Artemis Corona é un grande accidente xeolóxico circular da superficie do planeta Venus e que está nas coordenadas 35° S 135° E[1].

Artemis Corona
Imaxe de Artemis Corona.
Tipo de accidente xeolóxico Corona
Accidente xeolóxico de Venus
Diámetro 2.600 km [1]

2.100 km [2]

Profundidade 4 km [2] (respecto das chairas circundantes)
Coordenadas 35° S 135° E[1] (coor. da Corona)
Procedencia do nome deusa grega da lúa, outeiros, da caza, da virxindade.[1]

Este accidente xeolóxico ten asociado a Artemis Chasma, unha gran depresión que engloba parcialmente á Corona. As cristas da depresión que forma a Chasma están máis elevadas cás planicies circundantes, pero non así o interior de Artemis, que está de media a 4 km de profundidade respecto das chairas que rodean o complexo da Corona. De feito hai 7,5 km de diferenza de altitude entre o punto máis baixo e o punto máis alto da Artemis Corona[3]

Pensase que a meirande parte das Coronae de Venus son creadas coma consecuencia do ascenso de materiais quentes procedentes do interior do planeta en forma de plumas ou diapiros, Artemis podería selo resultado dun evento deste tipo a grande escala. As cristas, fisuras e depresións, comunmente son accidentes xeolóxicos alargados (formados por forzas que tenden a separa-la litosfera da codia dun planeta) pero a infrecuente forma circular de Artemis, suxire a hipótese alternativa da formación por compresión, contracción e subdución, mediante un proceso semellante a das zonas de subdución oceánicas que existen na Terra. Actualmente, os científicos asignados ó programa da sonda Magallanes están examinando en detalle este accidente xeolóxico, para determina-la súa orixe exacta.[2]

Artemis tamén contén no seu interior varios cráteres de impacto, regueiros de lava, volcáns que van de tamaños pequenos (<20 kms) ata volcáns que acadan os 100 km de diámetro, así mesmo tamén posúe no seu interior complexos sistemas de fisuras e fracturas.[2]

Recibe o nome en honra a deusa grega da caza, da lúa, dos bosques, da virxindade (é un longo ecetera).

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Gazetteer of Planetary Nomenclature. "Planetary Names:Corona, coronae: Artemis Corona on Venus". Arquivado dende o orixinal o 14-12-2012. Consultado o 20-01-2012. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 NASA/JPL. "PIA00101: Artemis Corona (C2-MIDR)". Consultado o 20-01-2012. 
  3. Spencer, J. E. (2001) Possible giant metamorphic core complex at the center of Artemis Corona, Venus, Geological Society of America Bulletin 113(3), 333-345.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar