Arquidiocese católica latina de Tánxer

A arquidiocese de Tánxer (en latín: Archidioecesis Tingitana) é unha arquidiocese da Igrexa Latina inmediantamente suxeta á Santa Sé. En 2010 tiña 2.019 bautizados sobre unha poboación total de 4 000 000 persoas. O seu ordinario actual é o arcebispo Santiago Agrelo Martínez, O.F.M.

Modelo:Xeografía políticaArquidiocese católica latina de Tánxer

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 35°46′N 5°48′O / 35.77, -5.8Coordenadas: 35°46′N 5°48′O / 35.77, -5.8
Poboación
Poboación4.325.500 (2017) Editar o valor em Wikidata (154,48 hab./km²)
Lingua usadaárabe Editar o valor em Wikidata
Relixióncatolicismo Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Superficie28.000 km² Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
CatedralCatedral de Nossa Senhora de Lourdes de Tânger (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Páxina webdiocesistanger.org Editar o valor em Wikidata

Territorio editar

A arquidiocese abrangue o norte de Marrocos antigamente baixo protectorado español. A sé arcebispal é a cidade de Tánxer, onde está a catedral da Nosa Señora de Lourdes. O territorio está subdividido en 8 parroquias.

Historia editar

A cidade de Tánxer foi ocupada permanentemente polos portugueses en 1471. A sé foi erixida canonicamente polo papa Sisto IV o 21 de agosto de 1472 pola bula papal Clara devotionis, en territorios da diocese de Ceuta (agora diocese de Cádiz e Ceuta). Foi orixinalmente sufragánea da arquidiocese de Lisboa (agora patriarcado).

O 12 de xaneiro de 1514 cedeu unha parte do seu territorio para erixir a diocese de Funchal. O 29 de setembro de 1540 pasou a formar parte da provincia eclesiástica da arquidiocese de Évora. O 9 de xuño de 1570 foi unida novamente á diocese de Ceuta.

Debido a conflitos entre a Santa Sé e os portugueses, a diocese estivo vacante durante varias décadas do século XVII, até que Roma aboliu a unión entre as dúas sés o 16 de decembro de 1675, restabelecendo a diocese de Ceuta, e suprimindo ó mesmo tempo a de Tánxer. En Tánxer foi erixida o 28 de novembro de 1630 a prefectura apostólica de Marrocos, confiada ós franciscanos españois da Provincia de San Diego de Alcalá, en Andalucía.

O 13 de xullo de 1693 a prefectura foi elevada a vigairía apostólica, nomeando como primeiro vigairo apostólico ó franciscano Diego de Ortega Escacena; mais a morte deste último en 1696 e a oposición do Goberno español á erección da vigairía apostólica fixo fracasar a iniciativa da Santa Sé.

O 14 de abril de 1908 co breve Romani Pontifices de Pío X a prefectura apostólica foi finalmente elevada a vigairía apostólica con dignidade episcopal.

O 5 de xullo de 1954 cedeu parte do seu territorio (Ifni) para a erección da prefectura apostólica do Sáhara Español e Ifni (agora a prefectura apostólica do Sáhara Occidental).

O 14 de novembro de 1956, coa bula Qui Deo disponente, Pío XII elevou a vigairía á categoría de arquidiocese, tomando a sé o nome actual.

Episcopoloxio editar

En 1468 foi estabelecida a sé como diocese de Marrocos, en territorios da diocese de Ceuta:

En 1570 a sé foi unida á de Ceuta, co nome de diocese de Ceuta e Tánxer:

O 28 de novembro de 1630 foi restaurada como prefectura apostólica de Marrocos:

O 13 de xullo de 1693 foi elevada a vigairía apostólica de Marrocos:

En 1956 ,foi elevada a arquidiocese de Tánxer:

Notas editar

  1. Conrad Eubel (1913). Hierarchia catholica medii et recentioris aevi V. p. 363. 
  2. Patrocinio García Barriuso (1984). "La constitución jerárquica histórica y actual de la Iglesia en Marruecos". Revista Española de Derecho Canónico 40 (116): 247–248. ISSN 0034-9372. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar