As Vendas da Barreira, Riós, Riós

lugar da parroquia de Riós, no concello de Riós
(Redirección desde «As Vendas da Barreira»)

As Vendas da Barreira é un lugar da parroquia de Santa María de Riós, do concello ourensán de Riós, na comarca de Verín.[1] Segundo o IGE,[2] en 2023 tiña 90 habitantes (49 homes e 41 mulleres).

As Vendas da Barreira

Capela de Santo Amaro
ParroquiaRiós
ConcelloRiós
Coordenadas41°59′13″N 7°16′48″O / 41.98694444, -7.28Coordenadas: 41°59′13″N 7°16′48″O / 41.98694444, -7.28
Poboación90 hab. (2023)
editar datos en Wikidata ]

Xeografía editar

As Vendas da Barreira están situadas no espiñazo dunha longa cadea montañosa que orientada de oeste a leste e que partindo do val de Verín acada a altura de Fumaces e prolóngase, mantendo aproximadamente a mesma altitude (entre 850-950 metros), ata A Gudiña. Dende a aldea domínase cara ao norte o val do río Lamas, pechado polo Castro de Pedroso (non se trata dun castro senón dunha montaña). Cara ao sur, ábrese unha meseta a uns 800 metros de altitude na que se atopa Riós, a capital do concello.

Dende tempos remotos, As Vendas da Barreira foi un lugar de paso. O seu nome, seguramente, débese a unha parada de postas que puido existir no lugar. Pola aldea transcorría o Camiño Real que unía Castela con Ourense e, logo, coas Rías Baixas.

Seguindo o trazado do Camiño Real, construíuse a estrada Villacastín-Vigo, despois N-525, que aínda hoxe, logo do seu ensanchamento, segue transcorrendo polas Vendas. Durante a década 1990 construíse a autovía A-52. A división sálvase cunha ancha ponte que une as dúas metades da aldea e sobre que a transcorre a N-525, retrazada neste punto. Inmediatamente á saída desta ponte, a A-52 (en dirección á Gudiña e Castela) avanza por un alto viaduto sobre o lugar coñecido como Trancoso (probablemente unha deformación de Troncoso).

Economía editar

 
Pía bautismal canda á capela de Santo Amaro.

A economía é eminentemente agrícola e gandeira. Porén, o feito de se atopar ao pé da principal vía de comunicación do sur de Galicia con Castela significou que se desenvolvese un reducido mercado de produtos agrícolas que fornecía os viaxeiros e lles daba hospedaxe. Modernamente, a carón da N-525 desenvolveuse un limitado sector hostaleiro local, principalmente, no lugar das Ferreiras, inmediato ás Vendas. Alí está unha estación gasolineira e varios restaurantes, panaderías e carnicerías. Porén, a construción da autovía A-52 reduciu notablemente o fluxo de viaxeiros, que apenas paran actualmente no lugar. Moitos dos antigos negocios pecharon.

Poboación editar

O declive da poboación nas Vendas da Barreira é evidente. A poboación está moi avellentada (moitos habitantes superan os oitenta e aínda os noventa anos). Tradicionalmente sufriu unha intensa emigración cara ás Américas, Europa e, na Península Ibérica, cara a Vigo e Madrid. Historicamente, sábese de fluxos migratorios intensos co Norte de Portugal e con Lisboa.

Nos anos 1980, na aldea construíuse un grupo escolar no que estudaban o ensino xeral básico (EXB) os nenos e nenas de todo o concello de Riós. Aproximadamente eran un cento cando se inaugurou. Actualmente, o seu número é escaso e mesmo diminúe. O centro escolar ameaza co peche.

Lugares e parroquias editar

Lugares de Riós editar

Lugares da parroquia de Riós no concello ourensán de Riós

As Corvaceiras | As Ferreiras | Florderrei | Marcelín | Riós | Romariz | As Vendas da Barreira


Parroquias de Riós editar

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Riós

Castrelo de Abaixo (Santa María) | Castrelo de Cima (Santa María) | Fumaces e A Trepa (Santa María) | O Navallo (San Vicente) | Progo (San Miguel) | Riós (Santa María) | Rubiós (San Pedro) | Trasestrada (Santo Estevo)


Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar