Arquidiocese católica latina de Przemyśl

A arquidiocese de Przemyśl é unha sé metropolitana da Igrexa Católica de rito latino. No ano 2004 contaba con 763.352 bautizados sobre un total de 780.000 habitantes. O arcebispo actual é, dende 1993, Józef Michalik.

Arquidiocese de Przemyśl
Archidioecesis Premisliensis Latinorum
Datos xerais
Erixida1340 (primeiro bispo)
13 de abril de 1375 (diocese de Przemyśl)
25 de marzo de 1992 (elevada a arquidiocese)
LocalizaciónVoivodato de Subcarpacia, Polonia
SufragáneasRzeszów, Zamość-Lubaczów
Estatísticas
Poboación
- Fieis
- Total

763.352 (97,9%)
780.000
Área9.750 km2
Información
Igrexa particularIgrexa Latina
RitosRito romano
Xerarquía
PapaFrancisco
ArcebispoJózef Michalik (dende 1993)
Outros datos
Páxina webwww.przemskya.pl

Territorio editar

A arquidiocese comprende a parte suroriental do Voivodato de Subcarpacia. A sé arquiepiscopal é a cidade de Przemyśl, onde se atopa a catedral dedicada á Asunción da Virxe María e a San Xoán Bautista.

O territorio está subdividido en 41 decanatos e en 383 parroquias.

Historia editar

A diocese de Przemyśl foi erixida en abril de 1340. O 13 de febreiro de 1375 o papa Gregorio XI coa bula Debitum pastoralis elevou a sé de Halyč ao rango de metrópole, e lle asignou Przemyśl como diocese sufragánea. A comezos do século XV a sé de Halyč foi trasladada a Lviv, mantendo Przemyśl como sufragánea.

En 1772 o territorio da diocese pasou a formar parte do Imperio Austríaco e sufriu a política de inxerencia nos asuntos relixiosos coñecida co nome de xosefinismo, que levou á clausura de 31 mosteiros e dos seminarios diocesanos (o seminario foi reaberto en 1819).

Durante a segunda guerra mundial a diocese e os seus habitantes sufriron primeiro a ocupación soviética (1939-1941) e despois a alemá (1941-1944). Neste período foron arrestados 90 sacerdotes. Co fin da guerra, logo da revisión da fronteira entre a Unión Soviética e Polonia, a diocese perdeu arredor da terceira parte do seu territorio, e os polacos que alí residían foron trasladados á parte occidental. Despois de 1945 foron pechados todos os mosteiros e confiscados moitos dos edificios das institucións e parroquias católicas, así como as propiedades da diocese.

En marzo de 1992, coa reorganización das dioceses polacas polo papa Xoán Paulo II coa bula Totus tuus Poloniae populus, cedeu parte do seu territorio para erixir a diocese de Rzeszów e ao mesmo tempo foi elevada ao rango de arquidiocese metropolitana.

Episcopoloxio editar

Bispos de Przemyśl editar

Arcebispos de Przemyśl editar

En 1992 a sé foi elevada a arquidiocese. Dende entón, os arcebispos de Przemyśl teñen sido os seguintes:

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar