Artes marciais do Xapón

As artes marciais do Xapón son aquelas artes marciais que se orixinaron ou desenvolveron no Xapón. Nativamente, o asunto pode ser denominado por tres vocábulos básicos, bugei, bujutsu ou budo, que son usados case de modo indistinto ou coma sinónimos.[1][2]

Fotografía de finais do século XIX dun guerreiro xaponés de montaña e sacerdote (yamabushi) totalmente vestido e equipado, armado cunha naginata e tachi.

O núcleo ten a ver co termo "bu" (), e quer dicir "guerreiro", "marcial", demostrando a íntima relación do tema coas actividades das casta guerreiras, do samurais, que basicamente crearon, auxiliaron ou influenciaron nas varias modalidades de loita, que podían ser adestradas e executadas con armas ou non. O tema comporta as máis variadas formas de como se pode facer a guerra ou simplemente promover a auto-defensa. So o mesmo manto agasallanse judo e kenjutsu, que, a pesar de seren moi distinguidas, posúen unha orixe case común no adestramento regular dun samurai, o cal debía estar sempre preparado para defenderse, no caso de que tivese consigo unha espada ou non.[3]

A expresión define aínda as varias modalidades de deportes de combate xurdidas xa no século XX, ou na transición do século XIX para o XX, mais que non buscaban máis o desenvolvemento das habilidades de loita, senón pasaron a intentar a evolución do ser humano por completo por medio da disciplina marcial e do adestramento físico.[4][5]

Historia editar

A orixe histórica das artes marciais xaponesas pódese atopar na tradición guerreira dos samurais e o sistema de castas que restrinxían o uso de armas por membros das clases non guerreiras. Orixinalmente, o samurai era un guerreiro competente en moitas armas, así como no combate sen armas, e bsucaba o maior dominio posible de habilidades de combate co obxectivo de glorificarse a si mesmo ou ós seus vasalos. Co tempo, isto deu lugar a unha filosofía de acadar metas espirituais, esforzándose por perfeccionar as súas habilidades marciais.

Polo xeral, o desenvolvemento de técnicas de combate mestúrase coas ferramentas empregadas para executar devanditas técnicas. A historia do Xapón é un caso único polo seu relativo illamento, xa que en comparanza co resto do mundo, as ferramentas de guerra xaponesas evolucionaron amodo. Moitos estudosos coidan que isto posibilitou que a clase guerreira tivese a oportunidade de estudar as armas con maior detemento ca outras culturas. Porén, o ensino e a formación destas artes marciais evolucionou, primeiro coas condicións no campo de batalla, (tiro con arco dando forma á espada, dando paso á lanza), a continuación, a través dun longo período de paz, e finalmente nos tempos modernos. Co tempo, déronse dúas tendencias definidas das artes marciais do Xapón: primeiro houbo unha crecente especialización no manexo das armas, e o entendemento da arte da guerra, e en segundo lugar, moitas das artes evolucionaron cara a prácticas máis pacíficas e tomaron as ensinanzas do budō.

Notas editar

  1. Lind, Werner (1996). "7". En Mediterranee. Budo. La via spirituale delle arti marziali (en italiano). Roma. 
  2. Costa, Cosimo (1999). Mediteranee, ed. Ju-jitsu. La «Dolce arte» dalle origini al mizu ryu (en italiano). Roma. p. 33. 
  3. Ratti, Oscar; Westbrook, Adele (2004). Paidotribo, ed. Secretos de los samurai (en castelán). Barcelona. pp. 16–19. 
  4. Higaonna, Morio (2008). Paidotribo, ed. Karate-do Tradicional. Técnicas Básicas (en castelán) 1. Barcelona. p. 12. 
  5. Villamón, Miguel (2005). Hispano Europea, ed. Introducción al judo (en castelán). p. 68. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar