Asa di var
Asa di var[1] é un var[2] escrito por Nanak Dev Ji, o fundador do sikhismo en punjabi. Na súa forma canónica, recollida na obra Guru Granth Sahib compilada polo gurú Arjan, consta de 24 pauris (estrofas) e cada unha precedida por dous ou máis shaloks (parellas de versos), totalizando 59; son na súa maioría (44) escritos polo propio Nanak pero outros 15 son obra do seu inmediato sucesor, Angad[3]. A composición, que é unha gabanza a Deus, forma parte do ritual do sikhismo interpretada polos kirtania nos templos e congregacións sikhs no servizo da primeira hora da mañá[4]. Ha de se interpretar nun estilo melodioso establecido por Arjan seguindo o modelo do var Tunda Asraje[5] que conta a historia do rei Asraja, que quedou maneto (tunda) ao lle amputar unha man, e tiña fama de bravo e piadoso.
Notas
editar- ↑ Forma en punjabi moderno, a orixinal era Asa ki var
- ↑ Oda ou balada típica da poesía punjabi. Christopher Shackle e Arvind Mandair (2013) Teachings of the Sikh Gurus: Selections from the Sikh Scriptures. Routledge, p. 33
- ↑ Mohinder Kaur Kapoor, Sukhbir Singh Kapoo (2004) Guru Nanak's Asa Di Var. Sterling Publishers, p. 1
- ↑ H. S. Singha (2000) The Encyclopedia of Sikhism. Hemkunt Press, p. 22
- ↑ Amrik Singh (1999) The Khalsa: A Saga of Excellence. Media Transasia, p. 171