Armorial de Zúric

armorial

O armorial de Zúric (alemán: Zürcher Wappenrolle) é un armorial realizado contra 1340 presumibelmente no que hoxe é o leste de Suíza, dentro ou preto do actual cantón de Sankt Gallen. Consérvase no Museo Nacional Suízo de Zúric.

Armorial de Zúric
Museo Nacional Suízo, Zúric
Tamén coñecido comoArmorial de Zürich
TipoArmorial
Datac. 1340
Lugar de orixeLeste de Suíza
Autor(es)Descoñecido
MaterialPergamiño
Dimensións450 cm × 125 mm
FormatoRolo
Contido450 armas (outrora 559) e 28 bandeiras
Posesións previasJohann Jakob Scheuchzer
IdentificadorAG 2760
modificar datos en Wikidata ]

Historia e características editar

O documento foi propiedade do naturalista e historiador zuriqués Johann Jakob Scheuchzer (1672-1733). A súa historia previa é descoñecida. Foi entregado á biblioteca da cidade de Zúric polo sobriño de Scheuchzer en 1750. En 1860, a Antiquarische Gesellschaft de Zúric e o heraldista Heinrich Runge publicaron unha edición facsimilar.

O armorial de Zúric é unha das coleccións de armas sobreviventes máis antigas e importantes da máis baixa nobreza do Sacro Imperio Romano Xermánico. Céntrase xeograficamente na máis grande Suabia, incluíndo a área do lago Constanza, a Suíza xermanófona, Alsacia e Baden.

Consistía en catro tiras de pergamiño, cada unha dun largo de 12,5 cm e unha lonxitude combinada de catro metros. Unha das catro partes perdeuse; nas tres tiras de pergamiño sobreviventes represéntanse, pintados por ámbalas caras, un total de 450 escudos de armas e 28 bandeiras de bispados e mosteiros alemáns. Cada escudo leva unha cimeira que adoita repetir o motivo do escudo, característica propia da heráldica alemá. Os outros 109 escudos representados na parte perdida sobreviven en copias do orixinal, incluída unha na biblioteca dos condes de Königsegg-Aulendorf en Aulendorf e outra realizada por Hans Conrad Bernhauser (1698-1761) e conservada na Biblioteca Central de Zúric.

Galería de imaxes editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Clemmensen, Steen (2017). Armorials - listed by Sigla (PDF) (versión PDF). Ordinary of Medieval Armorials (en inglés) (2.ª ed.). Farum, Dinamarca. pp. 284–285. 
  • Popoff, Michel (2015) [1986]. Le Rôle d’armes de Zurich. Documents d'héraldique médiévale (en francés) (nova ed.). París: Le Léopard d'or. ISBN 2-86377-243-0. 

Ligazóns externas editar