Arnaldo Momigliano

Arnaldo Dante Momigliano, nado en Caraglio (Cuneo - Italia) o 5 de setembro de 1908 e finado o 1 de setembro de 1987 en Londres, foi un historiador italiano exiliado, coñecido polos seus estudos sobre o mundo antigo e a súa historiografía.

Infotaula de personaArnaldo Momigliano
Biografía
Nacemento5 de setembro de 1908 Editar o valor em Wikidata
Caraglio, Italia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte1 de setembro de 1987 Editar o valor em Wikidata (78 anos)
Londres, Reino Unido Editar o valor em Wikidata
Causa da morteDoenza Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeItalia (1946–1987)
Reino de Italia (1908–1946) Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Turín Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoHistory of ancient Rome (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Pisa
Roma
Oxford
Turín
Florencia
Chicago Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónhistorian of classical antiquity (en) Traducir , profesor universitario Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Roma La Sapienza
University College de Londres
Universidade de Chicago
Universidade de Bristol (pt) Traducir
Universidade de Turín
Universidade de Oxford
Escola Normal Superior de Pisa (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
ProfesoresGaetano De Sanctis Editar o valor em Wikidata
AlumnosPeter Brown (pt) Traducir e Tim Cornell Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua italiana, lingua inglesa, lingua alemá e lingua hebrea Editar o valor em Wikidata
Obra
DoutorandoPeter Brown (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosAnna Laura Lepschy (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
ParentesGiulio Lepschy (pt) Traducir () Editar o valor em Wikidata
Premios

Traxectoria editar

Momigliano obtivo a praza de profesor na Universidade de Turín en 1936, pero perdeuna en 1938, polas leis raciais de Mussolini. De inmediato trasladouse a Inglaterra, onde quedou como docente ata a súa morte.

Tras un tempo na Universidade de Oxford trasladouse á University College de Londres onde ensinou entre 1951 e 1975. De todos os xeitos, Momigliano foi profesor visitante da Universidade de Chicago e tamén en Italia, na Escola Normal Superior de Pisa, onde recuperou directamente o seu diálogo con Italia (así, Carlo Ginzburg).

Ademais dos seus traballos de historia, escribiu apuntamentos para o The New York Review of Books. Contribuíu a miúdo en artigos para a Enciclopedia Italiana; e logo para o Oxford Classical Dictionary e a Encyclopædia Britannica. E non só estudou historia grega e os seus métodos, senón ademais que se interesou pola historiografía moderna. Por todo iso é considerado un gran intelectual do século XX, cuxa posición se ha ter moi en conta nos debates teóricos italianos sobre historia e eurocentrismo, destacadamente a partir d'A sabedoría dos bárbaros.

Obras editar

  • "Contributo alla storia degli studi classici" (10 vols.) (1955-2010) Milán.
  • "Filippo il macedone" (Guerini e Associati - 1987).
  • "Génesis y desarrollo de la biografía en Grecia" (Fondo de Cultura Económica, México 1986)
  • The Conflict Between Paganism and Christianity in the Fourth Century, Clarendon Press, 1963. Tr. española: "El conflicto entre el paganismo y el cristianismo en el Siglo IV" (Alianza, 1989).
  • Studies in Historiography, Garland Pub., 1985
  • The Development of Greek Biography: Four Lectures, Harvard University Press, 1971; ampliado en Harvard University Press, 1993. Tr. española: La historiografía griega, Crítica, 1984
  • Alien Wisdom : The Limits of Hellenization, Cambridge University Press, 1978. Tr. española: La sabiduría de los bárbaros, FCE, 1988.
  • Essays in Ancient and Modern Historiography, Wesleyan University Press, 1977 . Tr. española: "Ensayos de historiografía antigua y moderna" (FCE, 1993).
  • How to Reconcile Greeks and Trojans, North-Holland Pub., 1982
  • On Pagans, Jews and Christians, reed. Wesleyan University Press, 1987. Tr. española: "De paganos, judíos y cristianos" (FCE, 1992)
  • The Classical Foundations of Modern Historiography, University of California Press, 1992,
  • Essays on ancient and modern Judaism, ed. por Silvia Berti, University of Chicago Press, 1994, Tr. española: Páginas hebraicas, Mondadori, 1990.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • History and Theory, Vol. 30, nº 4, monográfico The Presence of the Historian: Essays in Memory of Arnaldo Momigliano, dic., 1991, onde destacan as contribucións:
    • Bowersock, G. W. "Momigliano's Quest for the Person", pp. 27–36.
    • Christ, Karl. "Arnaldo Momigliano and the History of Historiography", pp. 5–12.
    • Ginzburg, Carlo. "Momigliano and de Martino", pp. 37–48.
    • Murray, Oswyn. "Arnaldo Momigliano in England", pp. 49–64.
    • Weinberg, Joanna. "Where Three Civilizations Meet", pp. 13–26.
  • A.D. Momigliano: Studies on Modern Scholarship, eds. G.W. Bowersock e Tim Cornell, 1994.
  • Kagan, Donald, "Arnaldo Momigliano and the human sources of history", The New Criterion, Vol.10, nº7, marzo 1992.
  • Murray, Oswyn. "Arnaldo Momigliano, 1908–1987", The Journal of Roman Studies, Vol. 77. (1987), pp.xi–xii.
  • Phillips, Mark Salber. "Reconsiderations on History and Antiquarianism: Arnaldo Momigliano and the Historiography of Eighteenth-Century Britain", Journal of the History of Ideas, Vol. 57, nº2, abril 1996, pp. 297–316.

Ligazóns externas editar