Asociación para o Comercio Xusto e Solidario Panxea

organización non gobernamental de axuda ao desenvolvemento e comercio xusto galega

A Asociación para o Comercio Xusto e Solidario Panxea é unha organización non gobernamental de axuda ao desenvolvemento e comercio xusto situada en Santiago de Compostela.

Asociación para o Comercio Xusto e Solidario Panxea
TipoOrganización non gobernamental
Data de fundación1995
SedeSantiago de Compostela
PaísGalicia
editar datos en Wikidata ]

Traballo e organización editar

Foi fundada en 1995 por un antigo grupo de voluntarios que buscaban a súa propia maneira de facer chegar o consumo responsábel, o comercio xusto e a acción social a Santiago de Compostela e Galicia.[1]

Panxea é gobernada de maneira asemblearia polos seus membros, que organizados por comisións, presentan e discuten as súas propostas. Ademais da asemblea xeral anual, conta con reunións semanais, abertas á participación pública.[2]

Xunto ás actividades de educación social, sensibilización e axuda ao desenvolvemento, conta cunha tenda pública de produtos de comercio xusto e ecolóxico.

Forma parte da Rede Galega de Consumo Consciente e Responsábel, da Iniciativa pola Soberanía Alimentaria dos Pobos e do Espacio por un Comercio Justo (Espazo por un Comercio Xusto).[3]

Panxea recibiu o Premio Vagalume 2006 concedido polo Concello de Santiago ao proceso de sensibilización e difusión do Comercio Xusto levado a cabo na cidade, ademais doutros premios e citacións menores.[4]

Desde abril de 2010, Panxea organizouse coma Cooperativa Galega de Consumidores, baixo as siglas "Panxea S.C.G."[5]

A actividade principal de Panxea adscríbese ao comercio xusto. A difusión principal lévase a cabo nun establecemento de venda ao público.

Os produtos son adquiridos mediante importadoras de Comercio Xusto, encargadas de garantir a orixe e respecto de dito produto aos principios internacionais do Comercio Xusto.

Os produtos ecolóxicos obtéñense de produtores locais, fomentando cadeas curtas de distribución e o respecto polo medio ambiente.

O resto da educación, difusión e sensibilización lévase a cabo mediante a preparación de actos, conferencias e obradoiros.

Notas editar

  1. Páx.1"Estatutos da Asociación Panxea". Asociación panxea. Arquivado dende o orixinal (Word) o 27 de xullo de 2011. Consultado o 2009-04-20. 
  2. Páx.2"Estatutos da Asociación Panxea". Asociación panxea. p. 2. Arquivado dende o orixinal (Word) o 27 de xullo de 2011. Consultado o 2009-04-20. 
  3. "Quen somos?". Archived from the original on 22 de febreiro de 2012. Consultado o 06 de decembro de 2016. 
  4. "Premio Vagalume 2006". Arquivado dende o orixinal o 19 de xullo de 2011. Consultado o 21 de abril de 2009. 
  5. "Nova Panxea". Arquivado dende o orixinal o 27 de xullo de 2011. Consultado o 05 de maio de 2010. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar