As vacacións do Sr. Hulot

filme de 1953 dirixido por Jacques Tati
(Redirección desde «As vacacións do señor Hulot»)

As vacacións do Sr. Hulot (en francés: Les Vacances de monsieur Hulot) é un filme francés de 1953 protagonizado e dirixido por Jacques Tati. O filme introduce o personaxe de Monsieur Hulot, que aparece nos seguintes filmes de Tati, como Meu tío (1958), Playtime (1967) e Trafic (1971). O filme valeulle recoñecemento internacional para o seu creador cando se estreou no ano 1953. Foi moi exitoso e vendeu un total de 5 071 920 entradas en Francia.[1]

As vacacións do Sr. Hulot
Logo do filme.
Ficha técnica
Título orixinalLes Vacances de monsieur Hulot
DirectorJacques Tati
ProdutorFred Orain
GuiónJacques Tati
Henri Marquet
IntérpretesJacques Tati
Nathalie Pascaud
Micheline Rolla
MúsicaAlain Romans
DistribuidoraDisCina
Estrea25 de febreiro de 1953
Duración114 minutos (versión de 1953)
86 minutos (versión de 1978)
Orixe Francia
XéneroComedia
Na rede
IMDB: tt0046487 Filmaffinity: 813489 Allocine: 2615 Rottentomatoes: m/mr_hulots_holiday Allmovie: v33631 TCM: 83708 TV.com: movies/m-hulots-holiday Netlix: 60010677Editar o valor em Wikidata

Estreouse subtitulado en galego o 9 de agosto de 2014 a través da TVG.[2]

Sinopse editar

 
Hotel de La Plage, en Saint-Marc-sur-Mer, onde se rodou unha parte do filme

O distraído e desastrado, mais simpático e adorábel Sr. Hulot vai pasar as vacacións no balneario de Saint-Marc-sur-Mer causando as grandes e divertidas confusións por onde pasa.

Personaxes editar

  • Jacques Tati como Monsieur Hulot
  • Nathalie Pascaud como Martine
  • Micheline Rolla como a tía
  • Valentine Camax como muller inglesa
  • Louis Perrault como Fred
  • André Dubois como o alcalde
  • Lucien Frégis como dono do hotel
  • Raymond Carl como camareiro
  • René Lacourt como Strolling Man
  • Marguerite Gérard como Strolling Woman
  • Claude Schillio como fotógrafo

Notas editar

  1. "Les Vacances de Monsieur Hulot (1953)- JPBox-Office". Consultado o 10 de outubro de 2014. 
  2. Versión en galego (ed.). "As vacacións do Sr. Hulot na TVG". Consultado o 28 de xuño de 2021. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar