Un arquifonema é o conxunto de trazos comúns a dous fonemas dunha oposición que se neutraliza nun determinado contexto

En fonoloxía a neutralización consiste na eliminación da oposición (diferenza) entre dous fonemas nun determinado contexto, de maneira que foneticamente soen igual, aínda que se trate da realización de dous fonemas distintos. É un termo introducido por Trubetzkoy

Un dos exemplos máis evidentes de arquifonema na lingua galega dáse no sistema vocálico átono. O galego posúe sete vogais en posición tónica:

Vocalismo tónico do galego
  • /i/: fonema vocálico anterior pechado
  • /e/: fonema vocálico anterior semipechado
  • /ɛ/: fonema vocálico anterior semiaberto
  • /a/: fonema vocálico medio aberto
  • /ɔ/: fonema vocálico posterior semiaberto
  • /o/: fonema vocálico posterior semipechado
  • /u/: fonema vocálico posterior pechado.

mais en posición átona postónica este sistema redúcese a cinco vogais porque se neutraliza a oposición que hai entre /e/ e /ɛ/ e entre /ɔ/ e /o/

Vocalismo átono do galego
  • /i/: fonema vocálico anterior pechado
  • /E/: arquifonema vocálico anterior de abertura media
  • /a/: fonema vocálico medio aberto
  • /O/: arquifonema vocálico posterior de abertura media
  • /u/: fonema vocálico posterior pechado.

"Neutralizarse a oposición" significa que o emprego dun son, por exemplo [o] ou [ɔ], non provoca nunca variación no significado nun contexto determinado, mentres que noutro contexto, neste caso en posición átona, si o provoca: oso / óso, pola / póla.

Arquifonemas da lingua galega editar

Obsérvese que os arquifonemas se escriben con maiúscula

  • /E/
  • /O/
  • /R/

 
 Este artigo sobre lingüística é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.