Asamblea Canaria Nacionalista
A Asamblea Canaria Nacionalista (en galego, Asemblea Canaria Nacionalista) foi un partido nacionalista canario formado en 1989 pola unión de dous partidos que xurdiran no ámbito dos movementos cristiáns de base: a Asamblea Canaria e a Izquierda Nacionalista Canaria. José Mendoza Cabrera foi elixido secretario xeral. En 1991 uniuse a Izquierda Canaria Unida para formar a Iniciativa Canaria Nacionalista que en 1993 sería unha das formacións que integrou Coalición Canaria
Asamblea Canaria Nacionalista | |||
---|---|---|---|
Tipo | partido político español ![]() | ||
Posición política | esquerda política ![]() | ||
Data | |||
Fundación | 1989 ![]() | ||
Disolución | 1991 ![]() | ||
Localización | |||
País | España ![]() | ||
Sede | Santa Cruz de Tenerife ![]() | ||
[ Wikidata ] |
Eleccións
editar- Eleccións xerais 1989: 21.539 votos (3,21%)
- Eleccións municipais 1991: 26.188 votos (3,75%) 30 concelleiros