Arquidiocese ortodoxa grega de América

A Arquidiocese de América é unha xurisdición ortodoxa nos Estados Unidos, parte da Igrexa ortodoxa de Constantinopla.

Arquidiocese de América
Datos xerais
LocalizaciónEstados Unidos
Información
IgrexaIgrexa Ortodoxa de Constantinopla
RitosRito bizantino
Xerarquía
PatriarcaBartolomeu I
ArcebispoDemetrios de América

Historia editar

Antes do estabelecemento dunha arquidiocese ortodoxa grega no hemisferio occidental, había numerosas comunidades de cristiáns ortodoxos gregos, sen organización eclesiástica propia; a primeira destas comunidades localizouse en Nem Smyrna.[1][2][3] A primeira igrexa e comunidade eclesiástica deles nas Américas foi estabelecida en 1864, en Nova Orleáns, Luisiana, por unha pequena colonia de comerciantes gregos.[4][3][5] A primeira comunidade permanente foi fundada na cidade de Nova York en 1892, onde hoxe está a catedral arquidiocesana e a sé do arcebispado.[6] A arquidiocese ortodoxa grega de América do Norte e do Sur foi estabelecida en 1921, e oficialmente recoñecida polo Estado de Nova York en 1922.

En 1908 a Igrexa de Grecia recibira autoridade sobre os gregos ortodoxos en América, mais en 1922 o patriarca Melecio IV de Constantinopla transferiu a arquidiocese novamente á xurisdición da Igrexa de Constantinopla. En 1996 a arquidiocese foi dividida polo Patriarcado Ecuménico, dividindo a administración dos dous continentes en catro partes (América, Canadá, América Central e América do Sur), deixando só o territorio dos Estados Unidos para a Arquidiocese de América.

Organización editar

A arquidiocese de América está composta por un distrito arquidiocesano (a cidade de Nova York) e oito metrópoles: Nova Jersey, Chicago, Atlanta, Detroit, San Francisco, Pittsburgh, Boston e Denver. Está gobernada polo Arcebispo e polo Sínodo Eparquial de Metropolitanos. O Sínodo está dirixido polo Arcebispo (como primeiro entre iguais) e comprende aos Metropolitas das diferentes metrópoles.

Ten mais de 500 parroquias, 800 sacerdotes e entre 400.000 e 2 millóns de fieis, dependendo das fontes. Os estados co maior número de fieis son Massachusetts, New Hampshire, Rhode Island e Nova York. Porén, tamén hai un gran número de fieis en Florida e California. A arquidiocese tamén inclúe 21 comunidades monásticas. Ademais, a arquidiocese dirixe un seminario, a Holy Cross Greek Orthodox School of Theology en Brookline, Massachusetts, que atende non só aos seminaristas ortodoxos gregos, senón tamén aos seminaristas doutras xurisdicións.

Episcopoloxio editar

Notas editar

  1. (Karpathakis 2013, p. 395)
  2. Erickson, John H. (2010). Orthodox Christians in America: A Short History [Cristiáns ortodoxos en América: unha historia breve]. Oxford University Press. p. 73. ISBN 9780199951321. 
  3. 3,0 3,1 Hemeyer, Julia Corbett (2015). Religion in America [Relixión en América]. Taylor & Francis. p. 142. ISBN 9781317344575. 
  4. LeMay, Michael C. (2015). Doctors at the Borders: Immigration and the Rise of Public Health [Doutores nas fronteiras: a inmigración e o xurdimento da sanidade pública]. ABC-CLIO. p. 170. ISBN 9781440840258. 
  5. (Karpathakis 2013, p. 400)
  6. (Karpathakis 2013, p. 400)

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Karpathakis, Anna (2013). "Greeks and Greek-Americans, 1870-1945". En Barkan, Elliott Robert. Immigrants in American History: Arrival, Adaptation, and Integration [Os inmigrantes na historia americana: chegada, adaptación e integración]. ABC-CLIO. p. 395. ISBN 9781598842197. 

Ligazóns externas editar