Asegurancetúrix

personaxe ficticio de Astérix

Asegurancetúrix é un personaxe da banda deseñada Astérix. Asegurancetúrix é o bardo da aldea e caracterízase por tocar unha lira e por cantar moi mal, este feito chega a provocar treboadas, polo que se chega a converter no personaxe principal en Astérix chez Rahàzade. Unha característica peculiar de Asurancetúrix e que se trata do único personaxe da aldea que vive nunha casa situada nunha árbore. Ao final de tódalas historias, durante a escena do banquete final, cando todo parece rematar ben, aparece atado e amordazado para que non poida tocar ou cantar. Esautomátix, o ferreiro, sempre o anda a vixiar para golpealo co seu martelo cando vai cantar.

Asegurancetúrix (no centro).

O seu nome na versión orixinal en francés Assurancetourix vén do xogo de palabras en francés assurance tout risque ou assurance tous risques (seguro a todo risco en galego), e así nalgunhas edicións en español denomínase Seguroatodorriesguix, mais o habitual é a forma Asurancetúrix. En inglés coñécese como Cacofonix, en alemán Troubadix e en portugués coñécese no Brasil como Chatotorix[1] e en Portugal como Cacofonix e Assurancetourix.[2]

Notas

  1. "Chatotorix (Cacofonix)". Guia dos Quadrinhos. 
  2. "Asurancetúrix". Astérix - Le site officiel (en castelán). Consultado o 17 de febreiro de 2021.