As aves na cultura popular galega
A presenza das aves na cultura popular galega, sexa en forma de vocabulario que as utiliza como metáfora, de ditos que recollen o seu aspecto ou comportamento, de refráns, cantigas ou contos, é moi ampla, como non pode resultar estraño. Así, as diferentes aves, domésticas ou non, serven como prognósticos meteorolóxicos (Cando chían os biluricos, moita auga e moito frío), como agoiros de boa ou mala sorte (como o canto do moucho nas inmediacións da casa familiar), como remedios medicinais (como queimar plumas de perdiz para aliviar as dores do parto), describen comportamentos da xente (ser unha laberca) ou son a base de multitude de lendas (como a do chasco e o pimpín co gallo da Fuxida a Exipto).
Obviamemnte, estas manifestacións culturais non pretenden unha exactitude biolóxica, como tampouco o pretende calquera outra expresión da cultura popular, senón que nacen da observación no campo (acertada ou non, coherente ou non) e se van estendendo -e modificando- mediante a transmisión oral.
- Léxico
- Pé de paxaro: diferentes herbas do xénero Polygonum.
- Pan de paxaro: planta, Sedum acre.
- Locucións
- Comer coma un paxariño: comer moi pouco, petiscar [1].
- Mañán de paxaros: dise dunha cousa efémera, de pouca dura [2].
- Paxaro de bo agoiro: dise de quen trae boas noticias [3].
- Paxaro de conta: dise daquel con quen hai que tratar con cautela, ou con respecto [3].
- Paxaro de mal agoiro: ademais de aplicarse a aquelas aves que se consideran que agoiran desgrazas, tamén se di das persoas que traen malas noticias ou que teñen unha mala aparencia [3].
- Refraneiro
- Ave de albarda, anque non voe ben se garda [4].
- Ave de culler non fai máis que comer [4].
- Ave de moita pruma pouca carne ten [4].
- Ave de paso, fungueirazo [4].
- Ave de pico non fai ó dono rico [4].
- Ave de pruma, non deixes ningunha [4].
- Ave por ave, o porco, se voase [4].
- Ave que corre non voa [4].
- Ave que se muda, en cada sitío deixa unha pruma [4].
- Ave que voa, pra cazola é boa [4].
- Ben está no seu niño o paxaro, como está cada un onde foi nado [3].
- Da ave de pico acullerado, líbrate coma do diaño [4].
- Das aves que erguen o rabo, a pior é o xarro [4].
- De tal niño, tal paxariño [5]
- De toma un paxaro a daca un paxaro, van dous paxaros [3].
- Domingo de Lázaro collín un paxaro, e o día de Pascuas aseino nas ascuas.
- Dúas aves de rapiña non gardan compañía [4].
- Home sin agarimo, paxaro sin niño [6].
- Máis val na man un paxaro que un cento voando [3].
- Mal anda o paxariño que anda nas maos do meniño [5].
- Nos niños de antano non hai paxaros hogaño.
- O can no prado non quere paxaro.
- O paxaro da devesa, un o axexa i outro o pesca [3].
- Ó paxaro que se ha perder, aás lle han nacer [3].
- O primeiro millo é dos páxaros [7].
- O primeiro millo é prós paxaros.
- Paxaro calado non fai mal agoiro [3].
- Paxaro de mal natío o que caga no niño [3].
- Paxaro trigueiro, nono quero no meu celeiro [3].
- Paxaro vello non cai na gaiola [3].
- Pola Candelaria cásanse os paxariños e vaise a galiñola [8].
- Quen ós paxaros recea, millo miudo non semea [3].
- Ruín paxaro, ruín cantar [3].
- Se o porco voara non houbera ave que coel se igualara.
- Tal paxaro, tal ovo [3].
- Tódalas aves, cos seus pares [4].
- Unha ave soila non canta nen chora [4].
- Cantigueiro
- A paxara é moi mala/ i o paxaro aínda lle gaña:/ tres galipardos nas uvas/ i eles deitados na cama [9].
- A saia da paxara/ ten un lagarto pintado/ e cando a paxara bailla/ o lagarto move o rabo [9] [10].
- Aquil paxaro non canta,/ seica non ten alegría:/ non se fai cousa de noite/ que non se saiba de día [9].
- Arrimácheste ó loureiro/ por lle dar gusto ó corpiño:/ agora estás na gaiola,/ ten pacencia, paxariño [9].
- Boteiche unha, boteiche outra/ por riba dun carballiño,/ que tu non has de negar/ que es filla dun paxariño [9].
- Cada vez que vexo o sitio/ onde o amor habitou/ consólome en ver a xaula/ pois o paxaro voou [9].
- Canta, canta, paxariño,/ non escoites meu lamento;/ en ti só hai alegría,/ en min so hai o tormento [9].
- Canta, paxariño, canta,/ alegra o meu curazón,/ dame un pouco de consolo/ que me morro de delor [9].
- Canta, paxariño, canta,/ que me morreu o amor,/ canta e dalle consolo/ ó meu probe curazón [9].
- Cantai, paxariños,/ cantai, meus amigos,/ que esí arrularendes/ ós meus pequeniños [9].
- Con os paxaros do campo/ eu me quero comparar:/ ando vestido de penas/ e ando sempre a cantar [9] [11].
- Escribíronme unha carta/ nas alas dun paxariño,/ quen che me dera saber/ quen me ten tanto cariño [9].
- Maruxa, se vas á sega/ escríbeme do camiño,/ se non topares papel,/ nas alas dun paxariño [9].
- Moza probe e ben vestida/ moito me dá que pensar:/ Dios só viste aos paxariños/ porque non saben fiar [9].
- Non te quixen nin te quero/ nin teño tal intención,/ que outros paxariños voan/ dentro do meu curazón [9].
- O paxariño no campo/ de tódalas herbas come,/ o donaire dunha nena/ tres días mantén a un home [9].
- O paxaro cando canta/ mete o rabo na silveira,/ esí fai a boa moza/ cando non hai quen a queira [9].
- O paxaro, cando canta,/ mete o rabo nas silveiras;/ tamén o meten as mozas/ cando non ten quen os queira [12].
- O paxaro de María/ anda nas miñas cireixas./ Come, paxariño, come,/ veremos as que me deixas [13] [9].
- O paxaro de María/ foime ás uvas ó bacelo,/ todos os paxaros ten pruma,/ o de María ten pelo [13].
- Paxarín que vas voando/ ¿onde vas facer o niu?/ Á canaveira máis alta/ que ten a beira do riu [14].
- Paxariño, bico de ouro,/ bebe na fonte de plata;/ coitadiña da meniña/ que por amores se mata [9].
- Paxariño, bico de ouro,/ bebe na fonte de plata;/ coller amores non custa,/ deixalos é o que mata [9].
- Paxariño de María,/ non me cóma-las cereixas/ que o meu amor no’está eiquí,/ non teño a quen da-las queixas [9].
- Paxariño, pena verde,/ que cantas no meu xardín;/ tódalas penas se acaban,/ só as miñas non ten fin [9].
- Paxariños voadores/ víndeme á porta a cantar,/ víndeme espanta-las bruxas/ que me queren embruxar [9].
- Paxaro que vas voando/ e levas fío no pico:/ traimo eiquí para coser/ o meu corazón ferido [9].
- Paxaro que vas voando/ por onde aquela cerdeira,/ dámelle moitas mamorias/ á María da Carreira [9].
- Paxaro que vas voando/ por riba do Rebolar,/ dille ás mociñas que veñan/ pousarse eiquí, á Molar [9] [15].
- Por que non cantas, paxaro?/ Porque non teño alegría;/ non se fai cousa de noite/ que non se saiba de día [9].
- Vou por eiquí embaixo/ fiando na miña roca;/ veu un paxariño pinto,/ picoume na mazaroca [9].
- Artigo principal: A andoriña na cultura popular galega.
O carrán común (Sterna hirundo) se coñece tamén como anduriña de/do mar, pola similitude morfolóxica coa andoriña común.
- Amigo polo seu proveito, andoriñas no teito.
- Andoriña a rente da auga, choiva na cama.
- Andoriña que alta voa non teme que chova.
- Andoriña que voa a rentes da terra, chuvia venta.
- Anduriñas arrentes da auga, chuvia na praia.
- Máis caga un boi que cen anduriñas.
- Máis come un boi que cen anduriñas.
Eladio Rodríguez recolle para esta ave o nome de galo monteiro, polo moño de plumas que ten sobra a cabeza [16]. Outro nome baseado na mesma morfoloxía é o de galo da braña.
Constantino García recolleu en Cariño o nome de pito de neve, polo hábitat en que se desenvolve [17]
O máis característico desta ave é o seu cheiro desagradable, motivo polo que recibe os nomes de galo merdeiro, galo merdento ou galo merdoso [22], créndose popularmente que a femia embouta o niño con excrementos humanos. O certo é que o cheiro se debe a que deixa amorear no interior do niño as dexeccións dos polos.
Tamén se pensaba que quen mirase detidamente este paxaro, engordaba; que se se fixaba a vista no ventre da bubela, terminaba reconciliándose con algún inimigo que tivese; e que quen levara no peto unha cabeza súa non sería enganado polos feirantes [23].
Chámase bubela ó parvo, a quen se distrae con facilidade e por calquera cousa.
- Locucións
- Ser unha bubela: dise das mozas lixeiras e aloucadas [23].
- Ter cabeza de bubela: ser apampado e de pouco xuízo [23].
- Refraneiro
- Cando canta a bubela, amaña todo prá sega [23].
- Cando oias a bubela, deixa os bois e colle a gavela [23].
- Se en marzo non canta o cuco, nin en abril a bubela, e a ruliña non rulea, mala cosecha se espera.
- Se por san Xosé a bubela non vén, catala morta ou algo ten.
- Cantigueiro
- Agora que vén o cuco/ tamén ha vir a bubela;/ Déixame dormir un sono/ na túa cama de pedra [24].
- Canta cuco, canta cuco,/ na casiña da bubela;/ coitadiña da meniña/ que lle chove na capela [9].
- Canta cuco, canta cuco,/ que xa cantou a bubela;/ cantan os bechiños todos/ no tempo da primaveira [9].
- Quen ouviu cantar o cuco/ tamén ouviu a bubela;/ xa te podías calar/ ouvidos de parouvela [9] [25].
O carrizo, carriza, garrizo, pitorrei ou tinque, é un dos paxaros máis pequenos de Galicia. Hai autores que afirman que o seu canto anuncia chuvias [26], aínda que modernamente se nega este prognóstico [27].
Xa Sarmiento recolleu que os cativos respectan os niños de carrizo e nunca andarán no niño nin collerán as crías [28]. Eladio Rodríguez explica este feito (e, consecuentemente, a persecución a que someten ó chasco) na lenda de que, cando a Sagrada Familia fuxía a Exipto, os soldados de Herodes preguntaron a un carrizo se os vira pasar. O paxaro contestou: Tin tin, tin tin, por aquí non os vin. Logo preguntaron ao mesmo a un chasco e este contestoulles: Chas chas; por aí ben vas [29]. Aníbal Otero recolleu a mesma lenda na Estrada [30].
Neste mesmo sentido, en Cambados crese que quen colla unha carriza sufrirá mala sorte [31].
Tamén di Sarmiento [32] que se se pon a asar un carrizo, o asador dará voltas sen que ninguén o toque. Ou que, aínda sendo tan pequeno como é, pode apoñerse a unha aguia se esta o chega a acosar. Finalmente, tamén di que a súa carne ten propiedades medicinais e que comer dela pode curar as pedras no ril.
- Léxico
Co nome de carrizo desígnase o que as fontes describen como unha especie de gaviota pequeña [33]. Ríos Panisse supón que se trata do carrán común (Sterna hirundo) [34].
Como adxectivo, carrizo describe a unha persoa de baixa estatura ou un animal moi pequeno [27].
- Locucións
- Chufa, carrizo, qu'eí vén o inverno!: expresión coa que se critica ironicamente a quen, sendo realmente un covarde ou débil, quere aparentar ante os demais de ser forte e valente [35].
- Cantigueiro
- O chasco e mais o carrizo/ e mais o escarabello/ anduveron ôs moquetes/ no medio do aparello [13].
- O pisco e maila carriza/ trataron unha beillada,/ cando o pisco daba voltas/ a carriza punteaba [9] [36].
- Si ti viras o que eu vin/ no picacho do Barizo:/ setenta e cinco canteiros/ a cabalo dun carrizo [37].
- Sei un niño de carrizo/ no cañoto dun repolo,/ déronme as mozas con il,/ levaron cañoto e todo [9].
- Teño un niño de carrizo/ metidiño nunha xesta,/ si as nenas me dan con el/ ¡Ai, meu Deus!, que teñen festa [37].
- Teño un niño de carrizo/ no pasadoiro da eira;/ vamos carriciño, vamos,/ vamos ver á costureira [38].
Marcial Valladares recolle que antigamente se consideraba un crime matar unha cegoña, e que en Tesalia (Grecia) tal crime se castigaba coa pena de morte [39]. Engadía que se trataba dunha ave descoñecida en Galicia, a diferenza da presenza habitual en Castela, afirmación que foi desmentida por outros coetáneos seus, como López Seoane, Murguía e Risco, que a localizan como habitual na Limia, especialmente ó redor da Lagoa de Antela [40].
- Léxico
O nome de cegoña (e ceguñada ou zaguñada) designa a néboa [41].
Cigoña é o nome dun ferro da campá no que se ata a corda ou cadea coa que se tangue [42].
Pico de cigoña é un dos nomes dunha pequena planta, Erodium ciconium, tamén chamada agulleira e agulla de pastor pola forma longa e afiada dos seus froitos [43].
- Refraneiro
- Día de san Paio, a cegoña nos prados [44].
- O día de san Xoán saen os cegoniños a voar.
- Polo Santiago cegoñas e polos a xeirar polos agros.
- Por san Paio, cegoniños nos agros.
- Por san Xoán pitos de cegoña a revoar.
O nome, de orixe onomatopéica, vénlle do seu monótono canto chas, chas.
Véxase a lenda sobre o carrizo e o chasco na sección sobre o carrizo.
Sinonimia: charchego, charra, chasca, chascarego, chaschás, chasco, chazco [45].
- Refraneiro
- Cantigueiro
- O chasco e mais o carrizo/ e mais o escarabello/ anduveron ôs moquetes/ no medio do aparello [13].
- Cregos, frades, curuxas e choias, dou ó diaño esas catro xoias [48].
- Cregos, frades, pegas e choias, dou ó demo istas catro xoias [5] [49].
- Cregos, frades, picazas é choias, dou á demo estas catro xoias [50].
En Galicia, o corvo está considerada unha ave de mal agoiro (como tamén o é o can que ouvea de noite, a curuxa que vén pousar no tellado da casa ou o moucho que vén cantar), tanto pola cor negra da súa plumaxe, por comer carniza ou polo seu desagradable grallar. Ver un corvo no camiño, ou voando nas proximidades da casa ou que pase berrando por riba do tellado, agoira unha morte próxima na casa [51]. Por iso, cando se ve algún, hai que dicirlle: "Corvo agoireiro, vaite lixeiro, que nesta porta non hai carne morta" [52]. Aínda así, en Cambados coidan que dá mala sorte matar un corvo [31].
Francisco Lanza conta que na comarca de Ribadeo contan que cando os corvos voan pola mañá desde Asturias cara Galicia, din que veñen pra a escola; e que cando regresan á noite, volven da escola [53].
- Léxico
Chámanse, despectivamente, corvos os seminaristas, en alusión á cor negra dos seus hábitos [53].
- Grao de corvo é un dos nomes do cornizó do centeo.
- Herba do corvo é un dos nomes do rícino (Ricinus communis) [54].
- Corvo designa tamén un peixe, o muxe (Mugil cephalus), quizais debido a que se curva en forma de media lúa [55] ou á súa cor cinza escura [56].
Finalmente, forma parte do nome de dúas aves:
- corvo cereixeiro ou ouriolo (Oriolus oriolus) [57].
- corvo de/do mar, corvo mar, corvo mareiro, corvo mariñeiro, o corvo mariño, ave mariña do xénero Phalacrocorax [58].
- Tamén se denomina perico zambullo [59]. Antón Santamarina dá a seguinte etimoloxía: "Denominación humorística que alude por un lado a su movilidad, que lo hace semejante a un perico 'carnero', que se dice también de 'la joven llegada a la pubertad que tiene modales hombrunos' (E.R.), y por otro lado a su manera de pescar zambulléndose. La forma 'perico' es dim. de Pero, por Pedro, nombre propio.
- Locucións
- Facer a ida do corvo: marchar e non volver. A frase fai alusión ó corvo que soltou Noé para saber se xa había terra firme [7].
- Máis negro que un corvo: dise da persoa de cor moi escura. así como de calquera cousa de cor negra intensa [60].
- Refraneiro
- Cando o corvo canta, e o carballo zoa, Virxe Nosa Señora, cáse sabe a broa! [61].
- Cando o corvo corvea, o lobo rodea [62].
- Corvo que estás no bico da pena, o que ouves por outro por tí o espera [53].
- Corvos en bandada, ou sombra ou preada [53].
- Corvos veñen, preada hai [53].
- Cría corvos e sacaranche os ollos [53].
- De mal corvo, mal ovo [53].
- Día da Santa Cruz de maio, o lobo e o corvo nado, e o raposo medio criado [63].
- Dispois de vindimas, corvos [64].
- Díxolle o corvo á pega: bótate alá, que eres negra [53].
- En maio, o lobo e o corvo nado, e o raposo ben empolado [65].
- Nace o corvo na peneda e tíra sempre a ela [53].
- Non pode selo corvo máis negro que as aas [53].
- Pola Santa Cruz de maio, o lobo e o corvo nado, e o raposo medio criado [66].
- Polo san Cristovo, xa o millo lle tapa a ala ó corvo [67]
- Por san Pedro, o millo cúbrelle a á ó corvo.
- Santa Cruz de maio, o lobo e o corvo nado, e o raposo medio criado.
- Sempre o corvo vai a onde preada hai [53].
- Tal o corvo, tal o ovo [53].
- Un corvo a outro non lle tira os ollos [53].
- Cantigueiro
- Artigo principal: O cuco na cultura popular galega.
En Galicia ditos populares como Cando canta o cuco ven o pan ó suco relacionan esta ave coa primavera e as tarefas do agro.
- Léxico
- Mel de cuco: planta cuxa flor lamben os meniños pola substancia doce, como mel, que acumula.
- Mel de cuco: zume extravasado e coagulado no tronco de cerdeiras, ameixeiras e pexegueiros [69].
- Refraneiro
- Cando canta o cuco logo vén o grau ó suco [70].
- Coa chegada do cuco vén o pan ó suco [70].
- Desde que vén o cuco, fóra o pulpo [20] [71] [72] .
- En abril sae o cuco do cubil.
- Entre marzo e abril o cuco ha de vir.
- Entre marzo e abril, o cuco, ou a fin.
- Muller que do cuco fiou, ou era moi burra ou cucar desexou.
- O cuco a cucar, a rola a rolar, colle o cestiño e vai sementar [73].
- O día de san Benito sae o cuco do seu sitio [74].
- O home cuco vive do home burro.
- Se, entre marzo e abril, o cuco non vén, é que o cuco é morto ou a fin quere vir [75].
- Cantigueiro
- As miniñas de Rianxo/ pagan as rentas ó cuco;/ eu, como son rianxeira,/ tócall'o pito, Farruco [76].
- Canta o cuco e maila lebre,/ o reiseñor e maila ran,/ canta ti, miña primiña,/ canta ti co meu irmán [13].
- Canta o cuco e maila ran,/ o reiseñor maila lebre,/ canta rapaciña, canta,/ canta que ben che convenche [13].
- Catro aves escollidas/ son as que pasan o mar:/ o cuco e maila anduriña,/ a rula i o paspallás [9].
- Catro aves voadoras/ son as que pasan o mar:/ a anduriña e mailo cuco;/ a rula i o paspallás [4]</ref> [9].
Como xa se dixo ó falar do corvo, tamén se considera a curuxa –como tódalas aves rapaces nocturnas- como un animal de mal agoiro, e anuncia unha morte próxima cando voa ou gralla nas proximidades dunha casa onde hai unha persoa enferma [77]. De aí o nome que se lle dá de paxaro da morte.
Tamén se cre que entra nas igrexas, atraída pola luz das lámpadas, a beber o aceite que conteñen.
- Léxico
- Curuxa é un dos nomes populares do peixe coñecido como sollo ou curuxo (coas variantes caruxo, coruxo e cruxo) (Scophthalmus rhombus) [78].
- Curuxa: nome do bugallo do carballo, así chamado porque, facéndolle un burato, se converte nun chifre que emite un son semellante ó berro da curuxa [79].
- Locucións
- Sai a curuxa ó seu souto [80].
- Verlle o cu á curuxa: atoparse alguén nun grave apuro [1].
- Xa viu os ollos á curuxa: dise da persoa afeita a tódalas adversidades, que está de volta de todo [81][82].
- Refraneiro
- Auga noitega, curuxa tardega [83]..
- Cregos, frades, curuxas e choias, dou ó diaño esas catro xoias [48] [84].
- Curuxa noiteira, malladores á eira [81].
- Curuxa tardega, auga noitega [81].
- Cantigueiro
- A vida da miña vida,/ canta a curuxa no souto;/ se falandes de cantares/ como o Palmela n’hai outro [9] [85].
- Canta a curuxa no souto:/ coitadiño do que espera/ polo que está nas maus doutro! [9].
- Se canto, son unha tola,/ se non canto, unha curuxa,/ se me lavo, unha profana,/ se me non lavo, unha sucia [9].
- Estorniños e pardales, todos queren ser iguales [86].
- Máis vale un día alegre con medio pan, que un triste cun faisán.
- En xaneiro, nin galgo leboreiro nin falcón perdigueiro.
- O azor, no pau, i o falcón, na mau [87].
- Xaniño, Xaniño, Xan,/ perniñas de gavilán,/ andas engañando as nenas/ domingo pola mañán.
Entre a sinonimia desta ave temos os nomes de pega meiga (en Moraña), pega marceña (A Estrada), pega marza (común) e galo cresto (Becerreá).
O primeiro destes nomes, pega meiga, obedece á capacidade que se lle atribúe de prognosticar o futuro, como tamén á pega común: se a vemos arrancar o voo cara a dereita, anuncia boa sorte, pero se o fai cara a esquerda agoira mala sorte [88].
Co nome de gaio cereixeiro desígnase ó ouriolo [89].
- Refraneiro
- Din que o viño que nace no maio que o bebe o gaio.
- En maio, xa leva as cereixas o gaio [90].
- Pola Santa Cruz de maio tapa o souto o rabo do gaio.
Martín Sarmiento propuxo que, do mesmo xeito que noutras partes de España se comían os ovos e a carne das gaivotas, tamén se deberían aproveitar en Galicia: "Y habiendo en las costas de Galicia tantos millones de gaviotas, se podrán escabechar en Galicia a millares" [91].
- Locucións
- Comer coma unha gaivota: comer ás presas, engulir a comida [92].
- Refraneiro
- A muller e a gaivota, canto máis vella máis tola [93].
- Cando a gaivota anda á gravisela, mal pra nós e fame pra ela [94][95].
- Cando a gaivota busca unha figueira, anuncia tempestades desa maneira.
- Cando a gaivota vai para terra, xa non neva; cando vai para o mar, vai nevar [21].
- Cando as gaivotas bailan a muiñeira, hai que garda-lo millo na eira [21].
- Coma a gaivota, que canto máis vella vólvese máis tola [96].
- Gaivotas en terra, mariñeiro na taberna [97] [98].
- Gaivotas á terra, mariñeiros á merda [21].
- Gaivotas en terra, mariñeiros á merda.
- Gaivotas na serra, mariñeiro na terra; gaivota no mar, mariñeiro a pescar [20][21].
- Onde haxa pesca gaivotas verás [21].
- Artigo principal: A galiña na cultura popular galega.
- A galiña da miña veciña pon máis ovos que a miña.
- A galiña na casa rica, sempre pica.
- A galiña nada no xaneiro pon o ovo no colmeiro.
- A galiña non pon do galo senón do papo.
- A galiña non pon polo galo, senón polo papo.
- Pola Candelaria cásanse os paxariños e vaise a galiñola.
En castelán denomínase graja ou grajo, e de aí o nome de graxos das Burgas con que se coñecía ós mozos de Ourense que se dedicaban a repañar canto atoparan de valor, en pequenos e continuos roubos na cidade (véxase a sección de cultura popular en Gralla grande).
- Meu divino san Vicente,/olliños de lagarteiro,/moito me alegras, meu santo,/o vintedous de xaneiro.
Crese que intentou socorrer a Xesucristo cando estaba cravado na cruz, levándolle auga no peteiro, e, como agradecemento, recibiu o don de facer felices ás mozas. Se o día de San Xoán deixaba caer unha gota de auga que levara no pico sobre unha moza que se bañara antes de saír o sol, esta sería feliz o resto da súa vida [100].
A lavandeira debe o seu nome popular ó continuo movemento do rabo. Tamén se a coñece baixo os nomes vulgares de albardeira, costureira, labradora, lavandisca, pasturiña, paxariño da neve, rebandoira [101].
- Cantigueiro
- Polo san Matías cantan as chichurrías e dá o sol polas umbrías [103].
- Polo San Matías xa cantan as cotovías.
Ríos Panisse recolle de Corominas a suposición de que debe o nome popular ó feito de emigrar en novembro, por San Martín, pero rexeita esta hipótese por tres razóns: porque psicoloxicamente sempre ten máis importancia a chegada das aves migratorias (que neste caso sería en marzo) que a marcha; porque moitas outras aves migran tamñén na mesma época, sen que tomen o mesmo nome; e, sobre todo, porque realmente o martiño peixeiro non é unha ave migratoria, aínda que faga algúns movementos cara ao sur, feito que podería explicar unha maior abundancia en España a partir de novembro, quizais relacionada co fenómeno do verán de San Martiño.[34]
- Merlo peixeiro, merlo troiteiro, merla truteira: martiño peixeiro.
- Paxaro culao, paxaro mariñeiro: martiño peixeiro [34].
Alcúmase de mascato ó home aparvado, simple [105].
- Léxico
- Merlo garleiro: vichelocrego, ouriolo (Oriolus oriolus) [107].
- Merlo peixeiro, merlo troiteiro, merla truteira: martiño peixeiro (Alcedo atthis).
- Merlo rieiro, merlo arrieiro merlo troiteiro: merlo acuático (Cinclus cinclus).
- Locucións
- Armarlle ó merlo (a alguén): seducir, enganar a alguén para conseguir un obxectivo. Tamén, acabar coa paciencia do outro expoñéndose a que este termine saltando [107][108].
- Refraneiro
- Viva Dios e cante o merlo, que tras do vrau vén o inverno [107].
- Cantigueiro
- Canta tu, gorxa de sílgaro,/ que a do merlo xa cantou;/ o cantar é alegría,/ eu xempre a cantar estou [9].
- Eu ben vin esta-lo melro/ dende salgueiro en salgueiro,/ casa eiquí, casa aculá,/ o melro xempre solteiro [9].
- No outro lado do río/ ouvín cantar unha melra;/ éche a miña queridiña/ que anda segando na herba [9].
- O melro canta na viña,/ o reiseñol no loureiro,/ os cregos cantan na igrexa/ serven a Dios por diñeiro [9].
- O merlo e maila merla/ ían polo prado abaixo,/ a merla como é pequena/ escorreu, caieu debaixo [68].
- Recitados
- Foi a merla onde a formiga/ e pedíulle un pan prestado;/ a formiga lle repuxo:/ Mentras andas na silveira,/ chirlo merlo, chirlo merlo,/ traballa de vrau/ pra comer de inverno [109].
Crese que se un home se coloca a cabeza dun miñato sobre o seu estómago, será querido por todos, especialmente polas mulleres. Tamén, que se se colga a cabeza do miñato no pescozo dunha galiña, esta botará a correr e non parará ata sacarlla, ou que se frota a crista dun galo co sangue dun miñato, o tal galo non cantará nunca máis [110].
Recibe tamén os nomes de bexato, bouxato, buxato, buxarelo, bouxarelo.[111]
E dá o nome de miñato a unha variedade de escacho (Trigla lucerna).[56]
- Refraneiro
- Mal anda o miñato cando ten as aas rotas e o papo sano.[110]
- O miñato ponse fraco vendo os paxaros e cobizándoos [110].
- Cantigueiro
- Miña nai doume unha tunda/ E despois doume dous bicos:/ Miña nai é agarimosa/ Como o bexato cos pitos [112].
- Recitados
- Bexato, bexato,/ ¿Qué levas no papo?/ -Leite callado./ -¿Quén cho callou?/ -Marica do Rey/ -Cálate, cálate,/ Que eu llo direi [113].
A denominación de moucho aplícase, ademais da ave, a dous crustáceos:
- O santiaguiño (Scyllarus arctus), en Portonovo [56]. Ríos Panisse atribúe a orixe do nome no tamaño da cabeza deste animal, que o asemella a un moucho.
- Moucho bravo designa a galatea (Galathea strigosa), tamén en Portonovo, polas mesmas razóns. A peor calidade deste segundo en comparación co primeiro explica o cualificativo de bravo [56].
Igualmente, co nome de moucho designa un peixe, a lorcha (Ophidion barbatum), sen que Ríos Panisse atope explicacións [56].
- Refraneiro
- Cada moucho no seu souto [114].
- Cada moucho ó seu souto e cada rato ó seu burato, es hora de irse cada uno para su casa [109].
- Moito pode o moucho no seu souto [114].
- Moucho!, damo e doucho [114].
- Cantigueiro
- Eu ben vin, birimbón,/ esta-lo moucho, laroucho,/ da cabalo, larendo, derredor,/ coa escopeta, lareta,/ debaixo do brazo, larazo,/ deprendendo, larendo,/ a cazador [9].
- Eu ben vin esta-lo moucho/ de rodillas dun penedo;/ anque remele-los ollos/ a ti non che teño medo [9].
- Eu ben vin esta-lo moucho/ enriba daquel penedo / Non che teño medo, moucho./ Moucho, non che teño medo [9].
- Eu ben vin esta-lo moucho/ por riba dun prexigueiro/ cunha subela na mau/ deprendendo a zapateiro [9].
- Moucho que estás no penedo,/ eres de cartón,/ non che teño medo [9].
O número de nomes que recibe o ouriolo en Galicia é elevadísimo:
- auriolo, cregoleón, domingo lirón, figo maduro, gaio, gaio cireixeiro, gaviao, maranteu, maría píndula (porque fai os niños colgantes), milleiro, milpéndora, milpréndiga, mingoleirón, nicolao (onomatopéico), oriol, papafigo, pito marelo (pola súa cor marela), refaixeiro, ringaleirón, romirón, turulurú, vichelocrego (quizais polo negro das ás) [115].
- Gaio cereixeiro: ouriolo [116].
- Refraneiro
- Leiracho lereu, por san Xurxo no centeu [117].
Sinonimia: paparrubio, paporroi, paporroibo, paporroxo, paporrubio.
- O pisco e maila carriza/ trataron unha beillada,/ cando o pisco daba voltas/ a carriza punteaba.
- Quen fora reichiño ruibo/ pra cantar na túa figueira,/ pra non saír do teu horto/ e aniñar na túa silveira! [118].
- Léxico
- Pardal do mar: peixe máis coñecido como muxo (Mugil cephalus). Ríos Panisse supón que o nome provén do costume de moverse gregariamente, como as bandadas de pardais [56].
- Refraneiro
- Cada gorrión quer o seu espigón [119].
- Cada pardal co seu igual [86].
- Estorniños e pardales, todos queren ser iguales [86].
- Máis que cen de pardal, vale unha de asnal [86].
- No Nadal hai veces que se come ó pardal.
- Por medo ós gorrións, non quedan sin sementar os leirós [119].
- Cantigueiro
- Cando se pon a pardela a espiollar non tarda un día o vendaval.
- Cando se pon a pardela a espiollar venta o vendaval.
- Xuntanza de pardelas, mal tempo ou néboa [21].
Sinonimia: Cascallás, pantallá, pantallás, parpallá, parpallán, parpallás, parpalliz, pascuallá, paspallá, paspallar, paspalleta, paspalló, pazcuallá, pazpallá, pazpallar, pazpallaz, pazpallota, pazparallaz [45].
Corre a lenda de que cando as tropas de Herodes perseguían á Sagrada Familia na súa fuxida a Exipto, atoparon un pimpín e preguntáronlle se os vira pasar. Este contestou "pin, pin; por aquí non vin", coa idea de que non os atoparan. Máis alá atoparon un paspallás e volvéronlle a preguntar, ó que este contestou "paspallás, por aí bien vas". Por este motivo, os rapaces respectan os niños do pimpín, e coidan de que ninguén os toque, mentres que van polos niños do paspallás sen remorso ningún [120].
- Cantigueiro
- Catro aves escollidas / son as que pasan o mar: / o cuco e a andoriña, / a rula i o paspallás [9].
- Catro aves voadoras / son as que pasan o mar: / a anduriña e mailo cuco, / a rula i o paspallás [4] [9].
- Eu ben vin esta-lo cuco/ enriba dun paspallás./ Se foi verdá, ou mentira/ mira a min que se me dá [121].
- Tres avechuchos/ pasan o mar:/ o cuco, a rula/ i o paspallás [9].
Co nome de pato desígnanse diferentes especies de anátidos e outras aves mariñas, pero tamén animais doutros grupos zoolóxicos.
- Pato, pato de mar, pato do mar, pato mariño: pentumeiro (Melanitta nigra) [34].
- Pato, pato de mar: corvo mariño (Phalacrocorax sp) [34].
- Pato de area: centola (Maja squinado) xuvenil que se achega á costa cando hai treboadas [56][122].
- Piollo pato: piollo que parasita o pube humano e, eventualmente, as axilas e as pestanas (Pthirus pubis).
- Pato da area: pulga de area ou pulga de praia (Talitrus saltator) [56].
- Refraneiro
- O pato e o leitón, canto máis axiña vai á cazola, millor [122].
- O pato ha de estar mantido pola man do escaso [122].
- O polo, cada ano; e o parrulo, cada tres ou catro [123]
- Cantigueiro
- Tes un andar de pato/ e un meneo de pomba/ i un salero que te partes/ i unha lengoa enganadora [9].
A pega está considerada como ave de mal agoiro, por grallar e comer carniza. En Moraña cren que se, ó ir por un camiño, sae pola dereita, é sinal de boa sorte, pero se sae pola esquerda agoira mala sorte [124].
Recibe tamén os nomes de pega rabilán, pega rabilonga, pega rabilarga e pega rabuda, polo longo rabo característico; de pega lagarteira, por comer estes réptiles; e de pega carracheira, pega carrachenta ou pega porca, por comer carniza [125].
Outro córvido, o gaio (Garrulus glandarius), recibe estes nomes derivados: pega carniceira, pega carnizá pega da fraga, pega marcha, pega marxa, pega marza, pega reboldá, pega rebordá, pega rebordán, pega rebuldán, pega rebuldana, pega reburdá ou pega retordá [45].
Chámase ollo de pega a unha calosidade que se forma nas dedas dos pés [109].
E pan de pega ou pan pego á posta de ovos da barbantesa (Mantis religiosa)[109].
- Refraneiro
- Cregos, frades, pegas e choias, dou ó demo istas catro xoias [5] [126].
- Dame unha pega sin mancha, dareiche unha maza sin chata [127].
- Dí a pega, e todos dín dela [127].
- Díxolle o corvo á pega: bótate alá, que eres negra [53].
- Non hai pega sin mancha negra [127].
- Onde a pega ten o ollo, alí ten o seu ovo [127].
- Quen anda ás pegas atópaas brancas e negras [127].
- Tanto pica a pega no trobisco, que creba o pico [127].
- Cantigueiro
- Léxico
- Pataca de ollo de perdiz: variedade de pataca redonda e cos ollos vermellos [128].
- Refraneiro
- A perdiz no xaneiro caga pró escopeteiro.
- Ano de saltón, ano de perdigón [129].
- O coello, por san Xoán, e a perdiz por Navidá.
- Das carnes o carneiro, dos peixes o mero, das aves a perdiz e mellor a 'codorniz' e se o porco voara a todos lle ganara.
- Cantigueiro
- A perdiz anda no monte/ i o perdigón no balado;/ eu nunca che dixen nada,/ nunca fuches enganado [9].
- A perdiz que anda no monte/ de tódalas herbas come;/ o donaire dunha nena/ tres días mantén a un home [9].
- Debaixo da túa ventana/ ten a perdiz o seu niño;/ eu, como son perdigón,/ a tu reclamo he venido [9].
- Eu esquirbinche unha carta/ na ala dunha perdiz:/ e mandáballe lembranzas/ ás mozas de Zabariz [9] [130].
- Eu esquirbinche unha carta/ nas alas dunha perdiz:/ que tu non has de negar/ que es mozo de Zabariz [9].
- Ó cura de Baños,/ olliños de perdigón,/ cando vai deci-la misa/ xempre lle cai o calzón [9] [131].
- Pasei pola túa porta,/ coma un perdigón cantando;/ desvelo da miña vida,/ que xempre me andas lembrando [9]
- Quen che me dera ter alas/ como teñen as perdices/ para saber se son certas/ as palabras que me dices [9].
- Se eu fora cazador/ e tivera unha escopeta/ cazaría unha perdiz/ desas que gastan peineta [9].
Recibe tamén os nomes de pimpinela e pimpiña [132].
Véxase na sección do paspallás a lenda desta ave e mailo pimpín.
Considérase símbolo do amor entre os cónxuxes, pola fidelidade que se gardan machos e femias cando conforman unha parella, pero tamén ten connotacións lúgubres e demoníacas, ó esculpirse con frecuencia nas sepulturas [133].
- Léxico
- Pomba: planta, herba dona ou pé de galiña (Fumaria officinalis) [43].
- Herba da rula: planta, milfollas ou herba dos carpinteiros (Achilleae millefollium). Segundo Martín Sarmiento chámase así porque aparece baixo as viñas despois da cava, coincidindo co tempo das rulas, que andan entre estas plantiñas [134].
- Pedra pomba: Sarmiento di que así chaman á pedra pómez en Marin, onde disque aparecen na beiramar [135].
- Pomba: persoa apacible e de carácter doce [133].
- Locucións
- Miña rula: expresión de cariño e tenrura dirixida a unha meniña ou, máis normalmente, á muller amada; adoita empregarse en diminutivo, miña ruliña [136].
- Refraneiro
- Cando a rula comenza a rular, colle o fol e vai sementar [136].
- En pombas e en abellas nunca metas o que teñas.
- O cuco a cucar, a rola a rolar, colle o cestiño e vai sementar [73].
- Se en marzo non canta o cuco, nin en abril a bubela, e a ruliña non rulea, mala cosecha se espera.
- Cantigueiro
- A aquela pombiña blanca/ que anda no fondo da eira/ non me lle tíre-lo tiro/ que é a miña compañeira [9].
- A rola anda arrolando/ por riba dun bido seco/ que lle levaron o niño/ as mozas de Rioseco [9] [137].
- A rola vai arrolando/ que lle levaron o niño;/ non o figueras ti, rola,/ tan á beira do camiño [9].
- A rola vai arrolando/ que lle levaron os ovos;/ non os puxeras ti, rola,/ tan á beira dos meus ollos [9].
- A rula desque é viuda,/ nunca pensa en ser casada,/ nem pousar en ramo verde,/ nem beber en agua crara [138].
- Adios, ‘paloma hermosa’,/ quen te pudera levar/ no bolsillo do chileque/ como o papel de fumar [9].
- Baixai abaixo, pombiñas,/ baixai abaixo e falaime,/ e se a morte vos merezo/ eiquí me tendes, mataime [9].
- Canta a rula, canta a rula,/ canta no niño da pega:/ non sei se será sinal/ de que vén a morte negra [9].
- Canta a rula, canta a rula,/ metida nunha gaiola;/ pra te bulrares de min/ cómpreche un ano de escola [9].
- Canta a rula, canta a rula,/ por riba dunha figueira;/ a rula canta i eu choro/ por no’atopar quen me queira [9].
- Canta, miña rula, canta/ que che hei mercar un vestido;/ pon o curazón alegre/ do teu amor tan querido [9].
- ¡Canta rula, canta rula,/ alá se doi naquel souto...! / ¡Coitadiño do que espera/ polo que está na man doutro [139].
- Canta rula, canta rula,/ canta rula naquil souto,/ coitadiño do que agarda/ polo que está nas maus doutro [9].
- Canta rula, canta rula,/ por riba daquil valado;/ as mulleres antre os homes/ é un gado mal gardado [9].
- Canta rula, canta rula,/ por riba daquil penedo,/ non quero tomar amores/ con ningún mociño feo [9].
- Canta rula, canta rula,/ por riba dun castiñeiro;/ xa non quero máis amores/ con ningún mozo gaiteiro [9].
- Cásate cunha morena/ que son pombiñas sen fel;/ ten o curazón de ouro/ i os labios saben a mel [9].
- Castellanos de Castilla,/ que lle fagués aos galegos, que iles van como palomas/ e vén coma corvos negros? [9].
- Catro aves escollidas / son as que pasan o mar: / o cuco e a andoriña, / a rula e o paspallás.
- Catro aves voadoras / son as que pasan o mar: / a anduriña e mailo cuco, / a rula i o paspallás.
- Dame un traguiño de viño/ para molla-la garganta,/ cantareiche como a rula,/ verás como a rula canta [9].
- Din que a reiña está preñada,/ que ten a barriga dura,/ ¡vai traer para Maio/ un corvo e mais unha rula! [68].
- Din que a reina esta sentada/ que ten a barriga dura:/ ¡vai traer para Maio/ un corvo e mais unha rula!
- Do outro lado do río/ ten meu pai un castiñeiro;/ pensa que lle tira ás rolas/ e tíralle aos carballeiros [9] [140].
- Eu esquirbinche unha carta/ na ala dunha paloma:/ lévalle moitas lembranzas/ ás mozas de Santa Comba [9] [141].
- Gracias a Dios que cheguei/ onde non pensei chegar:/ a che da-las boas noites,/ pombiña, no teu pombar [9].
- Heiche mercar, miña rula,/ un cantariño marelo:/ ha de saber todo o mundo/ que vivir sen ti non quero [9].
- María, paloma mía,/ irmán do meu corazón,/ serafín do meu alvidro,/ morte da miña pasión [142].
- Paloma que vas voando/ i as plumas che van caíndo,/ solo quixera saber/ o que me ibas decindo [9].
- Palomiña encantadora,/ olla que son cazador;/ se che eu non tiro un tiro/ morrereime de delor [9].
- Pombiña sen fel/ miña filla é:/ ten tino, Francisco,/ que ela anda á boa fe [9].
- Por eiquí pasou a rola/ e mailo arrolador,/ tamén pasou Antoniño,/ ollos de namorador [9].
- Tes un andar de pato/ e un meneo de pomba/ i un salero que te partes/ i unha lengoa enganadora [9].
Recibe tamén os nomes de reiseñor, reisinol, resiñol, roisinol, rosinol, rusinol, ruxiñol [45].
- Cantigueiro
- Canta o cuco e maila lebre,/ o reiseñor e maila ran,/ canta ti, miña primiña,/ canta ti co meu irmán [143].
- Canta o cuco e maila ran,/ o reiseñor maila lebre,/ canta rapaciña, canta,/ canta que ben che convenche [144].
- O melro canta na viña,/ o reiseñol no loureiro,/ os cregos cantan na igrexa/ serven a Dios por diñeiro [9].
- O reiseñol cando canta/ mete o pico na silveira,/ tamén eu me adivertía/ cunha meniña solteira [9].
- Unha mazán vermelliña,/ picada dun reiseñor./ Quen a picou que a roia,/ que lle levou o millor [145].
- Abutre, butre: un dos nomes do voitre.
- Abutre: dise do home cruel, sanguinario, inhumano, pero tamén do que é un comellón, un lambón [146].
- Cantigueiro
- Cala, sílgaro, non cantes,/ que co teu canto me apenas,/ teño un amor en presidio/ atado con seis cadeas [9].
- Canta, silgariño, canta,/ e non pares de cantare:/ quero que as penas alivies/ desta triste soedade [9].
- Canta tu, gorxa de sílgaro,/ que a do merlo xa cantou;/ o cantar é alegría,/ eu xempre a cantar estou [9].
- Eu fun canario do rei/ e fuxinlle da gaiola/ i agora son pintasilvo/ dos freixos de Vilanova [9] [147].
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Victoria Cerviño Ferrín.
- ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. mañán.
- ↑ 3,00 3,01 3,02 3,03 3,04 3,05 3,06 3,07 3,08 3,09 3,10 3,11 3,12 3,13 3,14 Eladio Rodríguez González, s. v. paxaro.
- ↑ 4,00 4,01 4,02 4,03 4,04 4,05 4,06 4,07 4,08 4,09 4,10 4,11 4,12 4,13 4,14 4,15 4,16 Eladio Rodríguez González, s. v. ave.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 Saudade nº 3, maio 1943, 24-25.
- ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. home.
- ↑ 7,0 7,1 José María Pereda Álvarez.
- ↑ A Candeloria celébrase o 2 de febreiro.
- ↑ 9,00 9,01 9,02 9,03 9,04 9,05 9,06 9,07 9,08 9,09 9,10 9,11 9,12 9,13 9,14 9,15 9,16 9,17 9,18 9,19 9,20 9,21 9,22 9,23 9,24 9,25 9,26 9,27 9,28 9,29 9,30 9,31 9,32 9,33 9,34 9,35 9,36 9,37 9,38 9,39 9,40 9,41 9,42 9,43 9,44 9,45 9,46 9,47 9,48 9,49 9,50 9,51 9,52 9,53 9,54 9,55 9,56 9,57 9,58 9,59 9,60 9,61 9,62 9,63 9,64 9,65 9,66 9,67 9,68 9,69 9,70 9,71 9,72 9,73 9,74 9,75 9,76 9,77 9,78 9,79 9,80 9,81 9,82 9,83 9,84 9,85 9,86 9,87 9,88 9,89 9,90 9,91 9,92 9,93 9,94 9,95 9,96 9,97 9,98 Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa, 1973.
- ↑ Variante da máis coñecida "A saia de Carolina...".
- ↑ A orixe desta cantiga é portuguesa, lingua na que penas significa plumas.
- ↑ Xosé Ramón Fernández-Oxea: Santa Marta de Moreiras, 217.
- ↑ 13,0 13,1 13,2 13,3 13,4 13,5 Fermín Bouza Brey: Cantigas populares da Arousa, 1929.
- ↑ Aníbal Otero, s. v. canabeira. Aníbal Otero identififica a canaveira coa cicuta. Pode ser unha denominación local pero o significado común é cana (Arundo donax) que, precisamente, abunda nas beiras dos ríos.
- ↑ Xaquín Lorenzo explica que Rebolar era un terreo na serra do Leboreiro, próximo á parroquia de San Xes de Vilariño no concello de Lobeira; e engade que A Molar era un lugar da mesma parroquia, pero hoxe non aparece no Nomenclátor.
- ↑ Eladio Rodríguez González, s.v. galiña.
- ↑ Constantino García González (1985): Glosario de voces galegas de hoxe, Universidade de Santiago, Verba, anexo 27.
- ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. azor.
- ↑ Xosé Moreiras Santiso: Os mil e un refrás galegos do home, Ed. do autor, Lugo 1977; Xosé Moreiras Santiso: Os mil e un refráns galegos da muller, Alvarellos, Lugo 1978; Federico Zamora Mosquera: Refráns e ditos populares gallegos, Galaxia, Vigo 1972; ; Xosé María Álvarez Blázquez: O libro da caza. Colección O Moucho 14. Edicións Castrelos, Vigo 1972 (2ª ed).
- ↑ 20,0 20,1 20,2 20,3 Clodio González Pérez, Refraneiro do mar.
- ↑ 21,0 21,1 21,2 21,3 21,4 21,5 21,6 21,7 Lino Lema Bouzas (compilador): Ditos e cantigas mariñeiras. I Encontro de embarcacións tradicionais, Galicia 1993.
- ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. galo.
- ↑ 23,0 23,1 23,2 23,3 23,4 Eladio Rodríguez González, s. v. bubela.
- ↑ Real Academia Galega 1913, s. v. bubela.
- ↑ O cuco e a bubela volven a Galicia nas súas migracións na mesma época, por iso quen escoita un, escoita a outra. Parouvela non se recolle nos dicionarios.
- ↑ Francisco Javier Rodríguez: Diccionario gallego-castellano (1854): No se le oye sino para anunciar lluvia pronta, y es un barometro seguro que da agua pronta; Juan Cuveiro Piñol: Diccionario gallego (1876): su canto es anuncio de mal tiempo ó lluvia.
- ↑ 27,0 27,1 Eladio Rodríguez González, s. v. carrizo.
- ↑ Frei Martín Sarmiento: Obra de 660 pliegos (1762): "Los muchachos tienen unas devotas supersticiones en virtud de las cuales casi veneran al carrizo y no le harán daño ni le desharán su nido".
- ↑ Eladio Rodríguez González, s.v. tinque e s.v. chasco.
- ↑ Aníbal Otero Álvarez: "Hipótesis etimológicas referentes al gallego-portugés", en Cuadernos de Estudios Gallegos XIII, 1949, 171-200.
- ↑ 31,0 31,1 Adela Leiro Lois (dir.): Cambados: a tradición oral. Colexio Público Castrelo. Cambados 1986.
- ↑ Frei Martín Sarmiento: Obra de 660 pliegos.
- ↑ Eladio Rodríguez, Franco Grande.
- ↑ 34,0 34,1 34,2 34,3 34,4 34,5 Ríos Panisse 1983.
- ↑ José María Pereda Álvarez: "Aportaciones léxicas y folklóricas al estudio de la lengua gallega", en Douro Litoral, 1953, VII-VIII, pp. 19-52. Localízao en Verín.
- ↑ O pisco é o paporroibo.
- ↑ 37,0 37,1 Xosé Ramón Fernández-Oxea: "Cancionero y refranero de Corme", en RDTP 1951. San Pedro de Barizo é unha parroquia do concello de Malpica de Bergantiños.
- ↑ Benito Losada, citado no Diccionario da Real Academia Galega 1913, s. v. carrizo.
- ↑ Marcial Valladares Núñez 1884, s. v. cigoña.
- ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. cigoña.
- ↑ Constantino García González, s. v. cegoña; Elixio Rivas Quintas 2001, s. v. cegoña
- ↑ Marcial Valladares Núñez 1884, s. v. cigoña
- ↑ 43,0 43,1 E. Losada, J. Castro e E. Niño: Nomenclatura vernácula da flora vascular galega (1992).
- ↑ San Paio, 26 de xuño.
- ↑ 45,0 45,1 45,2 45,3 Constantino García González.
- ↑ Elixio Rivas Quintas (1988). Recollido aplicado especificamente á chasca.
- ↑ Elixio Rivas Quintas (1988). É dicir, xa está chocando.
- ↑ 48,0 48,1 Eladio Rodríguez González, s. v. crego.
- ↑ No orixinal: Gregos, se ben o refrán está alfabetizado no c.
- ↑ Francisco Porto Rey: Diccionario gallego-castellano, 1900; ed. de María Xesús Bugarín e Begoña González Rei, 2000. O colector explícao así: "Refrán que alude a los diezmos y otros impuestos que pesaban en otro tiempo sobre los campesinos y que contribuían a la mala reputación de los curas, que eran los que los cobraban".
- ↑ Vicente Risco: "Cultura espritual", en Historia de Galiza tomo I, 1962 (reed. Akal 1979, 416).
- ↑ Segundo Mariño Ferro, esta crenza xa fora recollida por Plinio o Vello.
- ↑ 53,00 53,01 53,02 53,03 53,04 53,05 53,06 53,07 53,08 53,09 53,10 53,11 53,12 53,13 Eladio Rodríguez González, s. v. corvo.
- ↑ Martín Sarmiento: Viaje a Galicia.
- ↑ Juan Cuveiro Piñol.
- ↑ 56,0 56,1 56,2 56,3 56,4 56,5 56,6 56,7 Ríos Panisse 1977.
- ↑ Elixio Rivas Quintas 2001, s. v. corvo.
- ↑ Eladio Rodríguez e Ríos Panisse.
- ↑ María do Carmo Ríos Panisse: Nomenclatura de la flora y fauna marítimas de Galicia. II. Mamíferos, aves y algas, Verba anexo 19, Universidade de Santiago 1983.
- ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. negro.
- ↑ Juan Sobreira Salgado: "Vegetables de Galicia", 1790, en J. L. Pensado Tomé: Opúsculos lingüísticos del siglo XVIII, Galaxia, Vigo, 1974, pp. 241-267. No orixinal: Cando o corbo canta, y o carballo zòa, Virgen nosa Señora, cáse sabe a broa!.
- ↑ Aníbal Otero: Vocabulario de San Jorge de Piquín. "Corvear" é grallar o corvo.
- ↑ A Santa Cruz de maio celébrase o día 3.
- ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. vindima.
- ↑ Aníbal Otero: Vocabulario de San Jorge de Piquín
- ↑ Eladio Rodríguez González, s.v. Santa Cruz.
- ↑ San Cristovo celébrase o 10 e o 25 de xullo.
- ↑ 68,0 68,1 68,2 Saudade nº 4, xullo 1943, 30.
- ↑ Aníbal Otero Álvarez (1977).
- ↑ 70,0 70,1 Eladio Rodríguez González, s. v. cuco.
- ↑ Lino Lema Bouzas, 4.
- ↑ O cuco chega a España entre marzo e abril.
- ↑ 73,0 73,1 Miguel Rubinos Conde.
- ↑ San Benito é o 11 de xullo.
- ↑ Elixio Rivas Quintas (1978).
- ↑ José Pérez Ballesteros, II, 54,17.
- ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. curuxa. Vicente Risco: Cultura espritual, 416.
- ↑ M. do Carme Ríos Panisse: Nomenclatura de la flora y fauna marítimas de Galicia. I. Invertebrados y peces, 1977, Universidade de Santiago, Verba anexo 7.
- ↑ Xosé Luís Franco Grande: Diccionario galego-castelán (1972).
- ↑ Juan Sobreira Salgado: "Vegetables de Galicia" 1790, en J. L. Pensado Tomé: Opúsculos lingüísticos del siglo XVIII, Galaxia, Vigo, 1974, pp. 241-267, s. v. souto.
- ↑ 81,0 81,1 81,2 Eladio Rodríguez González, s. v. curuxa.
- ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. ollo.
- ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. auga.
- ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. crego.
- ↑ O Palmela foi un poeta moi popular no século XIX, natural de Lobios.
- ↑ 86,0 86,1 86,2 86,3 Eladio Rodríguez González, s. v. pardal.
- ↑ Eladio Rodríguez González, s.v. 'azor.
- ↑ Elixio Rivas Quintas, 1978. O etnógrafo recolle a mesma crenza en Asturias: cando se vea unha pega hai que dicirlle: Pega, meiga, escaramochada, si non me das buena suerte, mátote mañana, e se sae voando pola dereita teremos boa sorte, pero se sae pola esquerda, será mala sorte.
- ↑ Elixio Rivas Quintas, 2001, s. v. galo.
- ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. maio.
- ↑ Martín Sarmiento: Obra de 660 pliegos (1762).
- ↑ Ramón Anxo Martíns Seixo.
- ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. muller.
- ↑ Gradicela, un dos nomes da estrela de mar. Eladio Rodríguez González, s. v. gaivota.
- ↑ Lino Lema Bouzas, 3. No orixinal: agravisela (probablemente, unha variante local –e con seseo- de gradicela), para.
- ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. gaivota.
- ↑ Refraneiro do viño, 38.
- ↑ A fonte recolle o refrán coa forma govotas.
- ↑ Porque ese comportamento prognostica que fará bo tempo. Lino Lema Bouzas, 3.
- ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. lavandeira.
- ↑ Constantino García González e Aníbal Otero.
- ↑ No orixinal: fun do mar. Engade Xaquín Lorenzo que, segundo Bouza Brey, se trata dunha fala de animais na que o paxaro chamado lavandeira dille ó labrego que ten que fiar o liño durante o inverno, mentres el migra ó mar; ademais debe facer que cada suco sexa un regeiro para asegurar que a planta estea sempre mollada.
- ↑ San Matías celebrábase o 24 de febreiro, aínda que recentemente foi trasladado ó 14 de maio.
- ↑ O millarengo é un paxaro máis coñecido como liñaceiro (Linnaria cannabina).
- ↑ 105,0 105,1 105,2 Eladio Rodríguez González, s. v. mascato.
- ↑ Santa Lucía, 13 de decembro. Lino Lema Bouzas, 8.
- ↑ 107,0 107,1 107,2 Eladio Rodríguez González, s. v. merlo.
- ↑ Victoria Cerviño Ferrín 2013.
- ↑ 109,0 109,1 109,2 109,3 109,4 Elixio Rivas Quintas: Frampas, contribución al diccionario gallego (1978).
- ↑ 110,0 110,1 110,2 Eladio Rodríguez González, s. v. miñato.
- ↑ Real Academia Galega e Eladio Rodríguez.
- ↑ Real Academia Galega 1913, s. v. bexato.
- ↑ Real Academia Galega 1913, s. v. bexato.
- ↑ 114,0 114,1 114,2 Eladio Rodríguez González, s. v. moucho.
- ↑ Real Academia Galega, Aníbal Otero Álvarez (Hipótesis).
- ↑ Elixio Rivas Quintas 2001.
- ↑ A fonte, Esmorís Recamán, describe o leiracho como un paxaro parecido á rula, de penuxe amarela verduxa e carne moi estimada. Ben pode tratarse do ouriolo.
- ↑ Manuel Leiras Pulpeiro: Cantares gallegos
- ↑ 119,0 119,1 Eladio Rodríguez González, s. v. gorrión.
- ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. pimpín, s. v. paspallás.
- ↑ Marcial Valladares Núñez. No orixinal: bèn, esta-l-o, d'un, fòi, á min.
- ↑ 122,0 122,1 122,2 Eladio Rodríguez González, s. v. pato.
- ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. polo.
- ↑ Elixio Rivas Quintas 1978. Rivas Quintas di que a mesma crenza corre por Cudillero, en Asturias, onde se sae voando cara á dereita indica boa sorte, ó contrario de se sae voando cara á esquerda; neste caso, para librarse do agoiro, hai que dicir este ensalmo: "Pega, mega, escaramochada, si non me das buena suerte, mátote mañana".
- ↑ Constantino García González, Elixio Rivas Quintas 1978.
- ↑ No texto: Gregos, se ben o refrán está alfabetizado no c.
- ↑ 127,0 127,1 127,2 127,3 127,4 127,5 Eladio Rodríguez González, s. v. pega.
- ↑ Constantino García González, s. v. pataca. En castelán chámase de ojo de gallo.
- ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. ano; Real Academia Galega 1913, s. v. ano.
- ↑ Ten que referirise a Sabariz, lugar da parroquia de San Xes de Vilariño, no concello de Lobeira.
- ↑ Refírese á parroquia de San Xoán dos Baños, no concello de Bande.
- ↑ Constantino García González, s. v. pimpín.
- ↑ 133,0 133,1 Eladio Rodríguez González, s. v. pomba.
- ↑ Martín Sarmiento: Catálogo de voces vulgares y en especial de voces gallegas de diferentes vegetables (1754-1758), ed. de J. L. Pensado Tomé (1986).
- ↑ Martín Sarmiento: Catálogo de voces y frases de la lengua gallega (1745-1755), ed. de J. L. Pensado Tomé (1973).
- ↑ 136,0 136,1 Eladio Rodríguez González, s. v. rula.
- ↑ Este Rioseco ten que ser lugar da parroquia de Santa Mariña de Rioseco, concello de Calvos de Randín.
- ↑ Martín Sarmiento: Colección de voces y frases de la lengua gallega (1746-1770), ed. de J. L. Pensado Tomé, 1970.
- ↑ Marcial Valladares Núñez. No orixinal: dòi, n'aquel, còitadiño d'o qu'espera po-l-o qu'está n'a man d'outro.
- ↑ Rolas ou rulas.
- ↑ Hai unha Santa Comba en Bande e outra en Lobeira. Non sabemos a cal das dúas se referirá a cantiga.
- ↑ Fermín Bouza-Brey: Paradela, 236. Alvidro significa arbitrio, segundo Rivas Quintas, que o recolleu en terras da Ulla e Paradela de Lugo (Frampas II).
- ↑ Fermín Bouza-Brey 1929, 167. No orixinal: mail-a, rán.
- ↑ Fermín Bouza-Brey 1929, 167. No orixinal: mail-a, rán.
- ↑ Marcial Valladares Núñez. No orixinal: mazan bermelliña, d'un, quèn, roya.
- ↑ Real Academia Galega 1913. s. v. abutre.
- ↑ O pintasilvo ou pintasilgo é o xílgaro.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- ANÓNIMO: Refraneiro do viño. 505 sentenzas recollidas do pobo, Edicións Castrelos, Colección O Moucho, Vigo 1968.
- BOUZA BREY, Fermín: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204.
- BOUZA BREY, Fermín (colector): "Novas cántigas e triadas da parroquia de Paradela, na terra da Ulla", en "Arquivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza", en Nós 96, 15.12.1931.
- CERVIÑO FERRÍN, Mª Victoria: "Fraseoloxía e paremioloxía de Sebil, 2", en Cadernos de Fraseoloxía Galega 15, 2013, 441-462.
- CUVEIRO PIÑOL, Juan: Diccionario Gallego, Barcelona 1876.
- GARCÍA GONZÁLEZ, Constantino: Glosario de voces galegas de hoxe, Verba, anexo 27, Universidade de Santiago 1985.
- GONZÁLEZ PÉREZ, Clodio: “O refraneiro do mar”, en Coloquio de etnografía marítima, cap. 12. Museo do Pobo Galego 1988, 137-147.
- LEMA BOUZAS, Lino (compilador): Ditos e cantigas mariñeiras. I Encontro de embarcacións tradicionais, Galicia 1993.
- LORENZO FERNÁNDEZ, Xaquín: Cantigueiro popular da Limia Baixa, Galaxia, Vigo 1973.
- Losada, E., Castro, J. e Niño, E.: Nomenclatura vernácula da flora vascular galega, Xunta de Galicia 1992.
- MARTÍNS SEIXO, Ramón Anxo: "'Perdóolle o mal que me fai polo ben que me sabe'. Unha aproximación aos campos semánticos da comida e da bebida na fraseoloxía galega", en Cadernos de Fraseoloxía Galega 15, 2013, 463-486.
- OTERO ÁLVAREZ, Aníbal: "Hipótesis etimológicas referentes al gallego-portugés", en Cuadernos de Estudios Gallegos XXXVI 1957.
- Aníbal Otero Álvarez: Vocabulario de San Jorge de Piquín, Verba anexo 7, Universidade de Santiago, 1977.
- PEREDA ÁLVAREZ, José María: "Aportaciones léxicas y folklóricas al estudio de la lengua gallega", en Douro Litoral 1953, 5ª série, VII-VIII, pp. 19–52.
- RAMÓN E FERNÁNDEZ OXEA, Xosé (BEN CHO SHEY): Santa Marta de Moreiras, Cadernos do Seminario de Sargadelos nº 41. Ed. do Castro, Sada 1982.
- REAL ACADEMIA GALLEGA: Diccionario gallego-castellano, 1913-1928.
- RÍOS PANISSE, M. do Carmo: Nomenclatura de la flora y fauna marítimas de Galicia I. Invertebrados y peces, Verba anexo 7, Universidade de Santiago 1977.
- RÍOS PANISSE, M. do Carmo: Nomenclatura de la flora y fauna marítimas de Galicia. II. Mamíferos, aves y algas, Verba anexo 19, Universidade de Santiago 1983.
- RISCO, Vicente: "Cultura espritual", en Historia de Galiza I, Bos Aires 1962 (reed. Akal, Madrid 1979).
- RIVAS QUINTAS, Elixio: Frampas, contribución al diccionario gallego, CEME, Salamanca 1978.
- RIVAS QUINTAS, Elixio: Frampas II, contribución al diccionario gallego, Alvarellos, Lugo 1988.
- RIVAS QUINTAS, Elixio: Frampas III, contribución al diccionario gallego, 2001, no Dicionario de Dicionarios.
- RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, Eladio: Diccionario enciclopédico gallego-castellano, Galaxia, Vigo 1958-1961.
- RUBINOS CONDE, Miguel: "Da roda para a piola: refráns e frases do sur de Galicia", en Cadernos de Fraseoloxía Galega 15, 2013, 487-502.
- Martín Sarmiento: Viaje que el Padre Sarmiento hizo a Galicia el año de 1745, ed. de J. L. Pensado Tomé, Universidade de Salamanca, 1975.
- Frei Martín Sarmiento: Catálogo de voces y frases de la lengua gallega (1746-1755), ed. de J. L. Pensado Tomé, Universidad de Salamanca 1973.
- Frei Martín Sarmiento: Obra de 660 pliegos (1762).
- Saudade. Verba Galega nas Américas. México 1942-1953. Ed. facsímile Centro Ramón Piñeiro 2008.
- VALLADARES NÚÑEZ, Marcial: Diccionario gallego-castellano, Santiago, Imp. Seminario Conciliar 1884.