Arteria toracoacromial

A arteria toracoacromial é unha arteria do membro superior humano pertencente á axila. É unha rama colateral da arteria axilar, que sae xusto por detrás do bordo medial do músculo pectoral menor. Rodea pola parte superior a este músculo e fura a fascia clavipectoral. Despois de furala divídese en catro ramas: pectoral, deltoidea, clavicular e acromial, que abastecen de sangue a parte anterior da axila e as rexións achegadas.

Arteria toracoacromial
Arterias ao redor da cintura escapular.
Gray's pág.588

A rama pectoral contribúe á irrigación da mama, e a rama deltoide pasa polo triángulo clavipectoral, onde acompaña á vea cefálica e abastece ás rexións adxacentes.

Bibliografía editar

  • Gray. Anatomy of the human body (en inglés). Edición de 1918 de dominio público.