Abrir o menú principal

Arne Jacobsen, nado o 11 de febreiro de 1902 en Copenhague e falecido o 24 de marzo de 1971, foi un arquitecto e deseñador dinamarqués.

Arne Jacobsen
Arne Jacobsen photo.jpg
Nacemento11 de febreiro de 1902
 Copenhague
Falecemento24 de marzo de 1971
 Copenhague
NacionalidadeDinamarca e Alemaña
Alma máterRoyal Danish Academy of Fine Arts
Ocupaciónarquitecto e deseñador
Coñecido/a porBellevue Teatret
PremiosC. F. Hansen Medal, Medalha Príncipe Eugénio e Eckersberg Medal
editar datos en Wikidata ]
Radisson SAS Royal Hotel en Copenhague.
Banco Nacional de Dinamarca de 1956.
Cadeira Ant de 1952.
The Egg de 1958.

Índice

TraxectoriaEditar

Jacobsen foi albanel por uns anos. Estudou arquitectura na Kongelige Danske Kunstakademi de Copenhague, onde se graduou en 1927. Fundou o seu propio estudio en Hellerup. As súas influencias foron Le Corbusier, Asplund e Ludwig Mies van der Rohe. Foi pioneiro do deseño moderno en Dinamarca coa súa obra "A casa do futuro", deseñada xunto a Fleming Lassen en 1929. O seu maior proxecto foi o edificio para a terminal aérea SAS e o Royal Hotel de Copenhague (1956-1960), onde Jacobsen deseñou tódolos detalles como a tapicería e a iluminación.

Moitos dos mobles deseñados por Jacobsen convertéronse en clásicos, entre eles a cadeira Ant (formiga) de 1951.

Obras destacadasEditar

ArquitecturaEditar

MoblesEditar

  • Cadeira Ant (1952).
  • Cadeira Modelo 3107 (1955).
  • Cadeira Grand Prix (1957).
  • Cadeira Egg (1958).
  • Cadeira Swan (1958).

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar