Asemblea Xeral de Colorado
A Asemblea Xeral de Colorado (en inglés, Colorado General Assembly) é o parlamento do estado de Colorado (Estados Unidos). Os seus poderes derívanse da constitución estatal de 1876 e ten unha estrutura bicameral, estando composto por un senado e unha cámara de representantes. O Capitolio Estatal de Colorado, en Denver, alberga a súa sede.
Asemblea Xeral de Colorado | |
---|---|
Tipo | parlamento de estado dos Estados Unidos de América e bicameralismo |
País | Estados Unidos de América |
39°44′21″N 104°59′05″O / 39.739222222222, -104.98486111111 | |
Na rede | |
https://leg.colorado.gov | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Composición
editarO artigo 5 da constitución de Colorado de 1876 determina que está integrada por:[1]
- O Senado: a cámara alta conta con 35 membros escollidos cada catro anos. O Senado renóvase por partes cada dous anos. Ata 1974 o tenente gobernador de Colorado exercía a presidencia da cámara, dende entón, os senadores escollen entre eles a un para exercer a presidencia.[2]
- A Cámara de Representantes: a cámara baixa ten 65 integrantes escollidos cada dous anos.
Os lexisladores non poden exercer o cargo durante máis de oito anos consecutivos.
A Cámara de Representantes de Colorado foi a primeira cámara parlamentaria dos Estados Unidos en contar con mulleres entre os seus deputados. As pioneiras foron Clara Cressingham, Frances S. Klock e Carrie Clyde Holly, as tres escollidas polo Partido Republicano en 1894.[3] Ademais, Carrie C. Holly foi a primeira lexisladora en propoñer e conseguir a aprobación dunha lei: foi en 1895 para fixar nos 18 anos a idade de consentimento sexual da muller.[4]
Notas
editar- ↑ Convention, Colorado Constitutional. Constitution of the State of Colorado.
- ↑ "PRESIDENTS AND SPEAKERS OF THE COLORADO GENERAL ASSEMBLY". 2015-01-15. Archived from the original on 15 de xaneiro de 2015. Consultado o 2022-08-26.
- ↑ "Milestones for Women in American Politics". cawp.rutgers.edu (en inglés). Consultado o 2022-08-26.
- ↑ Lewis, Shanna. "Colorado Elected The Nation’s First Female Lawmakers. Here’s What One Of Them Accomplished". Colorado Public Radio (en inglés). Consultado o 2022-08-26.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar- Páxina web oficial da Asemblea Xeral de Colorado (en inglés)