Asharpaya
Asharpaya era unha montaña do país dos kaskas, desde a cal os guerreiros kaskas dominaban os camiños que levaban á rexión de Pa e, polo tanto, tamén de Tummanna, ambas situadas ao Occidente. O rei hitita Mursilis II foi a estas rexións e expulsou os kaskas que controlaban os camiños e perseguiunos cara ao leste ata a terra de Samuha.