Artemisia Gentileschi

Pintora barroca italiana

Artemisia Lomi Gentileschi, nada en Roma o 8 de xullo de 1597 e finada en Nápoles contra 1654, foi unha pintora caravaggista italiana coñecida como Artemisia. Filla do pintor toscano Orazio Gentileschi (1563-1639) , viviu na primeira metade do século XVII. Agostino Tassi foi o seu mestre de debuxo.

Artemisia Gentileschi
Self-portrait as the Allegory of Painting by Artemisia Gentileschi.jpg
Autorretrato como alegoría da pintura. Royal Collection, Windsor. Londres.
NomeArtemisia Lomi Gentileschi
Nacemento8 de xullo de 1596
 Roma
Falecemento1654
 Nápoles
Cónxuxe(s)Pierantonio Stiattesi
EidoPintura
MovementoBarroco
Na rede
Musicbrainz: 22b17a10-da61-4415-837f-b94de0645cce Discogs: 5688888 Find a Grave: 28032448 Editar o valor em Wikidata
Gentileschi, Artemisia - Signature.svg
editar datos en Wikidata ]

O seu pai, seguidor do naturalismo tenebrista de Caravaggio,[1] cedeulle en herdanza o seu obradoiro,[1] e influíuna cunha forte acentuación dramática, produto das obras de Caravaggio e cargada de efectos teatrais. Este elemento estilístico contribuíu á difusión do caravaggismo en Nápoles, cidade á cal se trasladou en 1630.

ObraEditar

Artemisia era a súa propia axente e administradora da súa obra, na que predominan as mulleres-símbolo, como por exemplo Lucrecia, Batxeba, Xudith ou Cleopatra, enfocadas dende un punto de vista feminino.[1] Por exemplo, no seu cadro Susana e os vellos, un nu que pintou con dezasete anos, non escolle como era habitual o intre do baño de Susana, senón no que marcha arrepiada polas olladas luxuriosas dos vellos.[1]

Outro exemplo é a súa Xudit en Xudit decapitando a Holofernes, nin nova, nin vulnerable ou feble, senón unha muller forte de mediana idade concentrada e que sabe o que fai, e que ademais é axudada por unha criada cómplice.[1] A súa experiencia vital tivo unha grande influencia na súa produción. Tivo predilección por temas que xa pintaban Caravaggio, Rembrandt e Rubens.[1]

RecoñecementoEditar

O documental Artemisia Gentileschi, la pintora guerrera recupera a súa figura.[2]

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Mujeres artistas de la historia, Michelle Brugués Widner, dDONA, páxs. 76-77, abril-maio 2011, B-4987-2006 (en castelán)
  2. Gómez, Berta (2021-02-10). "‘Artemisia Gentileschi, pintora guerrera’: el documental que rescata la figura de la artista sin sensacionalismo". ElDiario.es (en castelán). Consultado o 2021-02-11. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar


 
 Este artigo sobre arte é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.