Arrotxapea (en éuscaro tamén: Errotxapea, en castelán: Rochapea e oficialmente Rochapea/Arrotxapea) é un barrio da cidade de Pamplona, na Comunidade Foral de Navarra. Está situado ao pé das antigas murallas, paralelo ao río Arga.

Modelo:Xeografía políticaArrotxapea
Imaxe

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 42°49′29″N 1°38′58″O / 42.824794, -1.649456Coordenadas: 42°49′29″N 1°38′58″O / 42.824794, -1.649456
EstadoEspaña
Comunidade foralNavarra Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación25.117 Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal31014 Editar o valor em Wikidata

Arrotxapea

Historia e características editar

Foi o único barrio de Pamplona que xurdiu nos extras muros da cidade, xa que en Pamplona, ao ser "Praza Forte", se impedía a edificación nas súas proximidades por razóns de defensa, por ser "zonas polémicas" no argot militar. Por esta razón nesta zona podíase construír con certas condicións, como era que non superasen os 10 m de altura e con materiais de construción pouco resistentes como o ladrillo. A partir das Reais Ordes de 1900 e 1901 permitiuse construír sen límites nin en alturas nin en canto a materiais.

Por iso é o barrio máis antigo de Pamplona, exceptuando a Zona Antiga, fundada polos campesiños, que traballaban e vivían extras muros. Arrotxapea toma o seu nome da "torre da Rocha" que defendía o burgo de San Cernin na parte que hoxe ocupa o Museo de Navarra. Inicialmente coñecíase como "Jus la Rocha" que na lingua dos habitantes do burgo, occitano, significa debaixo da Rocha é dicir os terreos que se estenden "debaixo da Rocha". Posteriormente o nome euscarizouse a Arrotxapea, poñendo o sufixo -pea que significa debaixo, e polo tanto co mesmo significado.

Hai referencias ao longo da historia deste barrio. En 1773 durante a Guerra da Convención este foi arrasado por tropas francesas, deixando 1.500 persoas sen vivenda. A comezos do século XX edificáronse vivendas de clases populares sen unha orde urbanística e instaláronse fundicións e novas industrias, sen abandonar as hortas.

Para acceder á antiga Arrotxapea dende a cidade tíñase que atravesar o portal da Arrotxapea de 1533 que se encontraba ao final da costa de Santo Domingo. Este portal foi derrubado en 1914, cando o sistema defensivo das murallas se volvera ineficaz. Por esta porta saíase ao barrio de curtidores, xusto antes da ponte da Arrotxapea, formada por unhas cantas casas na beira do río. As hortas que se encontraban tomaban o nome do seu propietario.

En pleno desenvolvemento urbanístico, combina o barrio os edificios máis modernos e residenciais, con outros que superan os 60 anos de vida.

As súas festas oficiais son a segunda semana do mes de xuño.

Lugares de interese editar

  • Cruzamento de Cuatrovientos
  • Igrexa do Ave María
  • Bulevar do Río Arga
  • Ponte de San Pedro
  • Ponte de Santa Engracia
  • Ponte Novo de Santa Engracia ou Ponte de Cuatrovientos
  • Mosteiro Vello de San Pedro
  • Residencia de Oblatas
  • Fábrica Iwer
  • Centro de Saúde
  • Corralillos del Gas

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Varios autores (2005). Historia de los barrios de Navarra. Pamplona: Analecta edciones y libros SL. ISBN 84-95283-69-7.