Artaxerxes II
Artaxerxes II Memnón (c. -436 - -358) foi rei de Persia desde -404 ata a súa morte.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 436 a. C. |
Morte | 358 a. C. (77/78 anos) Persépole |
Lugar de sepultura | Persépole |
Faraón | |
Datos persoais | |
Relixión | Zoroastrismo |
Actividade | |
Ocupación | rei |
Período de tempo | A Baixa Época e XXVII dinastia egípcia (pt) |
Outro | |
Título | Faraón |
Familia | Dinastía aqueménida |
Cónxuxe | Estatira |
Fillos | Atossa, Arsames, Artaxerxes III, Rodoguna (filha de Artaxerxes II), Apama, Amastris (filha de Artaxerxes II da Pérsia) |
Pais | Darío II e Parisatis |
Irmáns | Ostanes Ciro o Novo Amástris (filha de Dario II) |
Descrito pola fonte | Vidas paralelas Realencyclopädie der classischen Altertumswissenschaft (pt) Enciclopédia Judaica de Brockhaus e Efron (pt) |
Traxectoria
editarDefendeu a súa pretensión ao trono contra o seu irmán Ciro o Novo, o cal foi derrotado e morto na Batalla de Cunaxa no ano -401, e contra un levantamento dos sátrapas (gobernadores) das provincias occidentais (-366 - -358).
Tamén se enfrontou nunha guerra contra os espartanos (outrora aliados de Persia), os cales, baixo Axesilao, invadiron Asia Menor. Para vencer aos espartanos, Artaxerxes subornou a Atenas, Tebas e Corinto, cidades que se levantaron contra Esparta, iniciando a Guerra de Corinto. En -386 Artaxerxes II, abandonando aos seus aliados, pactou con Esparta a Paz de Antálcidas. Este tratado devolveu o control das cidades gregas de Xonia e Eolia na costa de Anatolia aos persas, mentres deixaba a Esparta como poder dominante na Grecia peninsular.
Malia o seu éxito en Grecia, Exipto, que se rebelara con éxito a principios do seu reinado, permanecía independente. O intento de reconquistar Exipto en -373 foi un fracaso total, pero nos seus últimos anos os persas lograron esmagar a un exército conxunto exipcio-espartano que pretendía conquistar Fenicia.
Actividade construtora
editar- En Susa: restaurouse o palacio de Darío I e un baluarte das fortificacións Sud-orientais.
- En Ecbatana: constrúese unha apadana e tráense novas estatuas.
En cambio non hai evidencias de moita actividade en Persépole.
Véxase tamén
editarImperio Persa | ||
---|---|---|
Segue a: Darío II |
Artaxerxes II | Precede a: Artaxerxes III |
Dinastía Aqueménida |