningen" (en sueco). Arquivado dende o orixinal o 13 de outubro de 2014. Consultado o 23 de novembro de 2014. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar