Arlie Russell Hochschild

profesora e educadora estadounidense

Arlie Russell Hochschild, nada en Boston o 15 de xaneiro de 1940, é unha profesora universitaria, feminista e socióloga estadounidense.

Arlie Russell Hochschild
Nacemento15 de xaneiro de 1940
Lugar de nacementoBoston
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterSwarthmore College e Universidade de California en Berkeley
Ocupaciónescritora, socióloga, profesora universitaria e psicóloga
CónxuxeAdam Hochschild
Coñecida porThe Second Shift e The Managed Heart: the Commercialization of Human Feeling
PremiosBolsa de estudos Guggenheim e Jessie Bernard Award
Na rede
Musicbrainz: 2976c66b-09d2-4c2a-b564-beb3a9d5d075 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Filla de diplomáticos, desde moi cedo espertou a conciencia sobre a diferenza entre os sentimentos interiores e o mundo das aparencias.[1]

Ós 12 anos, os seus pais alistáronse no U.S. Foreign Service e a familia mudouse a Tel Aviv. Estudou na Escola Tabeetha, unha escola de misión escocesa en Iafa.

Formouse en relacións internacionais no Swarthmore College (1962), fixo un mestrado en 1965 e o doutoramento en 1969 en socioloxía pola Universidade de California en Berkeley, onde se converteu en profesora emérita.[2]

Está casada co escritor Adam Hochschild, con quen tivo dous fillos.[2]

Notas editar

  1. Hochschild (1983). The Managed Heart: The Commercialization of Human Feeling. p. ix. 
  2. 2,0 2,1 Arlie Hochschild. UCLA-Berkeley, ed. "Curriculum" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 23 de febreiro de 2014. Consultado o 13 de febreiro de 2014.