Arturo Romano Pacheco

antropólogo mexicano

Arturo Romano Pacheco, nado na Cidade de México o 29 de setembro de 1921 e finado o 16 de marzo de 2015, foi un antropólogo, catedrático, académico e investigador mexicano.[1] Especializouse na antropoloxía física. Entre os seus traballos máis importantes salientan os estudos realizados ás osamentas de Pakal “o Grande”, a Raíña Vermella de Palenque, Eusebio Francisco Kino e especialmente o achado e identificación dos restos de Juana Inés de la Cruz.

Infotaula de personaArturo Romano Pacheco
Biografía
Nacemento29 de setembro de 1921 Editar o valor em Wikidata
Cidade de México Editar o valor em Wikidata
Morte16 de marzo de 2015 Editar o valor em Wikidata (93 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeMéxico Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Nacional Autónoma de México Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónantropólogo Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Realizou os seus estudos de bacharelato na Escola Vocacional do Instituto Politécnico Nacional. En 1942 ingresou á Escola Nacional de Antropoloxía e Historia. De 1946 a 1948 foi bolseiro do Instituto Carnegie. En 1949 foi bolseiro pola Universidade Nacional Autónoma de México (UNAM) para cursar un posgrao en paleomastozooloxía. En 1956 obtivo unha mestría cum laude en antropoloxía física coa tese Los restos óseos de la Cueva de la Candelaria, Coahuila.[2]

Primeiras investigacións editar

Colaborou co profesor Javier Romero Molina nalgunhas escavacións arqueolóxicas en Cholula, Puebla. En 1947 foi comisionado polo Instituto Nacional de Antropoloxía e Historia para realizar estudos e escavacións en Tlatilco, continuou traballando neste sitio anos máis tarde, en 1962 e 1969. Durante este lapso de tempo tamén realizou exploracións nos enterros de Azcapotzalco, así como en Tamuín, lugar onde colaborou co arqueólogo Wilfrido du Solier.

Nos primeiros anos da década de 1950 participou en exploracións en diversos estados da república mexicana para atopar restos de mamuts. Estabeleceu amizade cos doutores Pablo Martínez del Río e Manuel Maldonado-Koerdell, quen o influíron para participar nos estudos e investigacións sobre o poboamento de América.

Palenque e outras zonas arqueolóxicas editar

En 1951 e 1952 participou con Alberto Ruz Lhuillier e Eusebio Dávalos Hurtado na exploración do Templo das Inscricións coordinando a loxística do campamento. Cando se descubriu o sarcófago de Pakal “o Grande” regresou ó sitio para efectuar a fotografía antropolóxica da osamenta. Case corenta e un anos máis tarde, en 1994, colaborou no mesmo sitio con Fanny López Jiménez e Arnoldo González Cruz na fotografía e análise antropolóxica da Raíña Vermella achada no Templo XIII.[3]

Nas décadas de 1960 e 1970 participou en varias escavacións arqueolóxicas nos sitios de Yagul, San Juan del Río, Yólox, Zaachila, Isla Mata del Muerto e Isla de Jaina entre outras.

Notas editar

  1. "Muere el antropólogo físico Arturo Romano Pacheco". Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2015. Consultado o 25 de setembro de 2018. 
  2. "Dr. Arturo Romano Pacheco". Semblanza publicada en 1988 en La antropología en México. Panorama histórico (INAH) y en 1999 Cien años de antropología física en México por María Villanueva, Carlos Serrano y José Luis Vera (UNAM) 
  3. Malvido, 2009; 124-140