Arnoldas Kulboka

baloncestista lituano

Arnoldas Kulboka, nado o 21 de marzo de 1998 en Flint, Míchigan, é un xogador profesional estadounidense de baloncesto que xoga no Promitheas Patras BC da A1 Ethniki. Con 1,98 metros de estatura xoga nas posicións de ala e ala-pivote.

Arnoldas Kulboka
Promitheas Patras  – No. 98
Información persoal
Nacemento 4 de xaneiro de 1998 (26 anos)
Marijampolė
Nacionalidade Lituania Lituania
Altura 2,08 m (6 ft 10 in)
Peso oficial 107 kg (236 lb)
Posición Ala / Ala-pivote
Información da carreira
NBA Draft 2018 / Rolda: 2 / Elección: 55
Por Charlotte Hornets
Carreira dende 2014
Historial de equipos
Žalgiris-2 (2014–2015)
Brose Bamberg (2015–2019)
Baunach Young Pikes (2015–2017)
Orlandina Basket (2017–2018)
Bilbao Basket (2019–2021)
Charlotte Hornets (2021−2022)
Greensboro Swarm (2021−2022)
Promitheas Patras (2022–presente)

Traxectoria profesional editar

O 21 de xuño de 2018, Kulboka foi seleccionado polos Charlotte Hornets na 55ª posición do Draft da NBA de 2018.[1] En 2018 disputou a Liga de Verán da NBA cos Hornets.[2]

O 6 de agosto de 2019, Kulboka asinou co Bilbao Basket da Liga ACB.[3] Na súa primeira tempada en Bilbao, acadou 8.5 puntos e 3.6 rebotes por encontro. O 12 de xuño de 2020, Kulboka e o Bilbao Basket renovaron o contrato do xogador dúas tempadas máis.[4]

O 3 de agosto de 2021, Kulboka asinou cos Charlotte Hornets un contrato por un ano, nun acordo no que dividiría o tempo de xogo entre os Hornets e o seu afiliado da NBA G League, os Greensboro Swarm.[5] O 11 de decembro de 2021, Kulboka debutou na NBA contra os Sacramento Kings.[6]

Notas editar

  1. Levitt, Daniel (22 de xuño de 2018). "NBA draft 2018: Phoenix Suns select Deandre Ayton with No 1 pick – live!". The Guardian. ISSN 0261-3077. Consultado o 22 de xuño de 2018. 
  2. "Hornets Announce Roster for MGM Resorts NBA Summer League 2018". NBA.com. 5 de xullo de 2018. Consultado o 25 de xullo de 2018. 
  3. "Arnoldas Kulboka joins Bilbao". Sportando. 6 de agosto de 2019. Arquivado dende o orixinal o 06 de agosto de 2019. Consultado o 6 de agosto de 2019. 
  4. "Arnoldas Kulboka extends with Bilbao". Sportando. 12 de xuño de 2020. Consultado o 12 de xuño de 2020. 
  5. Wash, Quinton (3 de agosto de 2021). "Charlotte Hornets Sign Arnoldas Kulboka and Scottie Lewis To Two-Way Contracts". NBA.com. Consultado o 3 de agosto de 2021. 
  6. "Lauktas debiutas: NBA rungtynėse pasirodė 15-asis lietuvis lygos istorijoje". 15min.lt (en lituano). Consultado o 11 de decembro de 2021. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar