A asertividade[1] é un concepto desenvolvido polo psicólogo Andrew Salter na década de 1960 [2] e popularizado na década de 1970 nos libros Your Perfect Right: A Guide to Assertive Behavior (1970) de Robert E. Alberti e Michael L. Emmons e mais When I Say No, I Feel Guilty: How To Cope Using the Skills of Systematic Assertiveness Therapy(1975) de Manuel J. Smith. Consiste na habilidade social de facer afirmación dos propios dereitos e expresar pensamentos, sentimentos e crenzas de maneira directa, clara, honesta e apropiada ao contexto, sen violar os dereitos das outras persoas.[3] Sitúase nun punto intermedio entre outras dúas condutas, extremos inadecuados, un por exceso (agresividade), e outro por falta (submisión ou pasividade).

É unha habilidade valorizada no medio profesional sendo ocasionalmente testada en procesos de selección, podendo ser avaliada pola Escala de Asertividade Rathus.[4]

  • Pasividade ou non asertividade. Propio de persoas que evitan mostrar os seus sentimentos ou pensamentos por medo a ser rexeitados ou incomprendidos ou a ofender a outras persoas. Infravaloran as súas propias opinións e necesidades dándolle un valor superior ás dos demais.
  • Agresividade. Oposto á pasividade, caracterízase pola sobrevaloración das opinións e sentimentos persoais, obviando ou incluso desprezando ás dos demais.
  • Asertividade. Aberto a opinións alleas, dándolle a mesma importancia que ás propias.

Notas editar

  1. Diccionario de psicoloxía e educación. Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 1999
  2. Len Sperry (2015)Mental Health and Mental Disorders: An Encyclopedia of Conditions, Treatments, and Well-Being ABC-CLIO, p. 97
  3. Lange, A.J., & Jakuboviski, P. (1978). Responsible assertive behavior. Illinois: Research Press.
  4. Gouveia, Valdiney Velôso; Santos, Willian Tito Maia; Alves, Susana Martins.(1994)Versäo brasileira da escala de assertividade Rathus: teste da validade de construto e elaboraçäo de normas diagnósticas. Arq. bras. psicol;46(1/2):162-72, jan.-jun. 1994. tab.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar