Arneirón da balea cincenta

Cryptolepas rhachianecti

Cryptolepas rhachianecti


Clasificación científica
Dominio: Eukaryota
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Subfilo: Crustacea
Clase: Maxillopoda
Subclase: Thecostraca
Superorde: Thoracica
Orde: Sessilia
Familia: Coronulidae
Xénero: Cryptolepas
Dall, 1872
Especie: C. rhachianecti
Nome binomial
Cryptolepas rhachianecti

O arneirón da balea cincenta (Cryptolepas rhachianecti) é un cirrípede parasito da familia Coronulidae que vive asociado á pel da balea cincenta e algunhas outras especies de balea como a balea xibardo.[1]

Descrición editar

Medra até un diámetro de 3,8 cm.[2] A cuncha é ovoide e xeralmente comprimida ou incrustada na pel das baleas que habita. A cavidade do corpo está rodeada por uns trinta radios proxectados sobre a pel. A boca é tamén ovoide. O opérculo é unha forte membrana que cobre a boca por onde saen os cirros. A coloración da cuncha é branca onde está erosionada, a membrana opercular é amarelada. Cryptolepas rhachianecti habita incrustado na pel da balea, xeralmente na cabeza e debaixo das aletas.[3]

Distribución editar

Atópase hoxe en día só no océano Pacífico do norte onde vive a balea cinsenta. Esta balea estivo presente no Atlántico norte entre o Plistoceno superior até tempos recentes, e encontráronse fósiles de C. rhachianecti na costa dos Países Baixos, o que indica que este arneirón tamén estivo alí presente.[4] Este arneirón encontrouse entre xaneiro e marzo durante varios anos en baleas belugas cativas na baía de San Diego, preto da ruta que empregan as baleas cinsentas migratorias. O arneirón provoca unha reacción na pel das belugas como respota inmunolóxica.[5]

Ecoloxía editar

Este arneirón encóntrase exclusivamente na pel das baleas, case sempre na balea cinsenta (Eschrichtius robustus), e en ocasións na candorca (Orcinus orca) e na beluga (Delphinapterus leucas).[6] Na balea cincenta, os arneiróns adhírense profundanmente na pel e están principalmente apiñados nas costas e cabeza do animal. Canda estes arneiróns e aproveitándose da protección que lles dan atópanse outras especies de ectoparasitos crustáceos coñecidos como piollos das baleas, como o piollo da balea cinsenta Cyamus scammoni, ou Cyamus ceti e Cyamus kessleri. Tan comúns son estes animais na balea cinsenta adulta que poden chegar a albergar varios quilos de arneiróns e piollos destes.[2] Foron observadas baleas cinsentas rozando os seus corpos contra leitos mariños de pedra con aparentemente intención de librarse dos organismos adheridos.[2]

Galería editar

Notas editar

  1. Natural History of Southeast Alaska: Cryptolepas rachianecti http://species.wikimedia.org/wiki/Cryptolepas_rachianecti
  2. 2,0 2,1 2,2 Busch, R. (1998). [Arneirón da balea cincenta en Google Books. Gray Whales: Wandering Giants] |url= incorrecto (Axuda). Heritage House Publishing Co. pp. 61–62. ISBN 978-1-55143-114-7. 
  3. Ira Cornwall. Cryptolepas rhachianecti Dall, Grey Whale barnacle, Family: Coronulidae. E-Fauna BC: Electronic Atlas of the Wildlife of British Columbia http://linnet.geog.ubc.ca/efauna/Atlas/Atlas.aspx?sciname=Cryptolepas%20rachianecti Arquivado 23 de outubro de 2015 en Wayback Machine.
  4. Bosselaers, Mark; Collareta, Alberto (2016). "The whale barnacle Cryptolepas rhachianecti (Cirripedia: Coronulidae), a phoront of the grey whale Eschrichtius robustus (Cetacea: Eschrichtiidae), from a sandy beach in The Netherlands". Zootaxa 4154 (3): 331–338. 
  5. Ridgway, S.H.; Lindner, E.; Mahoney, K.A.; Newman, William (1997). "Gray whale barnacles Cryptolepas rhachianecti infest white whales, Delphinapterus leucas, housed in San Diego Bay". Bulletin of Marine Science 61: 377–385. Arquivado dende o orixinal o 31 de xaneiro de 2019. Consultado o 22 de xuño de 2022. 
  6. Hayashi, R. (2013). "A checklist of turtle and whale barnacles (Cirripedia: Thoracica: Coronuloidea)". Journal of the Marine Biological Association of the United Kingdom 93 (1): 149–155. doi:10.1017/S0025315412000847. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar