Aspidistra

especie de planta

A aspidistra[1] (Aspidistra elatior) é unha especie de planta rizomatosa pertencente á familia das asparagáceas. É nativa do Xapón e é amplamente cultivada como planta ornamental.[2][3]

Detalle da flor.
Vista da planta.

Descrición editar

Aspidistra elatior é unha planta sen talo que alcanza un tamaño dun metro de altura, con follas de cor verde escura.[3] As pequenas e solitarias flores de cor púrpura poden aparecer na base da planta na primavera.[2]

Distribución editar

Aínda que se pensa que é de orixe chinesa,[2] a especie é, de feito, nativa das illas do sur do Xapón, incluíndo Kuroshima,[4] Suwanosejima[5] e as Illas Uji.[6] Preséntase en asociación con especies como Ardisia sieboldii ou Castanopsis sieboldii.[2]

Cultivo editar

Aspidistra elatior é unha planta exótica ben coñecida por non precisar moitos coidados. É tolerante a condicións de pouca luz, baixa humidade, rega irregular, e a flutuacións de temperatura. É mellor poñela afastada dos raios directos do sol para evitar que as follas embranquezan. Unha boa drenaxe é tamén necesaria para un crecemento óptimo e para evitar a podremia da raíz. A especie non acostuma ser seriamente atacada por insectos, aínda que, os ácaros e as cochinillas poden causar problemas ocasionais.[3] As follas e as raíces poden ser consumidas polos mamíferos ungulados como o cervo, así como por roedores e coellos.

Taxonomía editar

Aspidistra elatior foi descrita por Carl Ludwig Blume e publicado en Tijdschrift voor Natuurlijke Geschiedenis en Physiologie 1: 76, pl. 4, no ano 1834.[7]

Variedades aceptadas
  • Aspidistra elatior var. attenuata (Hayata) S.S.Ying
  • Aspidistra elatior var. elatior
Sinonimia
  • Aspidistra attenuata Hayata
  • Aspidistra punctata var. albomaculata Hook.
  • Aspidistra variegata (Link) Regel
  • Plectogyne variegata Link[8]

Notas editar

  1. Nome vulgar galego en Vocabulario ortográfico da lingua galega, A Coruña, Real Academia Galega / Instituto da Lingua Galega, 2004
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 "Aspidistra elatior". Flora of China. Consultado o 19 de febreiro de 2009. 
  3. 3,0 3,1 3,2 "Aspidistra elatior". PlantFinder. Missouri Botanical Garden. Consultado o 19 de febreiro de 2009. 
  4. Sako, Shizuo; Katsutoshi Maruno (1983). "Flora of Island Kuroshima, Pref. Kagoshima, Kyushu" (PDF). Bulletin of the Kagoshima University Forest 11: 33–61. ISSN 03899454. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 18 de xullo de 2011. Consultado o 20 de febreiro de 2009. 
  5. Sako, Shizuo; Hidenobu Kirino (1980). "Flora of Isl. Suwanose-jima, Isls. Tokara, Ryukyus" (PDF). Bulletin of the Kagoshima University Forest 8: 19–53. ISSN 03899454. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 18 de xullo de 2011. Consultado o 20 de febreiro de 2009. 
  6. Sako, Shizuo; et al. (1988). "Flora of the Uji Isls., Kagoshima Pref., Kyushu" (PDF). Bulletin of the Kagoshima University Forest 16: 83–108. ISSN 03899454. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 18 de xullo de 2011. Consultado o 20 de febreiro de 2009. 
  7. Aspidistra en Trópicos
  8. Aspidistra en PlantList

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  1. CONABIO. 2009. Catálogo taxonómico de especies de México. 1. In Ca. nat. México. CONABIO, Cidade de México.
  2. Flora of China Editorial Committee. 2000. Fl. China 24: 1–431. Science Press & Missouri Botanical Garden Press, Beijing & St. Louis.

Ligazóns externas editar