As cincuenta e tres estacións de Tōkaidō

Ukiyo-e de Utagawa Hiroshige

As cincuenta e tres estacións de Tōkaidō (東海道五十三次 Tōkaidō Gojūsan-tsugi?) son unha serie de gravados ukiyo-e creados por Utagawa Hiroshige despois da súa primeira viaxe ó longo de Tōkaidō en 1832.[2] Esta estrada, que conectaba a capital do shōgun (Edo) coa capital imperial (Quioto) constituía unha das principais arterias do antigo Xapón. Tamén era a máis importante das Cinco Rutas de Edo, as cinco máis importantes estradas do Xapón, creadas e desenvolvidas durante o Período Edo co obxectivo de conceder á administración central do Shogunato un maior control sobre todo o país. Malia que a edición Hōeidō era a máis coñecida, As cincuenta e tres estacións de Tokaido constituía un tema tan popular que iso permitiu a Hiroshige poder crear unha serie de 30 gravados en madeira distinta da orixinal polo seu tamaño (ōban ou chuban), os seus deseños ou mesmo o número de gravados feitos (xa que algunhas series inclúen só unhas poucas impresións).

Retrato de Hiroshige, coa súa cabeza afeitada, á idade de cincuenta, por Kunisada.[1]

A Edición Hōeidō da Tōkaidō é a obra mellor coñecida de Hiroshige, e á vez as estampas xaponesas ukiyo-e mellor vendidas. Vén xusto despois da serie Trinta e seis vistas do monte Fuji de Katsushika Hokusai, obra que estabeleceu esta nova temática principal do ukiyo-e, os gravados paisaxísticos, ou fūkei-ga, cun enfoque especial nas "vistas famosas" (Meisho). Estes gravados de paisaxes aproveitaron ó máximo as novas posibilidades ofrecidas pola representación occidental da perspectiva, que para entón os artistasxaponeses xa asimilaran de forma importante. As series de Hiroshige atoparon pleno éxito non só no Xapón, senón tamén nos países occidentais.

As cincuenta e tres estacións de Tōkaidō (edición Hōeidō) editar

Ademais das cincuenta e tres estacións de Tōkaidō, a serie inclúe unha primeira impresión da saída, Nihonbashi (a ponte do Xapón), e a última impresión, Keishi (Quioto), a capital imperial.

Gravado impreso Nº de estación e nome en galego Xaponés Transcrición
1
 
Saíndo de Edo: Nihonbashi, "a ponte do Xapón" 日本橋 Nihonbashi
2
 
1.ª estación: Shinagawa.[3] 品川 Shinagawa
3
 
2.ª estación: Kawasaki 川崎 Kawasaki
4
 
3.ª estación: Kanagawa 神奈川 Kanagawa
5
 
4.ª estación: Hodogaya 程ヶ谷, 保土ヶ谷 Hodogaya
6
 
5.ª estación: Totsuka 戸塚 Totsuka
7
 
6.ª estación: Fujisawa 藤沢 Fujisawa
8
 
7.ª estación: Hiratsuka 平塚 Hiratsuka
9
 
8.ª estación: Oiso 大磯 Oiso
10
 
9.ª estación: Odawara 小田原 Odawara
11
 
10.ª estación: Hakone 箱根 Hakone
12
 
11.ª estación: Mishima 三島 Mishima
13
 
12.ª estación: Numazu 沼津 Numazu
14
 
13.ª estación: Hara Hara
15
 
14.ª estación: Yoshiwara 吉原 Yoshiwara
16
 
15.ª estación: Kambara 蒲原 Kanbara
17
 
16.ª estación: Yui 由井, 由比 Yui
18
 
17.ª estación: Okitsu 興津 Okitsu
19
 
18.ª estación: Ejiri 江尻 Ejiri
20
 
19.ª estación: Fuchū 府中, 駿府 Fuchū
21
 
20.ª estación: Mariko 鞠子, 丸子 Mariko
22
 
21.ª estación: Okabe 岡部 Okabe
23
 
22.ª estación: Fujieda 藤枝 Fujieda
24
 
23.ª estación: Shimada 島田 Shimada
25
 
24.ª estación: Kanaya 金屋, 金谷 Kanaya
26
 
25.ª estación: Nissaka 日坂 Nissaka
27
 
26.ª estación: Kagegawa 掛川 Kagegawa
28
 
27.ª estación: Fukuroi 袋井 Fukuroi
29
 
28.ª estación: Mitsuke 見附 Mitsuke
30
 
29.ª estación: Hamamatsu 浜松 Hamamatsu
31
 
30.ª estación: Maisaka 舞阪 Maisaka
32
 
31.ª estación: Arai 荒井, 新居 Arai
33
 
32.ª estación: Shirasuka 白須賀 Shirasuka
34
 
33.ª estación: Futagawa 二川 Futagawa
35
 
34.ª estación: Yoshida 吉田 Yoshida
36
 
35.ª estación: Goyu 御油 Goyu
37
 
36.ª estación: Akasaka 赤坂 Akasaka
38
 
37.ª estación: Fujikawa 藤川 Fujikawa
39
 
38.ª estación: Okazaki 岡崎 Okazaki
40
 
39.ª estación: Chiryu 地鯉鮒, 知立 Chiryu
41
 
40.ª estación: Narumi 鳴海 Narumi
42
 
41.ª estación: Miya Miya
43
 
42.ª estación: Kuwana 桑名 Kuwana
44
 
43.ª estación: Yokkaichi 四日市 Yokkaichi
45
 
44.ª estación: Ishiyakushi 石薬師 Ishiyakushi
46
 
45.ª estación: Shōno[4] 庄野 Shōno
47
 
46.ª estación: Kameyama 亀山 Kameyama
48
 
47.ª estación: Seki Seki
49
 
48.ª estación: Sakanoshita 坂ノ下 Sakanoshita
50
 
49.ª estación: Tsuchiyama 土山 Tsuchiyama
51
 
50.ª estación: Minakuchi 水口 Minakuchi
52
 
51.ª estación: Ishibe 石部 Ishibe
53
 
52.ª estación: Kusatsu 草津 Kusatsu
54
 
53.ª estación: Otsu 大津 Otsu
55
 
O final de Tōkaidō: Chegada a Quioto. 京師 Sanjō Ōhashi en Keishi ("A capital")

Notas editar

  1. De feito, Hiroshige tiña a cabeza rapada co obxectivo de converterse nun novo monxe budista co nome de Tokubei.
  2. Nussbaum, Louis-Frédéric. (2005). "Tōkaidō Gojūsan tsugi" en Japan Encyclopedia, p. 973.
  3. Shinagawa atópase fronte á badía homónima, ó sur de Edo.
  4. Shōno é unha das estampas con máis sona de toda a colección.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar