Asasinato no Orient Express (filme)

filme de 1974 dirixido por Sidney Lumet

Asasinato no Orient Express (en inglés: Murder on the Orient Express) é un filme británico de 1974 dirixido por Sidney Lumet, producido por John Brabourne e Richard Goodwin, e baseado na novela homónima de Agatha Christie. O filme conta a historia do detective belga Hercule Poirot (Albert Finney), que ten que investigar o asasinato dun home de negocios estadounidense a bordo do tren Orient Express. Os sospeitosos son interpretados por un elenco composto por Lauren Bacall, Ingrid Bergman, Sean Connery, John Gielgud, Vanessa Redgrave, Michael York, Jacqueline Bisset, Anthony Perkins e Wendy Hiller. O guión é obra de Paul Dehn.

Asasinato no Orient Express
Ficha técnica
Título orixinalMurder on the Orient Express
DirectorSidney Lumet
ProdutorJohn Brabourne
Richard Goodwin
GuiónPaul Dehn
Baseado enAsasinato no Orient Express de Agatha Christie
IntérpretesAlbert Finney
Lauren Bacall
Martin Balsam
Ingrid Bergman
Jacqueline Bisset
Jean-Pierre Cassel
Sean Connery
John Gielgud
Wendy Hiller
Anthony Perkins
Vanessa Redgrave
Rachel Roberts
Richard Widmark
Michael York
MúsicaRichard Rodney Bennett
FotografíaGeoffrey Unsworth
MontaxeAnne V. Coates
EstudioG.W. Films Limited
DistribuidoraAnglo-EMI Film Distributors (Reino Unido)
Paramount Pictures (USA)
EstreaFlag of the United Kingdom.svg 21 de novembro de 1974
Galicia 14 de xullo de 1996 (TVG)
Duración128 minutos[1]
OrixeReino Unido Reino Unido
XéneroCrime
Orzamento554 100 ₤ (1,4 millóns de dólares)[2]
Recadación35,7 millóns de dólares[3]

O filme foi un éxito comercial e da crítica. Recibiu seis nomeamentos na 47ª edición dos Óscar, incluíndo as categorías de mellor actor (Finney), mellor actriz secundaria (Bergman), mellor guión adaptado, mellor banda sonora, mellor fotografía e mellor deseño de vestiario. De todos os nomeamentos, Bergman foi a única gañadora.

Estreouse en galego o 14 de xullo de 1996 a través da TVG.[4]

PersonaxesEditar

NotasEditar

  1. AFI Murder on the Orient Express Consultado o 27 de abril de 2020
  2. Can film-makers Carry On? Bell, Brian. The Observer 11 de agosto de 1974: 11.
  3. Boost for studios The Guardian 9 de xullo de 1975: 5.
  4. La Voz de Galicia, 14 de xullo de 1996. Páx. 87

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar